HEMEROTECA

 El Noroeste, 21 de agosto de 1903:




















La Voz de Galicia, 27 de xullo de 1963:



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El Ideal Gallego, 15 de agosto de 1985:


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A FOLLA DE LEMAIO (n.º 1. Inverno de 1998)

   No ano 1998 Kiko Arcos Areosa, Xerardo Calvete Cotelo e Elena Viña Louro iniciaban en Lemaio un humilde pero fermoso proxecto cultural ao que decidiron chamarlle A folla de Lemaio.

   Tratábase dunha modesta gaceta, un folio A3 que daba para catro páxinas, na que o equipo de redacción pretendía poñer en valor a historia desta freguesía da Laracha.

   A revista foi unha das primeiras publicacións deste tipo que se realizaron no municipio. Xerardo Calvete era o director, o que se movía pola parroquia na procura dos temas a publicar, o que daba a cara coa veciñanza e o que buscaba a publicidade. Era, en difinitiva, a cara visible do proxecto.

   Elena Viña, nora da señora Manuela Míguez (da que xa temos falado nestas Crónicas da Laracha cando homenaxeamos aos antigos legoeiros de Fofelle e Proame), era a outra cara coñecida da gaceta e facía practicamente o mesmo que Xerardo, traballando arreo como unha verdadeira redactora xefa.

   Elena e Xerardo reuníanse na casilla de Proame, o mesmo lugar no que anos antes, cumprindo funcións de colexio electoral, votara a veciñanza de Lemaio, despois da morte de Franco e coa chegada da democracia, nas primeiras eleccións municipais celebradas en 1979. Os veciños e as veciñas exerceran o seu dereito ao voto no lugar no que hoxe a señora Manuela Míguez ten o salón da súa casa, o mesmo que anos despois utilizarían Elena e Xerardo como redacción do boletín para elaborar os textos que, posteriormente, lle enviaban por correo postal a Kiko Areosa, o editor da Folla de Lemaio.

   Kiko, que naquela altura vivía en Malagón (Ciudad Real), era a cara invisible desta modesta revista, que nacera coa idea de publicarse trimestralmente. O primeiro número sairía hai exactamente agora 25 anos, no inverno de 1998, e tivera unha gran acollida entre a veciñanza. 

  En cada casa de Lemaio había un “Folla” e agardaban impacientemente polo seguinte número. Mais desgraciadamente só se publicarían dous máis: o número 2 e o número 3, publicados respectivamente na primavera e no verán de 1999.

   Kiko Arcos, profesor de historia de secundaria en Málaga foi quen nos pasou unha copia dos tres números deste boletín que el editaba, e contounos, ademais, que “a repentina morte de Elena, que se foi con tan só con 44 anos, foi o motivo polo que soamente se editaran tan poucos números.”

   Como homenaxe a aquel fantástico traballo realizado por Xerardo, Elena e Kiko, ao longo das vindeiras semanas reproduciremos nestas Crónicas da Laracha os tres números da Folla de Lemaio. Deseguido, aí vai o número 1:

 
///////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
 


A FOLLA DE LEMAIO (n.º 2. Primavera de 1999)



///////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////

 




 

A FOLLA DE LEMAIO (n.º 3. Verán de 1999)








///////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////



 

'PROGRESO DE LARACHA', A SOCIEDADE QUE FUNDARON EN CUBA NO ANO 1926 OS EMIGRANTES DO MUNICIPIO

 

  Na actualidade moitas das familias da Laracha teñen (tedes) algún familiar que estivo, ou está, emigrado en Suíza, a onde chegaran na procura dunha mellor vida a partir dos primeiros anos 60. Mais se viaxamos na máquina do tempo un chisco máis atrás, ata finais do século XIX e principios do XX, un dos principais destinos dos laracheses que se vían na obriga de facer a maleta da emigración era Cuba.

   Alí, a colectividade galega tivo un peso específico na historia da Galicia actual, pois foi precisamente na Habana onde se deron os primeiros pasos para a creación dunha academia da lingua galega, da nosa bandeira e, tamén, do himno galego. Composto por Eduardo Pondal, Os Pinos cantouse antes que en ningún outro lugar no Centro Galego da Habana (hoxe Gran Teatro da Habana) o 27 de decembro de 1907. Galicia garda con Cuba unha inmensa débeda cultural e infinidad de lazos, abofé!

    Desde finais do século XIX, a comunidade galega na illa caribeña tendeu a configurar e articular a súa propia estrutura e, o seu propio entramado de asociacións e institucións de axuda mutua. Xa cara 1804 fundouse en Cuba a primeira sociedade galega coñecida, baixo a advocación do apóstolo Santiago. Habería que agardar ata o terceiro terzo do XIX para encontrar as primeiras e verdadeiras institucións mutualistas galegas: en 1871 constitúese por 34 galegos na Habana a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Nesos anos tamén ían nacer as primeiras agrupacións culturais, que xogarían un papel determinante no mantemento dun espíritu rexional a través do cultivo do folclore galego, caso, por exemplo, do orfeón Ecos de Galicia en 1872. Con todo, a iniciativa principal foi a fundación do Centro Galego da Habana, que nacía en 1879 baixo o impulso do xornalista Waldo Álvarez Insua e o seu órgano El Eco de Galicia1.

    Nos anos sucesivos, e especialmente desde os albores do século XX, irían constituíndose pequenas sociedades nas que se asociaban e xuntaban os orixinarios dun mesmo municipio ou parroquia, dedicadas a maioría delas ao fomento e expansión do ensino en Galicia e á fundación de escolas nas súas áreas de orixe. Estas asociacións localistas ían adquirir gran relevancia ao desempeñar, entre outras funcións, a de ser organismos destinados á protección do emigrante actuando de amortecedor do choque cultural sufrido por aquel á súa chegada, posibilitando a incorporación e adaptación ao novo país, cubrindo as súas necesidades afectivas, económicas e culturais nos primeiros momentos, ademais de procurar traballo ao recén chegado. 

A Habana, anos 20

    Unha daquelas sociedades nas que se xuntaban os orixinarios dun mesmo municipio foi “Progreso da Laracha”, que ao pouco de constituirse na Habana en 1926 publicaba nos medios da época o seguinte manifesto:

 

MANIFIESTO A LOS HIJOS DEL AYUNTAMIENTO DE LARACHA
NUESTROS PROPÓSITOS
Los hijos del Ayuntamiento de Laracha residentes en la isla de Cuba hemos fundado en estos días una Sociedad que lleva por título “Progreso de Laracha”. Y al dar principio a nuestra labor, queremos saludar en nombre de todos los hijos de nuestro Ayuntamiento, al Gobierno y pueblo cubanos, al Gobierno y pueblo español, a la prensa de ambos países y al Muy Ilustre Centro Gallego de la Habana.
Nuestro propósito al fundar esta colectividad no es el de formar un núcleo más de hombres para llevarlos a las luchas políticas ni de nuestra patria nativa, ni mucho menos de esta patria adoptiva en que convivimos, ni aún de las de la colonia gallega de Cuba. Todo lo contrario: queremos hacer constar desde ahora que haremos cuanto esté a nuestro alcance para librar a esta naciente Sociedad de las pasiones políticas y de las discusiones religiosas.
Encaminaremos nuestras energías a estrechar los lazos de afectos entre los hijos del Ayuntamiento de Laracha, hasta lograr que ni uno solo de los que residen en Cuba dejen de pertenecer a esta entidad; y en ella confraternicen, y sirviéndose verdaderos hermanos, dispuestos siempre a levantar al caído y proteger al desemparado; dispuestos no solamente a defender moral y materialmente a cada uno de sus asociados, sino a sus familiares. Y en cuanto a nuestras hermanas, las hijas del Ayuntamiento de Laracha, que hayan seguido nuestros pasos hacia la América o en lo futuro vinieren a esta Isla, cada uno de nosotros será un león para defenderlas de la perversidad, y puedan regresar en cualquier momento a la patria con la frente alta; como asimismo a la que constituyen un hogar en este país; manteniendo siempre inmaculado su propio nombre y el de sus familias. Tal ha sido nuestra intención al confeccionar nuestro Reglamento y consignar en su Articulado el mismo derecho a la mujer que al hombre.
Otra de nuestras obras a realizar y a la que le prestaremos toda nuestra atención es la de contribuir al acercamiento espiritual de los Hijos del Ayuntamiento de Laracha y los hijos de la patria de Martí; a demostrarles a unos y otros que es necesario deshacer entuertos anteriores (de los cuales ni ellos ni nosotros hemos sido culpables), y sintiendo correr por nuestras venas su sangre que es nuestra sangre, llegue pronto el día que sientan el mismo amor por la ciudad de la torre herculina que el que nosotros sentimos por la que en un tiempo un comprovinciano nuestro le dio el nombre de puerto de “Carenas” y que más tarde se llamó y es hoy Habana.
En fin, que venimos a la lucha colectiva impregnados de las doctrinas de Martí, del gran idealista y eminente poeta don Manuel Curros Enríquez, de la excelsa pedagoga y penalista doña Concepción Arenal, de la belleza, arte, y poesía de doña Gertrudis Gómez de Avellaneda, del abnegado Añón, cuya vida fué una estela de luz y sacrificio en nuestra patria solariega, de las ternuras y sentimentalismos de doña Rosalía, del heroísmo de María Pita y tantos otros que forman legión de aquende y allende el Océano Atlántico.
Estas son, amigos y conterráneos, las ideas que nos animan al fundar en la Habana la Sociedad “Progreso de Laracha”. Pensad en los hechos históricos de cada una de las personalidades mencionadas. Y pensad que nosotros vamos a emprender la senda por ellos trazada, que si no pretendemos igualarlos por que esto sería imposible para nosotros por la inmensa distancia mental que nos separa de aquellas lumbreras por lo menos estamos animados de sus mismas ideas; sus principios los sustentaremos nosotros de manera tal, que las dos manos enlazadas que ostenta el membrete de nuestra Sociedad, han de ser muy pronto una realidad tangible, no solamente para nuestros hermanos los hijos del Ayuntamiento de Laracha, sino el primer paso para el abrazo fraternal, sincero y definitivo, que ha de hacer que vivan eternamente unidos, como una sola familia, aunque en distintos albergues, el pueblo español y el pueblo cubano.
Hemos sido, somos y seremos de los gallegos que más quieren a nuestra bella e idolatrada Galicia; pero al mismo tiempo somos los más cubanos de los gallegos.
¡Adiante! ¡Adiante!2
A Habana, anos 20

    Durante varios anos a sociedade “Progreso de Laracha” ía ser un dos estandartes que cumpría perfectamente o seu labor de oficiosa embaixadora da galeguidade na Habana, organizando actos como o celebrado nos salóns da Agrupación Artística Galega do que daba fe o xornal cubano El Diario de la Marina na súa edición do 13 de xullo de 1927:

 

Programa de la velada que los de Laracha celebrarán la noche del día 16 del actual en los salones de la Artística Gallega:
Primera parte:
1.- Himno de Bayamo, por la orquesta dirigida por el Maestro Francisco Cerviño.
2.- Poesía 'Saúdo', de Curros Enriquez, por la niña Carmela Iglesias.
3.- Cuartillas alusivas, por Antonio Rodríguez Cambón.
4.- Poesía de Rosalía de Castro, por la señorita Dulia Domenech.
5.- El alma lírica de Galicia y Rosalía de Castro, discurso por el señor Manuel Campos.
6.- Beira do mar (Soutullo). Orfeón de la Artística Gallega, dirigido por el Maestro Fernando Gurruchaga.
Segunda parte:
1.- Cántiga, por la Orquesta.
2.- Crevar as liras, de Curros Enríquez, por el señor J. Iglesias Graña.
3. Galicia y sus poetas, discurso por el señor José Pérez Cabo.
4.- Foliada Galicia, por el Coro Típico de la Artística Gallega, dirigido por el señor Jiménez.
5.- Poesía de Rosalía de Castro, por la señorita María Luya de D.
6.- Alalá, Mozas de Vilanova, por el Coro Típico.
7.- Palabras finales, por el Dr. Francisco Domenech.
8.- La Casita Blanca, por el Coro Típico.
9.- Himno 'Os Pinos', por la Orquesta3.

    Curiosamente, cando en España a ditadura de Miguel Primo de Rivera prohibía o uso do himno galego, as sociedades galegas de América intensificaron o interese pola súa interpretación pública, entre elas obviamente, “Progreso de Laracha.”

  Manda chover na Habana!

_________________

1 Desde as páxinas de El Eco de Galicia, Álvarez Insua propuxo, o 12 de outubro de 1879, a fundación dun "Ateneo Gallego". A publicación deste artigo considérase a primeira pedra do que, nese mesmo ano, sería o Centro Gallego de La Habana. O 23 de novembro de 1879, no Teatro Tacón, o lugar que anos máis tarde ocuparía a sede do Centro Galego, tivo lugar unha xuntanza co obxectivo de crear unha institución que agrupara aos galegos residentes na Habana. En 1906 a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia compra o Teatro da Habana, que sería demolido xunto a outros edificios da zona para construir, entre 1907 e 1915, o Centro Galego. A fachada ten catro grupos escultóricos que representan alegorías da beneficencia, educación, música, arte e teatro. O Centro non soamente abarcaba o teatro, senón que ademais tamén tiña dous salóns de baile, un casino, salóns de xogos, oficinas, caixa de aforros, tesourería, restaurantes, cafés, clínica médica, escola, academia de belas artes, academia de música...

2 Vid. Heraldo de Galicia, periódico consagrado a los intereses del pueblo galiciano y paladín de la colonia gallega en Cuba, 7 de novembro de 1926, páx. 8.

3 Vid. Diario de la Marina, 13 de xullo de 1927, páx. 22.




Ningún comentario:

Publicar un comentario