mércores, 29 de xuño de 2022

A FEIRA DAS CEREIXAS DE PAIOSACO DO ANO 1962

 Nas Crónicas da Laracha desta semana, coincidindo coa celebración da popular Feira das Cereixas de Paiosaco, declarada Festa de interese Turístico de Galicia, compartimos con todas e todos vós un artigo da escritora ourensá Dora Vázquez no que describe a Feira das Cereixas do ano 1962.

Feira de Paiosaco anos 60-70 (Estudio Arte Fotografía, da Coruña)

    Dora Vázquez naceu en Ourense o 21 de agosto de 1913. Os seus primeiros estudos foron na Coruña, onde viviu desde os seis ata os trece anos polo destino de seu pai, que era funcionario de Correos. Fíxose mestra nacional e exerceu en Teimende (Ourense) 18 anos. Logo a súa profesión achegouna ata a nosa bisbarra, a Larín concretamente, onde tamén imparte clases o seu marido Antonio Rodriguez, el na unitaria de nenos e ela na de nenas.

   Dora Vázquez ía exercer de mestra en Larín durante 15 anos. A escola unitaria de nenas estaba no lugar de Mirón, nun local que era propiedade de Maripepa da Estanqueira, muller que, na figura de Marixuana, convertiríase na protagonista da novela "Bergantiñá" da autoría de Dora Vázquez… porque Dora, ademais de mestra, era unha muller cun enorme potencial artístico.

 

Dora Vázquez na escola unitaria de nenas de Larín

   Escritora de poesía, teatro e narrativa fundamentalmente en galego pero con obra tamén en castelán, ten colaborado con diversidade de artigos en medios como “Vida Gallega”, “Faro de Vigo”, “El Ideal Gallego”, “La Voz de Galicia”, “La Región” ou “La Noche”, que foi o diario no que en 1962 publicou o artigo que hoxe compartimos nesta bitácora. Dora Vázquez faleceu en Ourense o 23 de setembro do 2010.

 

En la Feria de la Cerezas

Por Dora Vázquez

 

   Tan sólo una vez estuve en la Feria de las Cerezas. De esto hace ya unos 7 años. Mas la primavera pasada resolví acercarme hasta allá. Es la Feria típica, anual, que se celebra en esta comarca entre Larín y Laracha. Su renombre atrae gran número de gentes de pueblos de la redonda y aún de la capital coruñesa, como si de romería se tratara, puesto que no falta tampoco la orquesta para la noche, con la salvedad de de aquí el “santo” son las cerezas; de ahí el título de esta Feria.

  Payosaco resplandece. Vehículos de toda clase, incluso los trolebuses de dos pisos importados para la línea de La Coruña a Carballo. Un sol risueño, veraniego; paseos espléndidos, juveniles, atracciones diversas, tiendas, puestos de frutos y de frutas, sobre todo, cerezas, muchísimas cerezas, ofreciéndose en “paxes” repletos, engolosinando los ojos con su roja frescura; y, saltando en la enumeración de cosas, gran cantidad de familias forasteras sobre el campo formando corrillos, entregadas al placer de saborear las últimas de la pasada primavera.

  Sorteando los atascamientos del gentío, lo recorro todo. Espectáculos de atracciones forman parte tradicional de esta feria y de su importancia. Me encamino a los recintos del bullicio, guiadas por las canciones de los altavoces. Quiero emplear mi óbolo en la tómbola. Triángulos de papel verde, que invitan a la esperanza con su color, contienen las suertes. Abro las mías:

   -¿No le ha tocado? ¡Vuelva a jugar!”

  ¡Consoladora invitación! La acepto, para obtener de nuevo el mismo consuelo e idéntica oportunidad.

   Voy en dirección a la ratita. Están, precisamente, con las últimas rifas. Las cojo, ante la inminencia del sorteo. Lo que más me desazona en el juego de las tómbolas y similares, es la espera; más aquí, no hay espera alguna. Ya está el conejillo de indias (alias “la ratita”) dispuesto. Mentalmente, le envío la recomendación de mis números, telepatía que no surte efecto. Me alejo, ¿Más tómbolas? No, hoy se me baraja mal la suerte.

  Sesión de tiro. Serpentinas, de las que penden caramelos y secciones de cuadrillos que contienen grandes bolas de colores endulzadas. Hay aficionados, ¡ya lo creo! He aquí uno que no da ninguna, y otro que las acierta todas, mermando mercancía al propietario ¿Será cazador? Se lo pregunto. Dice que si, que es gran amante de la cinegética. De esta forma, a dos pasos, ¿que extraño…?

   Un título impresionante: “Los machotes se ven aquí”. Se ostenta en un artefacto de hierro vertical. En efecto, aparece un “machote”. Maneja un gran mazo contra una cuña que impulsa, al golpe, una bola de hierro hacia arriba por unos carriles. En la cima está, con la explosión, el éxito. Pero este “machote” no lo logra, decepcionando a la concurrencia.

   -”Con lo facilito que debe ser”, dicen unas rapacitas ingenuamente.

   También voladoras, con atractivos y concurrencia. Sus leyendas -las de los vapores- son de propaganda altamente sugestiva. Por la más insignificante cantidad se puede viajar a La Coruña en barco, o a Pontevedra, “corriendo”; a Orense, “de prisa”; a Lugo, “por aire”. O bien, con más dosis de imaginación, a contemplar la Cibeles o la Mezquita de Córdoba; o también ir a la China y al Japón…

   Más atracciones para los “machotes”. “A Dios rogando y con el mazo dando. Todos deben probar su fuerza”, pero no es mazo lo que emplea sino un avión. Lo empuña hacia atrás, imprimiéndole luego un fuerte impulso. Explosión. Enhorabuena al forzudo.

  ¿Hay aficionados al fútbol de atracción? El balón espera el pie que le empuje directamente al gol. Premios: por un gol, un puro; por dos, una faria; por tres un habano, y subiendo siempre. Mas, por ahora, el balón está solo. Mala época para este estadio.

  ¡El circo! Gran lleno, por cierto. Tiene su equilibrista-malabarista, y su payaso, el “bailaor” con guitarra y castañuelas, con su taconeo y su ¡olé! y su todo.

   Churros, calentitos, olorosos, apetitosos. Es preciso nutrir tanta ilusión. Descanso… Mas, aquí viene el pajarito de la suerte. Recuerdo otra ocasión en que se había despistado conmigo. “Señorita”, decía la cartita que su pico me había elegido. Naturalmente, no era para mi. Por tal motivo, recibo la misiva un poco escéptica. Pero ahora, si es para mi misma: “Señora: soy un pajarito que todo lo adivino...”, etc., etc., ¡Amable pajarillo! No he perdido el tiempo: conozco mi porvenir. Un día seré muy rica, tendré coche y todo, y viajaré hasta tierras lejanas. Tendré una vejez estupenda y sin enfermedades. ¡Dios te oiga, pajarito de la suerte!

   Con tan felices auspicios, tranquilizada respecto a mi futuro, abandono la Feria de las Cerezas, paladeando, con la ilusión del vaticinio, las últimas cerezas de la temporada.

(Artigo publicado en La Noche o 13 de xuño de 1962)

mércores, 22 de xuño de 2022

CACHELIÑA DE SAN XOÁN

Cacheliña de San Xoá
que non me morda
cadela nin can.

     O día vintetrés voume erguer cediño para "ir coller a virtú". De todas as herbas do campo escollerei a espadana, a fieita real, o fiuncho, a herba de Santa María e a fieita de San Xoán. E con todas estas herbas adornarei a casa e en cada buratiño poñerei unha para que esa noite non nos entre ningún meigallo. O resto espallareino por diante da porta e gardarei unhas poucas para a cachela da noite. Esquecíaseme o monllo que teño que facer con todas as herbas para despois pola noite deixar ao resío. Este monllo vaime servir o resto do ano para afumarme con el cando me pique algún bicho.
 

Noite de maxia
igual que a noite de San Silvestre,
solsticio de inverno.
Noite de bruxas
en que desparramarán á caída da noite
toda a súa fascinación.
Noite de plantas
protectoras e medicinais
para nós.

     E cando chegue a noite farei a cachela con moita leña que bote moito fume para que se vexa ben lonxe. Colocareina nun lugar donde se vexa a casa e as leiras. E cando me queira afumar e saltar a cachela botareille as herbas da virtú. Saltarei a cachela nove veces e unha sen contar mentras vou dicindo:

 
Cacheliña de San Xoán,
que non me morda
cadela nin can.

     E se podo asarei patacas nas brasas e botarei un anaco  de noite comendo, falando e contando contos.

Noite de lume
disque as chamas purifican todo.
Noite de lume
solsticio de verán.
Noite de lume
que nos protexe contra todo mal.

     Para deixalas ao resío da noite teño que buscar flores: herbas de San Xoán, romeo, bieiteiro, caraveles, trebisco, herba luísa, folla de nogal, ruda, follas de parra... Metereinas nun caldeiro con auga, deixareinas toda a noite ao sereno e pola mañanciña lavarei a cara coa auga de rosas.


Noite de auga
que limpa
que bota as meigas fora.
Noite de lume.
Noite de plantas.
Noite de auga.

¡¡Meigas fora!! 


(Relato de Carme, a de "Cóntame un conto")       

venres, 17 de xuño de 2022

SUSO GARCÍA, O PANADEIRO FUTBOLISTA

  Sabido é que, dende hai varias décadas, a Panadería Suso ofrécelles aos seus clientes unha ampla variedade de sabores e praceres ao padal, unhas exquisiteces gastronómicas que abofé que son sinónimo de tradición e de calidade, e que, cada día, podemos mercar en calquera dos once despachos de pan que a firma ten pola nosa bisbarra: seis na Coruña, dous en Arteixo, un en Vilarrodis, un no Burgo e o orixinal de Paiosaco, que foi o lugar onde o seu propietario Jesús García Varela, máis coñecido polo apelativo de Suso, iría medrando ao mesmo tempo que aprendía o oficio de panadeiro. Mais, á parte da súa actividade empresarial, Suso García tamén tivo unha brillante traxectoria no mundo do balón, unha carreira deportiva que ía deixar unha enorme pegada entre os afeccionados ao fútbol da contorna.

    Nado en Paiosaco o 22 de xaneiro de 1960, o noso protagonista debuta con 15 anos nos xuvenís do conxunto da Porta Santa. Nesa mesma tempada 1975/76, tamén viste por vez primeira a camiseta do primeiro equipo, naquela hora adestrado por Ramón García e capitaneado por Otero, un futbolista que viña de vivir as vicisitudes do fútbol no Hércules de Alacante e no Fabril. Nesa campaña, os da Feira son campións do torneo ligueiro do Grupo II da Segunda Rexional “A”. Repetirían título na seguinte, a 76/77, cun notable protagonismo na dianteira do xuvenil Suso que, naqueles mediados dos setenta, empezaba a converterse nunha cobizada peza.

    Un dos equipos interesados en facerse cos servizos do rapaz de Paiosaco fora o R.C. Deportivo da Coruña, que tiña como adestrador do seu equipo xuvenil a Manuel Ríos Quintanilla, o lendario Manolete. Pouco lle faltou a Suso para asinar co club herculino mais, finalmente, acabaríase truncando a operación por mor do repentino interese do Real Madrid, feito que daría pé a que o Deportivo fichase no seu lugar ao arteixán Juan Manuel Mañana Martínez ‘Fabeiro’.

    O Real Madrid era o Real Madrid, e unha oportunidade así non se podía deixar escapar polo que, no verán de 1977, Suso plantábase na capital do Estado co desexo de comer o mundo e de facerse un oco nas categorías inferiores do club branco. Alí fai amizade co porteiro vasco José Manuel Ochotorena, compañeiro da pensión na que vivía con outros rapaces da canteira que procedían de fóra de Madrid. Posteriormente coincide en pleno coa xeración dos Míchel, Butragueño, Sanchís, Pardeza e Martín Vázquez, grupo de xuvenís que pouco tardou en ser coñecido como La Quinta del Buitre”. Mais a experiencia de Suso na entidade madridista non ía acabar resultando todo o positiva que el agardaba e, ao cabo de tres meses, volve á súa terra para enrolarse no cadro xuvenil do Racing de Ferrol que participaba na Liga estatal. Alí, o paisaqués deixa o seu selo persoal anotando un total de 22 goles, bo facer que lle dá o premio de adestrar habitualmente co primeiro equipo. Neste, baixo as ordes de Rodríguez Vaz, coincide nas sesións preparatorias cos seus veciños de Caión, os irmáns Collazo, e con futbolistas do nivel dos Corral -andando o tempo adestrador do R.C. Deportivo-, do arxentino Juan Carlos -que un día lle comentara que ”en Argentina tenemos un pibe que dará que hablar”, referíndose ao que para moitos é o mellor xogador de todos os tempos: Diego Armando Maradona-, Richard -pai do ex-futbolista do Glasgow Rangers Nacho Novo-, e tamén co masaxista Antonio ‘O Xitano’1, plantel que ao final daquela tempada 77/78 consegue o ascenso á Segunda División.

    Na campaña seguinte, xa coa maioría de idade cumprida, Suso García realiza a pretempada co Racing de Ferrol, pasando despois ao equipo filial, o desaparecido Arsenal, cadro co que xoga a Rexional Preferente ata o mes de decembro. Foi nesa altura cando á perla de Paiosaco lle xurdiría a posibilidade de ir cedido ao Hellín2, un equipo de Albacete no que Suso ía deixar pegada dentro e fóra do terreo de xogo, xa que é alí onde coñece a Charo, a súa futura muller.

    Finalizada a cesión no Hellín, o rapaz de Paiosaco regresa á disciplina do Racing de Ferrol, onde, ao longo da campaña 79/80, alterna as súas actuacións co Arsenal e co primeiro equipo racinguista na Segunda B, categoría na que o once departamental loita ata a última xornada por non descender á Terceira. Os verdes empezaran a tempada baixo a dirección técnica de Gustavo Biosca e íana rematar con Gerardo Molina, adestrador que o 6 de abril de 1980 facía debutar na división de bronce do fútbol estatal a Suso contra o Sestao, nun partido correspondente á trixésima xornada que concluíu 0-0 e no que o Racing formara con tres laracheses de inicio, o propio Suso e os irmáns Collazo: Jolo; Miguelín, Vidal, Silvano, Manuel Collazo, Otero, Segundo, José Collazo, Suso (Carballo), Roberto e Miguel. Ao día seguinte, o xornal La Hoja del Lunes publicaba: ”Molina, que en esta ocasión, por imperativos legales, no pudo dirigir el encuentro desde el banquillo, introdujo esta tarde a los jugadores Suso y Carballo, procedentes del Arsenal; tal vez como último recurso. Pero tampoco dichos jóvenes lograron romper la atonía de un partido que más parecía de patio de colegio que propio de Segunda División “B”3.

 

Suso na súa etapa no Racing de Ferrol (Suso García)

    O futuro panadeiro repite titularidade na xornada seguinte, na derrota no campo de Las Gaunas por 3-0 contra o Logroñés onde, segundo as informacións dos medios da época, Suso fora dos futbolistas máis destacados do Racing: ”Destacaron por el Logroñés sobre todo Lotina4, junto a Tasio y Torres, y por el Ferrol, el portero Jolo, con Otero, Merino y Suso”5. Sete días máis tarde, no partido que enfrontaba no desaparecido estadio “Manuel Rivera” ao Racing co Huesca, o noso protagonista volvía saír de inicio por terceira semana consecutiva, un partido que o once departamental gaña por 1-0 e que foi o último que Suso García xogou na Segunda B, pois non ía tardar en viaxar a Cataluña para facer o campamento do servizo militar en Girona e o resto da mili na Seu d´Urgell, na provincia de Lleida.

    Rematadas as obrigas militares que había que facer naquel entón, o xogador de Paiosaco regresa a Hellín para xogar a tempada 1981/82 no equipo da localidade da súa moza Charo, con quen casa pouco despois. Naquel intre, a pesar de recibir ofertas tentadoras coma a do Ibiza, Suso xa tiña claro que o seu futuro estaba no mundo do pan e non no do balón, polo que a parella se establece definitivamente en Paiosaco, onde, pouco a pouco, ían ir collendo as rendas da panadería familiar, a panadería de seu pai Maximino.

     Despois dunha paréntese de cinco anos cheos de experiencias inesquecibles, como a proba co Real Madrid, a aventura en Hellín ou o debut na Segunda B co Racing de Ferrol, Suso viste de novo a camiseta da Unión Deportiva Paiosaco na tempada 1982/83, camiseta que defende ata a 1988/89. Logo desta campaña, na que fixo de xogador-adestrador, colgou as botas como futbolista para dar paso á súa faceta técnica.

 

La Voz de Galicia, 23 de marzo de 1992

     Tras varios anos ocupando o banco da entidade da Feira, na segunda metade dos anos noventa retirouse definitivamente do mundo do fútbol para dedicarse única e exclusivamente á súa familia e á súa empresa: Panaderías Suso.

     Por se é do voso interese, a biografía de Suso García, e a de outros futbolistas do municipio, forma parte de 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha, libro que contou coa colaboración dos dous concellos e que tedes ao voso dispor en todas as librarías da bisbarra.


_____________________

1 Anos máis tarde ía acabar sendo o masaxista do Deportivo.

2 O actual Hellín Club de Fútbol foi fundado en 2016 tras a liquidación total do antigo Hellin Deportivo ao finalizar a tempada 2015/16. É o sucesor espiritual do Hellín Deportivo (desaparecido en 1960 e que militou na Terceira División entre as tempadas 1951/52 e 1958/59), da Agrupación Deportiva Hellín (desaparecido en 1977 que militou na Terceira División entre as tempadas 1972/73 e 1974/75), o Club Deportivo Hellín no que xogou Suso (desaparecido en 1988 e que militou na Terceira División na tempada 1980/81) e o Hellín Deportivo, desaparecido tras finalizar a tempada 2015-16.

3 La Hoja del Lunes, 7 de abril de 1980, páx. 12.

4 Co tempo adestrador do R.C. Deportivo da Coruña.

5 La Hoja del Lunes, 14 de abril de 1980, páx. 15.