venres, 16 de agosto de 2024

A PARROQUIA DE MONTEMAIOR NAS "MEMORIAS" DO CARDEAL JERÓNIMO DEL HOYO (1603-1620)

  Jerónimo del Hoyo foi un relixioso español nacido en Aguilafuente, provincia de Segovia, que en 1595 solicitou unha bolsa para entrar no Colexio de Santa María de Jesús de Sevilla.

  O clérigo chega uns anos máis tarde a Galicia onde, como cóengo cardeal da catedral de Santiago, realiza unha visita pastoral entre 1603 e 1620 pola arquidiocese de Compostela en nome do arcebispo Maximiliano de Austria.

  Durante esos tres lustros levou a cabo unha descrición das parroquias, vilas, cidades, hospitais e fortalezas, que deixou recollida nun extensísimo manuscrito conservado no Arquivo Diocesano de Santiago de Compostela.

  Ese manuscrito vén sendo o volume Memorias del Arzobispado de Santiago, no cal tamén figuran as parroquias da Laracha. Deseguido transcribimos o que Jerónimo del Hoyo conta sobre a freguesías de Montemaior:

SANTA MARÍA MAGDALENA DE MONTEMAYOR

Tiene esta felegresía sesenta y dos feligreses. Los frutos se hacen dos partes: la una sin el iglesario llieva el rector y la otra el monasterio de San Martín y por su fuero doña María de Castro y ya que fué del licenciado Tomás médico que fué del monasterio con la jurisdición (folio 240, r.) temporal deste coto. Vale la parte del retor quarenta cargas de todo pan. Presentación del monasterio, al qual paga cierta cantidad de patronazgo. La fábrica no tiene renta ninguna. Hay quatro ermitas que son: Nuestra Señora, Santa Margarita, Santa Lucía y San Roque”.1

Igrexa de Santa María Madalena de Montemaior

_________

1 Vid. Jerónimo del Hoyo (1950): Memorias del arzobispado de Santiago, Porto y Cía. Editores, páx. 235.

Ningún comentario:

Publicar un comentario