O
propietario do
grupo Cerámica Campo, que controlaba -como todas as
súas
empresas- a través da sociedade
patrimonial Rodonita e
a medias coa
súa muller,
loitou
nos últimos
anos da súa vida contra unha longa
enfermidade que
non
puido
superar. Durante a
doenza,
Campo reestruturou
o
seu grupo
proxectando
unha
sucesión tranquila. Deste
xeito, desde
o
2012 os
seus fillos
van gañando
postos
no
conglomerado
familiar. Blanca Campo Sáez forma parte do
consello
de Rodonita, mentres
que seu
irmán
Jacobo, o
máis
activo na dinámica diaria das sociedades, figuraba
naquela hora
como apoderado.
 |
En primeiro plano, Epifanio Campo Fernández (La Voz de Galicia)
|
Epifanio
padecía un cancro
terminal do
que falaba
con naturalidade
cos
seus
amigos e
achegados.
Con
todo, o proceso
íase
acelerar
nos
últimos meses nos
que a súa saúde empeoraría
sensiblemente e
despediuse, pouco a pouco, dos
seus:
“Ya
estoy
de retirada; ahora le corresponde a mis hijos tomar las riendas”.
Claro e
sen
rodeos,
así
explicaba
Campo
Fernández
a situación persoal e
profesional pola que atravesaba a causa do
maldito cancro.
Estas palabras pronunciounas
diante
dalgunhas
persoas da
súa
máxima confianza, a quen o
empresario
falaba
con orgullo
das súas fillas Blanca, María e Irene, e do seu fillo Jacobo,
subliñando
a valía
de cada un e
a
importancia da
súa
educación. “Una de mis hijas estudió en una gran universidad
pública, de prestigio, buenísima y sin nada que envidiar a alguna
de las de gran renombre privadas. Siempre se lo digo a mis amigos»,
dicía.
A
pesar daquelas
palabras, o
empresario nunca estivo
de retirada. Ata
o
último momento tomou
decisións
sobre o
negocio familiar, que
derivara
ao longo dos últimos
anos
cara
ao
sector
enerxético,
onde Rodonita, o
brazo investidor
de referencia, acumulaba máis
de 215 millóns
en activos, con forte
presenza
en desenvolvementos
eólicos. Da división enerxética
colgaban
xa
por aqueles días
sociedades como Eólicos do Morrazo, Eólicos da Mariña ou
Sociedad Eólica de Ourol.
O
noso protagonista faleceu
na súa casa de Vilalonga o 18 de agosto de 2016, aos
63 anos
de idade.
O
desenvolvemento tanto
de Sanxenxo,
onde unha rúa da capital municipal conta co nome do coñecido
empresario,
coma
da
Laracha,
non
se pode entender se non
é vinculado á
súa
figura. Epifanio Campo Fernández,
do mesmo xeito que Epifanio Campo Núñez,
quedará no recordo de todos como auténtico benfeitor
e
como unha
das persoas que máis fixo polo benestar e a proxección industrial
destes
dous municipios
que
tantos
anos levan irmandados
grazas
aos
Campo.
Tras
a
súa perda, a terceira
xeración
da familia Campo faise
cargo do
grupo empresarial mantendo a vocación investidora
que caracterizou
aos
seus
predecesores e
acometendo unha
remodelación e
modernización de todas as liñas
de negocio. Jacobo
Campo Sáez, enxeñeiro
de minas,
ocupa un papel preponderante dende
aquela. Tras
o
falecemento
de seu
pai,
dábase
por feito que
comandaría o
proceso de sucesión debido ao
papel que xogaba
xa
no
día
a día da empresa, onde
leva á
práctica, dende aqueles días, algo que forma parte do léxico
familiar e que foi pasando
de xeración en xeración: “Mi padre me decía que para dirigir una
empresa hay que estar. Es lo que hago”.
Durante
este novo
período,
a actividade
do
grupo empresarial Rodonita
que dirixen Blanca e Jacobo Campo Sáez
inclúe
–entre outras–
a xeración
de enerxías
renovables (fotovoltaica, coxeneración
e
eólica), a recollida,
xestión
e
tratamento de residuos e,
por suposto,
a fabricación e
comercialización dos produtos de Cerámica
Campo.
O
grupo conta
con diversas explotacións
mineiras
para a extracción de arxilas
de primeira
calidade
e
cun total de cinco instalacións
industriais
nas provincias de Pontevedra
e
A Coruña: as plantas de fabricación de produtos cerámicos para a
construción de Lendo, na
Laracha (onde
David Rodríguez Rodríguez, xefe
de operacións de Cerámica Campo, e
Roberto
Ferreiro Fuentes, encargado xeral da fábrica de Lendo nos explicaron
amablemente todo o proceso de fabricación),
e
da
Fieiteira
en Albixoi (Mesía),
as factorías de produtos prefabricados de formigón
para a construción de Lendo e
da
Fianteira,
en Vilalonga (Sanxenxo),
e
a planta de fabricación de produtos refractarios para usos
industriais
de Arnosa en Vilalonga, na
cal se
produce un tipo de ladrillo refractario
único
no
mundo
que se comercializa a distintos países.
 |
Planta de fabricación de produtos cerámicos de Lendo
|
Ademais,
o
grupo empresarial entrou
en 2021 no
capital
de Cerámicas El Progreso, empresa histórica da localidade
de Buño (Malpica
de Bergantiños), o que lle
permitiu
incorporar
aos
seus
activos outra
planta industrial e
unha
concesión de extracción de arxila
de primeira
calidade.
Con este
novo
investimento,
o
grupo engade
ao
seu
amplo catálogo as arxilas
e
pastas cerámicas de Terras
de Buño, materiais
de recoñecido
prestixio
que habitualmente se destinan á
olería
e
artesanía, bioconstrución e
retacado de explosivos.
Grazas
á
calidade
dos
seus
produtos e
á
eficiencia
dos servizos
que ofrece aos
seus
clientes, na actualidade
Cerámica
Campo foi quen de consolidar
o
seu liderado
como fabricante de produtos de arxila
cocida e
de formigón
dentro dos mercados nos que opera. Nos
últimos anos,
a organización avanzou
significativamente
na economía circular e
nos procesos de descarbonización, implementando procesos produtivos
máis
limpos e
desenvolvendo
produtos máis
ecolóxicos
e
con
altas prestacións
co obxectivo
de optimizar o
consumo de recursos e
de enerxía
e,
ao
mesmo
tempo, de reducir a xeración
de residuos e
a emisión de gases de efecto invernadoiro.
 |
Imaxe
actual do interior das instalacións da planta de produtos cerámicos de
Lendo na que podemos observar vagonetas con ladrillo seco e cocido
(Cortesía de Cerámica Campo)
|
Nestes
anos,
Cerámica
Campo
tamén avanzou
cara a
unha
Industria
4.0 na que se integran as tecnoloxías
dixitais,
a robótica e
a xestión
avanzada da información, e
na que se leva a cabo unha
xestión
integrada da calidade,
o
medio ambiente, a prevención de riscos
laborais
e
a responsabilidade
social corporativa, o que lle
permite
á
empresa
desenvolver
unha
actividade
produtiva máis
eficiente, limpa e
responsable
e
encarar con garantías os novos
retos do
grupo,
que con
certeza chegarán.
Por
último, hai
que destacar
que en novembro de 2019 o
Grupo Rodonita subscribiu un convenio de colaboración coa
Universidade da Coruña
polo cal se creaba e regulaba o funcionamento da Cátedra Epifanio
Campo, que dende aquel entón está adscrita á Escola Politécnica
Superior da Universidade da Coruña, no Campus de Ferrol, cun ámbito
de actuación sobre
o
medio
ambiente, a xestión
de residuos e
a sustentabilidade.
Outra
merecida
homenaxe á figura deste grande
empresario que foi Epifanio Campo Fernández.