AGRARISMO E OBREIRISMO. ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA LARACHA ANTES DA GUERRA CIVIL

 AGRARISMO E OBREIRISMO. ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA LARACHA ANTES DA GUERRA CIVIL (1ª PARTE)

  

  O primeiro terzo do século XX é unha etapa histórica de transición desde unha sociedade agraria “patriarcal” cara unha sociedade de masas, na que -e esta é unha singularidade propiamente galega- o peso do campesiñado parcelario é enorme.

  A sociedade galega desa altura ía experimentar grandes transformacións derivadas tanto das mudanzas agrarias como da aparición dun moderno sector industrial, ao que se sumaron os efectos producidos pola intensa corrente migratoria americana. A vella hexemonía das clases agrarias, especialmente as agrupadas en torno á fidalguía, foi substituída pola figura do pequeno labrego cultivador directo. O “señoritismo” urbano, dependente das rendas agrarias ou de cargos na administración, non desaparece pero ten que compartir o seu liderado social con outras capas sociais, como os industriais, os comerciantes, os empresarios do transporte, ou algúns “americanos” exitosos. Paralelamente, medra o número de persoas activas nos sectores industrial, mineiro e terciario ou de servizos, ata o punto de que na década dos trinta supoñen máis dun terzo da poboación activa galega (o 39%). O peso da agricultura segue sendo forte, pero os cambios sociais non camiñan na dirección do seu fortalecemento1.

  Neste contexto, o agrarismo foi un movemento social certamente orixinal, poderoso e débil á vez. Como observou Risco en 1930, trátase dun “partido malogrado” que foi poderoso porque logrou encadrar nas súas organizacións a millares de campesiños sin que estes abandonasen as súas comunidades locais. Pero foi débil, porque non foi capaz de converterse nun partido agrario, como aconteceu en moitos países de Europa, pola diversidade sociolóxica e organizativa que o caracterizou. Con todo, o agrarismo foi a principal palanca de organización do campesiñado parcelario galego en tempos de mudanza do seu réxime de propiedade (a loita contra os foros foi un dos seus emblemas) e de integración da economía agraria galega no mercado interior español2.

  O agrarismo como movemento social comezouse a organizar a finais do século XIX, principalmente nas comarcas costeiras da provincia de Pontevedra, e baixo a fórmula de mutualismo gandeiro. Desde 1886, en que aparece en Caldas de Reis a primeira mutua, ata 1906, o agrarismo foi un fenómeno basicamente pontevedrés que sen dúbida está en relación coa especialización gandeira provocada pola exportación de reses a Inglaterra e Portugal. A partir de principios do século XX, o agrarismo logra importantes éxitos a través de organizacións como o Directorio de Teis (Vigo), a Unión Campesina e a Solidaridad Gallega (A Coruña) e Acción Gallega, fundada en Madrid, pero con importante presencia en Ourense. A realización das Asambleas Agrarias de Monforte, celebradas nos anos 1908, 1910 e 1911, foi a posta de largo de todas estas organizacións agrarias3.

  Desde eses primeiros anos dez, o agrarismo convértese na principal organización social existente en toda Galicia, con especial arraigamento nas comarcas interiores, sobre todo na provincia de Ourense, de onde era nativo e onde máis campañas e mitins de propaganda fixo o cura Basilio Álvarez. A forza oratoria do abade de Beiro non só cautivou a miles de labregos, senón que lle permitiu estar presente, desde 1912 ata a II República, nas principais actividades do agrarismo, incluída a etapa da ditadura de Primo de Rivera4.

  A estrutura organizativa do movemento agrarista foi moi desigual, tanto espacial como temporalmente. Das primitivas mutuas gandeiras foise derivando cara a constitución de sociedades agrarias e, sobre todo, de sindicatos agrícolas, regulados pola lei de 1906. Sociedades e sindicatos eran de dimensión parroquial ou comarcal, pero en algúns casos lograron integrarse en Ligas agrarias ou en Federacións provinciais agrarias. A maior articulación organizativa foi lograda, baixo a dirección de Basilio Álvarez, coa ‘Confederación Regional de Agricultores Gallegos’ (CRAG), constituída en 1922, que agrupaba a máis de catrocentas sociedades agrarias, xeralmente non confesionais5.

  Pola súa parte, os sindicatos agrícolas católicos, que tamén floreceron con forza a partir de 1914, eran organizacións conservadoras que baixo unha orientación eclesiástica pretendían unificar, en base a fórmulas cooperativas, os intereses dos diferentes grupos agrarios que, paseniño, íanse adherir á Confederación Nacional Católico-Agraria (CONCA), xerme dun dos partidos de masas máis importantes da España republicana: a CEDA (na Laracha crearíase un Comité da CEDA en 1934. Ver Apéndice Documental nº 1) de Gil Robles, formado xustamente na CONCA. Estes sindicatos agrícolas católicos presentábanse como mediadores na penetración do capitalismo no mundo agrario, á par que captaban adeptos á orde establecida e tratando de gañar así o campo a socialistas, anarquistas e calquera outra organización de resistencia6.

  Diversas campañas de propaganda, con presencia en Galicia a partir de 1917 de destacados membros do sindicalismo católico español como o xesuita Sisinio Nevares, Monedero, Alvareda ou Mosquera, sentaron as bases da expansión organizativa do agrarismo católico galego naqueles anos de principios do século XX.

  Cerca de cincocentos sindicatos agrarios galegos foron organizados polos católicos, o que supoñía case a metade de todo o sindicalismo agrario galego á altura de 1920. Estímase que nesa época xuntaban entre eles unha cifra de asociados que sobrepasarían os 45.000 campesiños e que en España alcanzaba o medio millón. A figura do consiliario eclesiástico era fundamental nestas organizacións, así como a pertenza a unha federación católico-agraria, que en Galicia chegaron a ser sete: Mondoñedo, Lugo, Monforte, Ourense, Santiago, Tui e A Coruña.

  Na Laracha temos constancia de que en agosto de 1918 xa existía o Sindicato Agrícola Católico de Soandres, un dos pioneiros en Galicia na comercialización de reses, que nese ano mesmo organizou o envío de bois a diferentes puntos do estado, o primeiro deles efectuado en abril do ano seguinte:

Son altamente satisfactorios los resultados obtenidos por los ganaderos gallegos que han llevado a cabo la venta de sus reses por mediación de los Sindicatos Agrícolas.
Varios socios del Sindicato Agrícola de Soandres (Laracha) enviaron el día 5 de abril un vagón de bueyes que arrojaron en la Coruña un peso vivo de 10.185 kilos, constituyendo la expedición veinte reses de las cuales dos quedaron en la Coruña y 18 fueron remitidas a Madrid para que por la sección de mataderos de la Asociación General de Ganaderos del Reino, fuesen sacrificadas7. 
Membro do Sindicato Agrícola de Soandres (El Ideal Gallego,  25 de xuño de 1922)

  Tamén sabemos que, nese nese mesmo ano de 1918, constituise outro sindicato agrícola en Coiro que estaba integrado por gandeiros de diferentes parroquias do municipio:

El día 29 del pasado mes de Junio se constituyó en la parroquia de Coiro un Sindicato agrícola y de seguro de ganado, por los vecinos de aquella parroquia y los de Soutullo, Golmar, Montemayor, Vilaño y Cabo Vilaño.
Despues de levantada el acta de constitución, los asociados, cuyo número, así como el capital, aumenta de día en día, felicitaron a la junta directiva y muy singularmente a su presidente D. Constantino Iglesias Morales y a D. Pedro Canedo Suárez8.

(…. CONTINUARÁ)


______________________________________________


APÉNDICE DOCUMENTAL


Documento n.º 1


Artigo publicado en El Ideal Gallego o 7 de decembro de 1934, p. 6:


Nuevo comité de la CEDA

HA SIDO CREADO EN LARACHA

La U.R.D. de La Coruña continúa su intensa labor de organización en la provincia, con las restricciones que el Estado de guerra impone, y hace unos días varios directivos de esta entidad se trasladaron a Laracha donde se fundó un nuevo comité adherido a la Ceda, integrado por destacados elementos de aquella localidad.

En medio del mayor entusiasmo y con el total beneplácito de las fuerzas derechistas de Laracha ha quedado constituído el Comité del siguiente modo: Presidente: D. Juan Mato Toja; vice: D. Pedro Iglesias Graña; secretario: D. Eladio Lamela Reino; vice: D. Eladio Suárez Canedo; D. Francisco Verdín Perira; contador: D. Francisco Areosa Castro; bibliotecario: D. Antonio Pacín Sánchez; vocales: D. Edelmiro González, D. José Caamaño, D. Constantino Iglesias Morales, D. Ramón Varela Iglesias, D. José Cambón Suárez y don Manuel Rey.

También los directivos de la JAP coruñesa realizaron interesantes gestiones y en vista del formidable elemento juvenil de Laracha, uno de estos días será presentado el reglamento al señor gobernador y será constituída definitivamente la directiva de la JAP.


_________________________________________

1 Ramón Villares (2004): Galicia siglo XX, Dirección: Ramón Villares. Redacción: Ramón Villares, Prudencio Viveiro, Emilia García, Xosé Ramón Fandiño. La Voz de Galicia,, páx. 62.

2 Ibídem.

3 Ibídem.

4 Ibídem, páx. 63.

5 Ibídem,

6 Tino Hermida (2016): "Pedrenda descubre su sindicato católico", Faro de Vigo, 10 de xaneiro.

7 El Ideal Gallego, 26 de abril de 1919, páx. 1.

8 El Orzán, 17 de xullo de 1918, páx. 1.



AGRARISMO E OBREIRISMO. ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA LARACHA ANTES DA GUERRA CIVIL (2ª PARTE)

  Naquela época a igrexa ía seguir esforzándose en propoñer e realizar alternativas para a promoción do mundo rural dende esta óptica sindical católica. A articulación mixta destes sindicatos era a súa peza clave. Estruturalmente eran cooperativistas, neutrais en materia política e confesionais, desde o punto de vista relixioso. Pero na realidade estas organizacións tiñan de católicas algo máis que o nome e pretendían, por esta vía, afianzar a doutrina católica no campesiñado impedindo, deste xeito, a difusión das doutrinas socialistas e anarquistas. “En este sentido, D. José Martín de Herrera y de la Iglesia, Arzobispo de Santiago de Compostela, escribe una Pastoral contra el socialismo al enterarse de que en la Archidiócesis que regentaba existían algunos gremios de agricultores y artesanos con tendencias socialistas1”. Nese contexto e nesa altura, os sindicatos católicos organizaron con bastante frecuencia mitins por boa parte da xeografía galega co obxectivo de sentar cátedra entre o campesiñado e instalarse no maior número de freguesías. Un destos actos celebrouse na Laracha no verán de 1919:

Hubo el martes último en Laracha, un mitin de agricultores con objeto de crear en todas las parroquias de aquel distrito sindicatos católicos agrarios.

El acto, que estuvo concurridísimo, se desarrolló en el orden más completo2.

  Pouco despois de celebrarse aquel mitin cobraban vida novos sindicatos agrícolas católicos na Laracha, onde sabemos que en 1919 existían os de “Torás, Montemayor, Soandre, Gabuar, Vilaño, San Román, Lendo, Coiro, Lemaya, San Martín de Lestais3” que menciona El Ideal Gallego nun artigo publicado nesa época con erros de transcrición das parroquias de Soandres, Golmar, Lemaio e San Martiño de Lestón. Estos dez sindicatos laracheses ían participar, xunto a outros moitos de toda a xeografía galega, nun acto que o xornal El Ideal Gallego organizaría na Coruña o 9 de novembro dese ano contra a Real Orde do ministro de Facenda, o galego Gabino Bugallal Araújo, no cal se esixía o cumprimento do Decreto Lei referente a consumos promulgado anos antes polo tamén ministro galego Augusto González Besada, falecido en xuño dese 1919. Nas súas crónicas sobre este grandioso mitin celebrado no teatro Rosalía de Castro, algúns medios da época facían fincapé do notorio protagonismo que os gandeiros da Laracha tiveran naquela reivindicativa xornada:

El diario de La Coruña “El Ideal Gallego”, haciéndose eco del sentir de la población rural al verse defraudada por la R.O. de Bugallal, aplazando la implantación del Decreto Ley de Besada sobre repartimiento de consumos, ha tenido la valentía, que merece nuestro sincero aplauso, de convocar a un mitin a todos los que en Galicia no estén dispuestos a tolerar que las leyes continúen pisoteadas e incumplidas por los que están obligados a acatarlas e implantarlas.

En el teatro Rosalía de Castro de La Coruña se ha celebrado el domingo 9 el grandioso acto organizado por “El Ideal Gallego”, primero de una serie que tendrán lugar en toda Galicia, para hacer saber al Gobierno que los campesinos no están dispuestos a consentir que vuelva el arma del consumo a ser el látigo que el feudalismo oligarca ha empleado para azotar la población rural y someterla a su voluntad para explotarla y mantenerla indefensa e ignorante.

Toda Galicia ha estado representada en el mitin de La Coruña; precisaríamos todas las columnas del periódico para insertar los nombres de las entidades agrícolas y personas adheridas. Entre estas, figuran siete diputados a Cortes de los cuarenta y cuatro que ostentan la representación parlamentaria de Galicia, e innecesario es decir que entre estos últimos figuran todos los cunerismos y yernogracias que padecemos los gallegos por nuestra mansedumbre.

El teatro estuvo repleto, asistiendo cinco millares de campesinos de los Ayuntamientos de los alrededores de La Coruña. Solamente del municipio de Laracha concurrieron más de mil labradores que entraron juntos en la ciudad atravesando las principales calles formando interminable fila, como protesta viva contra los atropellos que viene cometiendo el caciquismo de dicho Ayuntamiento al amparo de la nefasta Real Orden de Bugallal (...)4. 

Sindicato Agrícola de Coiro (El Ideal Gallego, 11 de xuño de 1927)

  No devandito mitin o señor Peinador, ex xuíz de primeira instancia do partido de Carballo, tomou a palabra en representación das sociedades agrícolas da comarca de Bergantiños. “Con frase galana dió a conocer los procedimientos que algunos municipios vienen empleando en aquel distrito para cobrar los consumos al amparo de la Real Orden de Bugallal, y faltando a todas las disposiciones antiguas y modernas para percibir dicho impuesto5.” Sobre este particular Peinador puxo algúns exemplos que se produciran na Laracha e que o lector pode ler ao final desta crónica, no Apéndice documental nº 1.

  Os logros do agrarismo hai que analizalos nun dobre plano. Desde a perspectiva puramente política, a súa contribución á rexeneración da política galega foi débil, a pesar de tratarse dun verdadeiro movemento de masas. Influíu nisto non só a diversidade organizativa e a pluralidade ideolóxica, senón tamén o peso do local ou parroquial. Cada organización agraria era a expresión dunha pequena comunidade campesiña, máis que a célula dun organismo político. O agrarismo foi un axente de politización das masas campesiñas, pero non un vehículo para a súa incorporación á loita política partidaria. Por iso, a súa etapa máis cómoda viviuna coa “non política” de Primo de Rivera (1923-1930)6.

  O segundo plano é máis xenérico, pero moito máis decisivo. O agrarismo foi un axente fundamental na transformación da agricultura galega, na súa dimensión de sector produtivo. Por unha parte, sen o agrarismo non avanzaría tan rapidamente a redención dos foros e os repartos de montes comunais. Por tanto, o societarismo agrario acelerou os cambios institucionais precisos para facer de rendistas e foreiros uns pequenos propietarios plenos e cultivadores directos. E o agrarismo foi aínda máis decisivo como axente modernizador do sector agropecuario galego ao servir os seus locales e as súas organizacións de instrumento de difusión de novidades técnicas ou de centros de compra e venda de insumos (maquinaria, abonos, razas gandeiras) e de excedentes (basicamente reses bovinas). Sirva de exemplo esta iniciativa que tivo o Sindicato de Golmar en 1919:

Para satisfacción del proceder de los interesados, y conocimiento de cuantas personas puedan hallar conveniencia en saberlo, queremos hacer público en La Voz de Galicia, de su digna dirección, que hemos adquirido para las faenas de la trilla en esta temporada, UN MOTOR REX y una trilladora, en los almacenes de maquinaria de los Sres. SUAREZ FERRIN HERMANOS, de La Coruña, con los cuales hemos hecho todas las faenas nuestros asociados y del contorno, con la más completa satisfacción de los labradores que han preferido nuestras máquinas, y especialmente el MOTOR REX, a todos los demás de otras comarcas.

Por causa de esta preferencia, fuimos víctimas de un atentado en la parroquia de Vilaño, donde nos fueron robadas varias piezas de las más necesarias al motor, pero no tuvimos más que venir a la casa de los Sres. Suárez Ferrín Hermanos, quienes en cuanto les enteramos de lo ocurrido, se apresuraron a facilitarnos gratuitamente en préstamo -ínterin no se mandaban otras piezas de recambio- las necesarias para que nuestro Motor Rex no parase de trabajar, y así pudimos perder sólo doce horas de nuestro trabajo y seguir las faenas sin perjuicio ni para nosotros ni para los labradores asociados.

Y esto es lo que queremos hacer constar, para acreditar no solamente los buenos MOTORES REX, sino además, especialmente, el buen compartamiento y formalidad de los Sres. Suárez Ferrín Hermanos que han cuidado de nuestros intereses como si fuesen suyos.

SINDICATO AGRICOLA DE SAN BENITO DE GOLMAR.- Laracha.- El Presidente, José Varela Rodríguez.- El Secretario, Manuel Varela García7.

  En conxunto, pois, o agrarismo galego foi unha macroorganización societaria, pero pulverizada: cerca de mil sociedades e sindicatos, pero ningún partido ou confederación estable. Serviu de axente socializador da política, pero sobre todo foi a vía de incorporación de miles de labranzas galegas ao mercado de produtos primarios, de forte expansión na España da preguerra, con envíos de milleiros de toneladas de carne bovina dos gandeiros galegos a cidades como Madrid ou Barcelona. O seu principal éxito estribou, pois, na súa capacidade para organizar os intereses de pequenos produtores de bens de consumo e trasladar, deste xeito, aos consumidores urbanos parte dos custos dunha produción que, grazas á protección arancelaria, eran moito máis elevados que no mercado internacional. Desde ese punto de vista, a posición do agrarismo galego ten moita maior influencia na configuración da sociedade galega de preguerra que as organizacións obreiras e mesmo as patronais non agrarias, porque os fluxos comerciais xerados pola comercialización de excedentes gandeiros foron unha das fontes de acumulación de capital por parte de tratantes gandeiros 8.

(...CONTINUARÁ)


_________________________________________

APÉNDICE DOCUMENTAL


Documento nº 1


Artigo publicado en El Ideal Gallego o 11 de novembro de 1919, páx. 1:


El Sr. Peinador

Habla en nombre de los agricultores de Carballo. A los aplausos que le tributan contesta:

Gracias paladines de la honradez y la justicia. Vuestra presencia me demuestra que los enemigos del odiado caciquismo aumentan cada día, y que cuya vigencia pedimos ahora: pero, ¿es que no tiene muchos mayores defectos el sistema antiguo que trata de restablecerse?

A quienes nos llaman sediciosos les diremos que fueron ellos los primeros que fomentaron la rebelión con sus procedimientos de oligarquía arriba y caciquismo abajo, que es lo que quieren perpetuar.

No desconocen que lo que nosotros reclamamos es más justo y equitativo, pero pensaron que si los de abajo se dan cuenta, al caciquismo habría que cantarle los funerales y se acabaría la representación de los que ahora mangonean.

Dice que quiere ser breve porque aún faltan oradores y termina: ¡Campesinos!:

A ver como en vuestros pechos late el odio santo hacia esos caciques personificadores de vicios, injusticias e inmoralidades.

Vengo, señores, representando a los labradores de la comarca de Bergantiños, que sufriendo temporales y sin dinero, han dado un numeroso contingente a este acto.

En nombre de los presentes y de los que no han podido venir, yo solicito apoyo. Y lo pido para una obra santa, de buena voluntad, que en Galicia puede hacerse.

Agradecería que frente a mi se colocasen los caciques para contradecirles; para decirles a que han venido aquí los paisanos gallegos; para que quedase claro y resplandeciente de parte de quien está la verdad.

Puede ser hoy para Galicia un día de mucha alegría, o de amarga tristeza. Sucederá lo primero si todos los presentes aquí tenemos ansias de libertad, de liberación: si estamos dispuestos a todo, y a que en primer lugar aparezca triunfante la justicia.

Conseguiremos esto si nos unimos en apoyo mutuo dentro de Galicia.

Fustiga acremente al caciquismo, defensor de la política rastrera, y pasa a tratar de lo que ocurre en el Ayuntamiento de Laracha. Dice que hay consignadas 13.000 pesetas en los presupuestos para caminos públicos y es casi imposible transitar, viéndose obligados a ir por malas “corredoiras”. Aparecen además en los presupuestos 500 pesetas ¡¡¡para una modista!!!... (Grandes risas).

Frente a los caciques nos levantamos los agricultores gallegos para pedir una administración municipal honrada; para dar un puntapié a esa política de contubernio.

Cita otros “casos” de los caciques, y sigue: No agradaba en el Ayuntamiento de Laracha el decreto de Besada, y los caciques, adelantándose a lo que luego ocurrió, reunieron a la Junta municipal, prescindieron de las comisiones designadas por la ley y adoptaron el sistema de administración. Se aprobó, y por el empezaron a tración. Pero es que el sistema de administración establece la instalación de fielatos de Consumos y que en ellos se fijen reglamentos cuyas tarifas aparezcan firmadas por la Delegación de Hacienda, y nada de esto se hizo. Con mandamiento judicial, se entraba en las casas y se cobraba. ¿Cómo y cuánto…?

Hace luego una pregunta a los labradores sobre si están dispuestos a defenderse contra el caciquismo, siendo contestada con un sí unánime, pronunciado por todos los que llenaban el teatro.

Volviendo a los citados registros dice que son ilegales y que constituyen un delito de allanamiento de morada, por lo cual cabe la querella ante el Juzgado de primera instancia.

El presidente de la Audiencia territorial debe exigir cuentas al juez municipal por los registros en casas particulares, porque si no, ¿a qué la inviolabilidad del domicilio, las garantías individuales… (Le interrumpen gritos de ¡abajo el caciquismo!).

Lo que debemos hacer ahora es pedir al gobernador que no acompañe la Guardia civil al juez en estos registros; la Guardia civil es para algo más honroso. Y si esto se concede, yo juro por todos los labradores de Bergantiños que ese juez no penetrará en ninguna casa.

Alude de pasada a los trágicos sucesos de Sofán y pasa a tratar de lo que ocurre en aquella parroquia con la construcción de un cementerio. El caciquismo, en abierta pugna con las leyes de Sanidad, quiere que el cementerio se construya en un monte que, según frase de un gobernador civil que lo vió, no sirve ni para enterrar caballos.

Este deseo del caciquismo, trasladado a un expediente, obra en el Gobierno Civil y está sin resolver desde hace meses. Además, de atenderse lo que quieren los caciques, estaría el cementerio en un extremo del pueblo, abiertamente contra lo ordenado, que es que se construya en punto equidistante de todos los lugares.

Concluye pidiendo el apoyo de todos enérgico, decidido, para acabar con el caciquismo (El orador fué repetidas veces aplaudido, durando las ovaciones largo rato).


____________________________________________________________

1 Manuel Rey Blanco (2004): El período de la Restauración como clave para un mejor entendimiento de la Segunda República en el Ayuntamiento de Arteixo, autoedición, páx. 100.

2 El Eco de Santiago, 9 de agosto de 1919, páx. 1.

3 El Ideal Gallego, 11 de novembro de 1919, páx. 1.

4 El Tea13 de novembro de 1919, páx. 1.

5 El Tea13 de novembro de 1919, páx. 1.

6 Ramón Villares (2004): Galicia siglo XX, Dirección: Ramón Villares. Redacción: Ramón Villares, Prudencio Viveiro, Emilia García, Xosé Ramón Fandiño. La Voz de Galicia,, páx. 63.

7 La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1919, páx. 2

8 Ramón Villares (2004): Galicia siglo XX, Dirección: Ramón Villares. Redacción: Ramón Villares, Prudencio Viveiro, Emilia García, Xosé Ramón Fandiño. La Voz de Galicia, páx. 64.


AGRARISMO E OBREIRISMO. ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA LARACHA ANTES DA GUERRA CIVIL (3ª PARTE)

  Na Laracha os sindicatos agrarios continuarían desempeñando un papel fundamental na vida municipal durante a década dos anos vinte, ben enviando gando pola súa conta a Madrid (principalmente), participando na obra social das respectivas parroquias ou mesmo colaborando con movementos humanitarios como o realizado en 1921 pola Cruz Vermella cando fletou un cargamento de madeira destinada á mellor instalación e abrigo das tropas españolas en Melilla e Larache, que viñan de sufrir o chamado desastre de Annual1. Curiosamente, nunha conexión que non foi a primeira entre os dous lugares2, algunha madeira da Laracha bergantiñá ía viaxar ata a Larache africana:

Los sindicatos de Coiro y Laracha tienen un cargamento de tablas de pino que en unión de los ofrecidos por otros sindicatos en breve serán enviados a Melilla. Una vez más repetimos la excitación a todos los que puedan contribuir a esta empresa que tantos beneficios reportará a los soldados3.

   Naqueles anos vinte os sindicatos da Laracha tamén organizaban mitins con certa frecuencia no municipio, como o celebrado a comezos de 1923 en Paiosaco, lugar onde por certo tiñan local os gandeiros da ‘Junta comarcal del Reino de Bergantiños’ . Sobre o devandito mitin daba boa conta A Nosa Terra informando que asistiran “unha numerosa comisión de propagandistas cruñeses, entr-os que podemos citar aos irmáns Peña Novo, Mosteiro, Casas e Rodríguez Sabio, o noso querido amigo Joaquín Martín Martínez e ademais siñificados elementos da comarca bergantiñana, que eran portadores de valiosas representacións, das que imos dar una pequena nota, pois témol-a seguridade de non nos lembrar de todas. Pol-o “Sindicato Agrícola e Gandeiro” de Vilaño, Generoso Cambón, Antonio Lacip e José Rodríguez Cotelo; pol-o “Sindicato Agrícola” de Lemozo (entendemos que se referían ao de Lemaio), Manuel Vidal e Generoso Varela; pol-o “Sindicato Agrario” de Lendo, José Baldomir e José Arijón; pol-o “Sindicato Agrícola” de Soandres, Antonio Mallo Landeira, Manuel Gómez e José Queijo; pol-o “Sindicato Agrícola e Gandeiro” de Montemayor, Antonio Río e Eduardo Canedo; pol-o “Sindicato Agrario” de Golmar, Manuel Dubra e Generoso Queijo, e pol-o “Sindicato Agrícola” de Coiro, Rogelio Suárez e Joaquín Canedo. Tamén estaban presentes n-este grandioso acto, os siguintes siñores: D. Manuel Sueiro Novo, cura párroco de Torás; D. Eliseo Pet López, veterinario da Laracha; D. Ramiro Suárez Moreno e D. Eladio González Cambón, que traían a representación dos agrarios de Payosaco; D. José Suárez Pais, coadjutor de Lestón; D. Manuel Iglesias Silveira, de Soandres; D. Jesús Añón Canedo, coadjutor de Pastoriza; D. Ricardo Vázquez Suárez, cura párroco de Lalín (supoñemos que se referían a Larín), e D. Antonio Lancit Pet, siñificado agrario de Vilaño (…) Moito denantes da hora siñalada para o comezo do acto, xa se tiña xuntado unha numerosa e entusiasta concurrencia, que subía de dúas mil persoas, e entre as que había moitas mulleres (…) As tres e media da tarde, da comezo o mitin, pornunciando unhas elocuentes verbas en nome da comisión orgaizadora o Sr. Antonio Lanci Pet, e coas que pregóu ao auditorio, que escoitase con atención aos propagandistas chegados d-outras terras, para esprical-o evanxelio liberador dos labregos de Bergantiños (…) Por non poder asistir ao mitin arriba reseñado, enviou unha valente adhesión, concebida en termos de gran patriotismo, o batallador agrario e prestixioso médico da Laracha, Maximino Cacheiro Naveira, que foi agarimosamente comentada por todol-os elementos que ocupaban a persidencia do mitin4.

Maximino Cacheiro Naveira (Foto do libro da súa autoría El tesoro del campesino. A Laracha, 1926)

  Moitos destos sindicatos agrícolas tamén funcionaban como verdadeiras caixas rurais de cooperativas de crédito, con préstamos personais de responsabilidade solidaria e ilimitada de todos os seus socios. De feito, na segunda metade dos anos vinte o de Montemaior denominábase “Sindicato Agrícola y Caja Rural”, que probablemente cambiara a súa denominación tras ser expulsado da Federación Católico-Agraria da Coruña por “no haber satisfecho ni la cuota de 1924 ni la multa, ni haber siquiera contestado a las demandas que se le formularon5.

  Toca agora falar das organizacións obreiras, que na Galicia dos primeiros decenios do século XX son bastante máis débiles que as sociedades agrarias. Pero a súa presenza en centros industriais, como a ría de Vigo, ou en industrias de enclave, como a Fábrica de Tabacos e o Arsenal de Ferrol, é cada vez máis significativa. Nunha apreciación xeral das estruturas organizativas do obreirismo galaico, habería que destacar tres características. En primeiro lugar, o enorme peso que aínda teñen os sectores artesanais en moitas vilas e mesmo en cidades como Santiago de Compostela, o que confire gran protagonismo a organizacións de tradición gremial (canteiros, carpinteiros, etc.) en forma de “sindicatos de oficios”. En segundo lugar, a importante presencia que se detecta do traballador “simbiótico”, de aquel que é “obreiro” no campo e “campesiño” na cidade, unha condición que é moi perceptible xustamente na comarca de Vigo, sede de unha moderna industria pero de pequeno tamaño e con elevadas cotas de forza laboral feminina. E, en terceiro lugar, a enorme diferencia que en materia organizativa e ideolóxica se produce entre os grupos asalariados das zonas do norte da nosa xeografía (A Coruña, sobre todo), donde predominan os núcleos de inspiración anarquista, fronte á zona viguesa donde o arraigamento do socialismo da UGT é moito máis forte. Diversidade sindical que, certamente, esconde modelos diferentes de incorporación a unha sociedade industrial6.

  Os anos de maior expansión das organizacións sindicais obreiras corresponden coa etapa que vai desde o comezo da I Guerra Mundial ata a Guerra Civil. É naquel entón cando se perfilan as bases da CNT e da UGT e cando se producen importantes mobilizacións obreiras, con folgas como a de 1917. O número de afiliados foi, porén, relativamente baixo, e débil a presenza social e política do proletariado industrial, ante a hexemonía que os problemas agrarios seguían tendo na sociedade galega de aquela época.

  A conflictividade obreira dos anos 1916 e 1917 permitiría ir superando o localismo gremial e o asentamento dos grandes sindicatos. Das sociedades de oficios pásase a unha organización de carácter industrialista que aglutinaba os oficios segundo o ramo produtivo ao que estaban adscritos. Fundada en 1888 polo ferrolán Pablo Iglesias (que en 1879 xa intervira na fundación do PSOE), a Unión General de Trabajadores (UGT) foi unha desas grandes centrais sindicais, que agrupaba aos traballadores de tendencia socialista. Foi precisamente na cidade de Ferrol onde a UGT tivo máis fortes comezos. En efecto, en xaneiro de 1892 a ‘Sociedad de Hierros y Metales’ de Ferrol ingresa na UGT, nun proceso paralelo á creación da agrupación socialista local. Nestes momentos iniciais debemos resaltar a figura de Francisco Fernández García, sindicalista coñecido polo alcume de Pedrosa que en 1891 participara na creación da agrupación do PSOE en Ferrol. Decidido defensor dos dereitos dos traballadores e animador da prensa obreira local, na que destacaban cabeceiras como El Obrero (1891), La Voz del Obrero (1894) ou El Bien del Obrero (1900), as críticas efectuadas á patronal do sector naval no primeiro destes medios íano levar ao despedimento como mecánico do Arsenal. Desde aquel entón Pedrosa subsistiría como mestre de clases particulares, levando adiante entre 1890 e 1904 unha intensa obra asociativa e política coa creación de varias sociedades de resistencia. Pero a actividade de Francisco Fernández irá máis alá de Ferrol. En 1892 acompañará a Pablo Iglesias nunha xira por Galicia. Nas eleccións municipais de 1895 será electo concelleiro do Concello de Ferrol, converténdose no primeiro edil socialista galego e un dos primeiros de España. A labor deste pioneiro do sindicalismo socialista en España íase ver interrompida pola súa emigración a Arxentina en 19067.

  Pola súa banda, a Confederación Nacional del Trabajo (CNT) nacera no ano 1910, entre os días 30 de outubro e 1 de novembro, en Barcelona. Este nacemento foi froito do segundo congreso do sindicato catalán Solidaridad Obrera co obxectivo de constituir unha forza alternativa ao sindicato maioritario por aquel entón, a socialista UGT. No noso territorio en 1911 houbo un intento de organizar unha Federación “Solidaridad Obrera de Galicia”, como expresión do sindicalismo anarquista, mais a tentativa, que seguía o modelo organizativo deseñado en Cataluña, base da propia CNT, non chegaría a consolidarse.

  Deste xeito, habería que agardar ao desenvolvemento industrial xerado na Primeira Guerra Mundial en España, ao conseguinte protagonismo do proletariado fabril en Vigo, Ferrol e A Coruña e, sobre todo, ás mobilizacións obreiras dos anos 1916 e 1917, para que resurxira o desexo de organizar o anarquismo galego. Así, o 21 de agosto de 1922 crease a Confederación Regional Galaica (CRG) da CNT, nun congreso celebrado no salón Ideal de Vigo. Ao escoller a cidade olívica, os anarquistas facían patente o seu desexo de competir coa UGT, que tiña en Vigo un dos centros máis fortes de toda Galicia. A este primeiro congreso asisten 52 sociedades obreiras en representación de 25.256 afiliados da Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Tui, Ferrol, Ourense, Vigo e Marín, entre outros lugares. Con este éxito de partida, aquí estarían xa as principais figuras do anarquismo galego: José Suárez Duque, Jesús Arenas (A Coruña), José Villaverde, Luis Holgado (Vigo), Manuel Fandiño, Ezequiel Rey (Santiago).

  Neste primeiro momento, no seo da Confederación Regional Galaica (CRG) desenvólvese o mesmo debate que a CNT tiña a nivel xeral en canto ao seu modelo organizativo. Por un lado, a tendencia anarquista proclive a unha intervención revolucionaria inmediata, razón pola que propugnaban como base os “Sindicatos Generales de Trabajadores”. Por outra parte, a tendencia anarcosindicalista, preocupada por conseguir melloras para os obreiros e o desenvolvemento organizativo da CRG, polo que a base serían os sindicatos de industria ou ramo. A decisión final inclinouse polos “Sindicatos Generales de Trabajadores”, aínda que non excluía a creación de sindicatos de ramo alí onde houbera unha importante afiliación. A intervención da CRG sería inmediata. Así, podemos aprecialo nos sucesos de Sobredo8 de 1922, que se cobraría os primeiros mártires do anarcosindicalismos de Galicia 9.

  Asunto máis difícl de rastrexar é a expresión corporativa de intereses sectoriais, desde a perpectiva dos propietarios agrarios, os comerciantes ou os industriais. Ámbitos de organización como as Cámaras de Comercio ou as ‘Ligas de Contribuyentes’ tiveron en Galicia continuidade coa tradición asociativa aparecida a finais do século XIX. Outras organizacións de ámbito estatal, como a ‘Asociación de Ganaderos del Reino’, actuaron en Galicia no comercio de exportación de reses de gando cara o interior peninsular, a través dos seus representantes en algunhas cidades galegas. Pero a patronal máis importante do período foi, sen dúbida, a ‘Unión de Fabricantes de Conservas de la Ría de Vigo’, constituída en 1905, que reflexa cabalmente a madurez deste sector industrial. Outras manifestacións desta capacidade asociativa floreceron de xeito especial na cidade viguesa, como foron a ‘Asociación de Industrias Pesqueras y Derivadas’ (que alentou a aparición da revista Industrias Pesqueras) ou a Liga Marítima de Bouzas 10.

  Noutros sectores de actividade económica, como o traballo de oficios ou o sector comercial, tamén foron frecuentes as agrupacións do estilo de sociedades gremiais ou centros de dependentes de comercio, aínda que nunha dimensión menor do que foi, na España do momento, a organización corporativa máis emblemática, como foi o Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria (CADCI) de Barcelona, un dos grandes viveiros de cadros medios da política de Cataluña.


(CONTINUARÁ...)

____________________________________

1 O desastre de Annual foi unha grave derrota militar española na Guerra do Rif e unha importante vitoria para os rebeldes rifeños comandados por Abd el-Krim. Produciuse entre o 22 de xullo e o 9 de agosto de 1921, cerca da localidade marroquí de Annual, situada entre Melilla e a baía de Alhucemas. A batalla ocasionou a morte duns 11.500 membros do exército español, 8.500 españois e 2.500 rifeños leais ao Goberno encadrados en unidades indíxenas, máis da metade executados tras renderse.

2 Xabier Maceiras (2024); A Laracha e a cidade marroquí de Larachehttps://cronicas-da-laracha.blogspot.com/2024/05/a-laracha-e-cidade-marroqui-de-larache.html

3 El Ideal Gallego18 de novembro de 1921, páx. 2.

4 A Nosa Terraboletín quincenal, 1 de febreiro de 1923, pp. 4-5.

5 El Ideal Gallego, 27 de marzo de 1925, páx. 1.

6 Ramón Villares (2004): Galicia siglo XX, Dirección: Ramón Villares. Redacción: Ramón Villares, Prudencio Viveiro, Emilia García, Xosé Ramón Fandiño. La Voz de Galicia,, pp64-65.

7 Ibidem páx. 62.

8 Os Sucesos de Sobredo ocorreron o 28 de novembro de 1922 nese lugar da parroquia de Guillarei (Tui, Pontevedra), cando a Garda Civil disparou contra campesiños que protestaban contra o pagamento de impostos forais medievais, resultando co asasinato dos labradores Cándida Rodríguez González, Joaquín Besada e Venancio González Romero, coñecidos como os Mártires de Sobredo. A protesta formaba parte do movemento agrario contra os últimos vestixios do réxime da Restauración. 

9 Ramón Villares (2004): Galicia siglo XX, Dirección: Ramón Villares. Redacción: Ramón Villares, Prudencio Viveiro, Emilia García, Xosé Ramón Fandiño. La Voz de Galicia,, páx. 63.

10 Ibídem, páx. 65.



AGRARISMO E OBREIRISMO. ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA LARACHA ANTES DA GUERRA CIVIL (4ª PARTE)

  En 1931, coa chegada da Segunda República e o cambio das condicións xerais, a Confederación Nacional Católica Agraria (CNCA) íase ver bruscamente afectada. Non se acolleu á ‘Ley de Asociaciones Profesionales’ de 8 de abril de 1932, entendendo que non era conveniente transformar as asociacións mixtas en diferentes asociacións de propietarios, arrendatarios e obreiros. Ademais, a CNCA expulsou ás Caixas Rurais, Sindicatos Agrícolas ou Asociacións federadas que tiñan entre os seus socios agricultores que pertenceran á UGT, a CNT ou a outras organizacións que defendían no seu ideario a loita de clases ou que fosen inimigos da propiedade privada.

  Nesta etapa republicana a maioría dos sindicatos agrícolas da Laracha de antano foron desaparecendo pouco a pouco, pero tamén houbo algún que continuou coa súa actividade no novo contexto social. Este foi o caso do de Soandres, que en abril de 1931 mesmo participou, xunto a outras representacións da bisbarra, nos actos de conmemoración do 85 aniversario do fusilamento en Carral dos Mártires da Liberdade, víctimas do poder absolutista: “Una vez descubierta la lápida, hablaron al pie del monumento el señor Lugrís Freire, que pronunció un emocionado discurso; el señor Taboada, representante del Ayuntamiento de La Coruña; el alcalde de Carral señor Doval, perteneciente también a la Comisión gestora; el campesino Jesús Rodríguez Carro, como representante del Sindicato Agrícola de Soandres (...)1

  O Sindicato Agrícola de Soandres, que en 1932 toma o acordo de adherirse á Asamblea Regional de Municipios, ía seguir sendo un referente no asociacionismo da comarca de Bergantiños. Ata que empezaron a soar os tambores da Guerra Civil, estivo sempre ao tanto das últimas novidades tecnolóxicas e agrícolas para beneficio dos seus asociados grazas as súas habituais visitas á Granxa Agrícola Experimental de Monelos. Fundada na Coruña (na Horta do Xeneral) en 1888, esta granxa fora o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado polo Estado para Galicia e Asturias.

Persoeiros da Coruña e veciños da bisbarra na presentación do arado Brabant na Granxa Agrícola de Monelos (Concello da Coruña)


Presentación de maquinaria nova na Granxa Agrícola de Monelos (Concello da Coruña)

  Se no pasado os Sindicatos Agrícolas eran maioritarios na Laracha, agora, no novo período republicano, son os de tintes obreiristas os que teñen máis peso no municipio. Con principios diferentes aos dos Sindicatos Católicos, que querían disimular baixo o paraugas da igrexa a desigualdade social do campo, os sindicatos socialistas, republicanos e anarcosindicalistas pretendían informar dos seus dereitos e organizar aos traballadores agrícolas e doutros sectores como os relacionados co mar, madeira, etc. Por iso, as formas de actuar con relación á formación de asociacións foron moi diferentes nun caso e no outro.

  Neste constexto en 1933 nacen tres novos sindicatos laracheses, logo de que o Gobernador Civil aprobara os regulamentos da Unión Mutualista Campesina de Lendo (febreiro), do Sindicato agrario y de profesiones varias de Vilaño (maio) e do Sindicato de oficios varios de Cabovilaño (xullo). Curiosamente o sindicato de Vilaño crease canda o de Sofán, moi activo ata o Golpe de Estado de 1936:

Han sido aprobados ayer por el gobernador los reglamentos de las nuevas sociedades Sindicato de mineros y profesiones varias, de Lousame, Sindicato agrario y de profesiones varias de Vilaño, en Laracha, y Sindicato de profesiones varias “El Avance” de Sofán, en Carballo2.”

  Precisamente, no Arquivo do Reino de Galicia pódese consultar unha causa formada polo Xulgado de Carballo en xullo de 1935 na que se indica que “los afiliados de un sindicato llamado “Avance” de la parroquia de Sofán en este término municipal, vienen coaccionando a los propietarios de fábricas de aserrar establecidas en este municipio y en el de Laracha, a fin de que no compren maderas a D. Jesús Quiroga Losada, Marqués de La Atalaya, figurando entre tales afiliados varios colonos de dicho Sr. que llevan fincas de la propiedad del mismo sitas en la parroquia de Artes, tratando también de impedir que varias personas compren así bien algunas de esas fincas3.”

  Jesús de Quiroga y Losada, XII marqués de la Atalaya e Coronel de Artillería, nacera en 1888 e era irmán de Diego, famoso fotógrafo que pertenceu a alta servidume do palacio real como mordomo de semana do rei Alfonso XIII, o que lle permitiu fotografar ao monarca e á corte nas súas actividades cotidiás. Jesús casara en Segovia en 1912 con María de las Mercedes Martínez de Pisón y Nebot e foron pais de dez fillos, un deles José Antonio Quiroga y Martínez de Pisón, XIII marqués de La Atalaya. Tiñan establecido o seu domicilio en Palma de Mallorca pero mantivéronse vinculados sempre a Galicia, desde que o Jesús adquirira o pazo dos Pardiñas, sito no lugar de Vilar de Francos (Artes, Carballo). Cunha fermosa capela dedicada a santo Antonio de Padua, desde aquel entón e ata principios do século XXI, o pazo de Vilar de Francos permaneceu ligado aos marqueses da Atalaya, que cada ano abrían as súas portas aos veciños o 13 de xuño para celebrar a festa de San Antonio.

  Jesús de Quiroga y Losada, que ía falecer en 1945, era Coronel de Artillería franquista. Na causa sobre esa suposta coacción para que non se comprase madeira da súa propiedade, non se chegara a dictar ningún auto de procesamento contra os dirixentes do sindicato Avance de Sofán xa que o xulgado de Carballo non puido xustificar a perpetración de delito algún.

Pazo de Vilar de Francos (Xabier Maceiras)

  Nese mesmo ano de 1935 tamén se produciu un suceso do que, despois de tanto tempo, aínda se fala de cando en vez na Laracha. Un feito do cal se fixera eco a prensa da época:

UN HERIDO GRAVE POR CUESTIONES SOCIALES

La Coruña.- Fué detenido en el lugar de Eirís, de la parroquia de Cabo Vilaño, en Laracha, el vecino del lugar de Nogán, José Freire Caamaño, autor de heridas graves causadas con arma de fuego a José Esmorís Esmorís, alias “Abeleiras”, vecino del lugar de la Botica.

El herido fué llevado al hospital de Santiago en grave estado, pues tiene heridas en la región escapular izquierda, clavícula derecha y mano del mismo lado.

La agresión fué debida a cuestiones sociales ya que el herido pretendía que lo sindicaran en la Sociedad de Oficios Varios de la C.N.T. y su agresor se negaba ello.

Por tal motivo riñieron resultando, como queda dicho, herido el “Abeleiras”4.

 Horas despois o Xulgado de Carballo abría dilixencias para investigar os feitos acontecidos entre José Freire Caamaño, alias "Xerónimo", e José Esmorís Esmorís, alias “Abeleiras”. Segundo consta na causa xudicial (Apéndice documental nº 1), este último era presidente do "Sindicato del Trabajo", afiliado á C.N.T, e parece ser que continuamente ameazaba a Freire porque levaba madeiras para serrar a fábricas que estaban boicoteadas. Con certeza, algunhas desas madeiras eran propiedade do Marqués de la Atalaya, nomeado anteriormente. Naquel ambiente hostil que se viña respirando dende certo tempo atrás, os dous non ían tardar en ser asasinados. A “Xerónimo” e a seu irmán Francisco matáronos a balazos (Apéndice documental nº 2 e nº 3) cerca do Birloque, cando viaxaban dende A Coruña ata A Laracha no ómnibus de José Gómez Bértoa, veciño de Vilaño. E a “Abeleiras”, polo que nos contaron varias persoas que prefiren manter o seu anonimato, torturárono e matárono ao pouco de comezar a Guerra Civil, o 13 de setembro de 1936. Manuel Blanco Rey, crego arteixán das parroquias de Loureda e de Morás, no seu libro Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil conta o seguinte sobre “Abeleiras”:

(...) Había nacido en la parroquia larachense de San Román de Cabovilaño de la que era, también, vecino; jornalero de profesión; su cadáver apareció, según dice el Registro Civil, a las dos de la madrugada del día 13 en Fonte Loureira, perteneciente a la parroquia de Armentón aunque bordeando el límite con la de Larín y a consecuencia de “lesiones de arma de fuego”. Benedicto Suárez López, que vivía y vive al lado de la Iglesia, hombre que a pesar de sus muchos años conserva una memoria excelente, me informa que era domingo (lo que he podido comprobar como dato cierto) y que, cuando precisamente él regresaba “das mozas”, se encontró al Abeleiras, ya bajado desde Fonte Loureira hasta el Cementerio y a quien, lleno de miedo, estaba “velando” Rogelio do Sabino a quien habían obligado a prestar tal servicio; poco más tarde, precisa Benedicto, llegaron o “tío Pedro de Iglesias” (que tenía un aserradero, en Laracha) y dos guardias civiles; al día siguiente presenció su entierro, en el Cementerio de Armentón, al que asistió poquísima gente. Nadie reclamó su cadáver5”.

  Outro dos represaliados da Laracha foi Eladio Varela López, veciño de Caión de 31 anos asasinado no municipio de Lousame o 13 de novembro de 1936. A morte foi rexistrada a causa de derrame cerebral por dúas feridas de proxectís de arma de fogo. O seu cadáver apareceu nunha cuneta do lugar de Fontefría, na parroquia de Toxosoutos.

  No termo municipal larachés, concretamente no lugar das Rañeiras, na parroquia de Lestón, o 29 de agosto de 1936 foi asasinado Eliseo Borrazás Zas (a) O Rato de Larín. “Había nacido, en San Esteban de Larín, en 1908; hijo de Manuel y de Ramona; soltero, cantero de profesión y vecino del lugar de Piñeiro, en esta parroquia (…) Parece ser que los actores de su “paseo” fueron, presuntamente, falangistas de la parroquia de San Román de Cabovilaño (...)6

(CONTINUARÁ...)


APÉNDICE DOCUMENTAL


Documento nº 1

Causa 51512-5. Arquivo do Reino de Galicia


SENTENCIA

Número doscientos noventa y tres

Sección primera


Señores:

Don Hilario Nuñez de Cepeda

Don Policarpo F. Costas

Don Diego Salgado


En la ciudad de la Coruña a veintiseis de Noviembre de mil novecientos treinta y cinco.

Vista en juicio oral y público la causa procedente del Juzgado de instrucción de Carballo seguida de oficio por los delitos de lesiones graves y tenencia ilícita de arma de fuego, bajo la acusación del señor Fiscal contra el procesado José Freire Caamaño (a) Xerómino, de treinta y dos años, de estado soltero, natural y domiciliado en Cabo Vilaño (Carballo), de oficio chauffer, insolvente y en prisión provisional por esta causa, habiendo estado representado y defendido por el Letrado don Antonio Ulloa, actuando de ponente el magistrado don Policarpo Fernández Costas.

Resultando que el señor Fiscal en sus conclusiones definitivas acusa al procesado José Freire de que, a eso de la una de la tarde del 18 de mayo de 1935, declarado el estado de prevención en toda la provincia, con arreglo a la Ley de Orden Público, cuando José Esmoris Esmoris se dirigía a la fábrica de aserrar maderas que en el lugar de Regado tiene Pedro Freire, al pasar por el Campo de Gerix de la parroquia de Cabovilaño, término de Laracha, el procesado José Freire Caamaño con una pistola, para cuyo uso carecía de los correspondientes guía y licencia, le hizo tres disparos alcanzándole al nivel de la articulación externo clavicular derecha, en la región infaespinosa del omoplato izquierdo y en el dedo pulgar de la mano derecha, lesiones que sin defecto ni deformidad curaron a los ochenta y un días de asistencia médica.

El procesado es mayor de 18 años, de buena conducta y carece de antecedentes penales.

Hechos que declaramos probados, así como que el procesado carece de toda peligrosidad en el orden social, porque hace una vida independiente sin estar afiliado a ninguna sociedad política.

Resultando que por el señor Fiscal se calificaron los hechos sumariales como constitutivos de un delito de lesiones graves previsto y sancionado en el artículo 423 número tercero del Código penal, y otro de tenencia ilícita de arma de fuego sancionado en el artículo primero párrafo primero en relación con el artículo quinto de la Ley de veintidós de noviembre de 1934, asignó al procesado la participación de autor de dicho delito, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad solicitando para el procesado como pena por el delito de lesiones, la de un año, ocho meses y veintiún días de prisión menor, y por el de tenencia ilícita de arma de fuego la de dos meses y un día de arresto mayor, accesorias correspondientes a ambos delitos y pago de costas, debiendo de indemnizar a José Esmoris en la cantidad de ochocientas diez pesetas.

Resultando que la representación del procesado niega la culpabilidad de su patrocinado como autor de los delitos de que se le acusa, y solicita su libre absolución.

Considerando que los hechos admitidos como probados constituyen dos delitos, uno de lesiones graves previsto y penado en el artículo 423 número cuarto del Código penal, y otro de tenencia ilícita de arma de fuego sancionado en el artículo primero párrafo primero en relación con el artículo quinto de la Ley de veintidós de noviembre de mil novecientos treinta y cuatro.

Considerando que los referidos delitos es autor el procesado José Freire Caamaño (a) Xerómino por la participación directa, voluntaria y maliciosa que tomó en su ejecución.

Considerando que en la ejecución de dicho delito no es de apreciar la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal.

Considerando que toda persona responsable criminalmente de un delito, lo es también civilmente y debe ser condenada al pago de las costas procesales.

Vistos los artículos citados y los uno, tres, doce, catorce, diez y nueve, veintitrés, treinta y tres, treinta y siete, treinta y ocho, cuarenta y siete, cuarenta y nueve, sesenta y siete, ochenta y dos, ciento uno, ciento tres, ciento cinco, ciento seis, ciento once y ciento doce del Código penal, y los ciento cuarenta y dos, doscientos treinta y nueve, doscientos cuarenta, setecientos cuarenta y uno, setecientos cuarenta y dos y concordantes de la Ley de Enjuiciamiento criminal.

FALLAMOS: que debemos condenar y condenamos al procesado José Freire Caamaño (a) Xerómino, como autor responsable de un delito de lesiones graves del número cuarto del artículo cuatrocientos veintitrés del Código penal y de otro de tenencia ilícita de arma de fuego sancionado en el artículo primero párrafo primero, en relación con el artículo quinto de la Ley de veintidós de noviembre de mil novecientos treinta y cuatro, sin la concurrencia de circunstancias modificativas, imponiéndole por el primer delito, la pena de un año y un día de prisión menor, y por el segundo la de dos meses y un día de arresto mayor, con las accesorias para ambos delitos, de suspensión de cargo público y derecho de sufragio, con mas el pago de las costas procesales, debiendo de indemnizar al perjudicado en la cantidad de ochocientas diez pesetas.

Abonamos al procesado para el cumplimiento de la condena, todo el tiempo de prisión provisional sufrida y aprobamos por sus propios fundamentos el auto del Instructor que declaró la insolvencia del mismo, por ahora y sin perjuicio.

Así por esta nuestra sentencia, definitivamente juzgando, lo pronunciamos, mandamos y firmamos.

Hilario Nuñez de Cepeda Policarpo F. Costas Diego Salgado


AUTO

La Coruña, dos de Marzo de mil novecientos treinta y seis.

RESULTANDO: que en la tarde del diez y ocho de Mayo último, declarado el estado de prevención en toda la provincia, con arreglo a la vigente Ley de Orden Público, cuando José Esmorís Esmorís (a) Abeleiras, se dirigía a la fábrica de aserrar madera que en el lugar de Regado tiene Pedro Freire, al pasar por el campo de feria de la parroquia de Cabovilaño, el procesado José Freire Caamaño que estaba boicoteado y venía siendo amenazado constantemente por el Esmorís como Presidente del Sindicato del Trabajo, afiliado a la Confederación Nacional del Trabajo, porque aquel acostumbraba a llevar en su camioneta maderas de las fábricas de aserrar que así bien estaban boicoteadas, con una pistola para cuyo uso carecía de licencia y guía, le hizo tres disparos al Esmorís, causándole lesiones que curaron sin defecto ni deformidad a los ochenta y un días de asistencia médica.

RESULTANDO: que por sentencia de 26 de Noviembre último, fué condenado el José Freire Caamaño, como autor de un delito de lesiones y otro de tenencia ilícita de arma de fuego, a las penas de un año y un día de prisión menor por el primero y dos meses y un día de arresto mayor por el segundo, cuyas condenas las está sufriendo en la Prisión Provincial de esta Ciudad.

RESULTANDO: que pasada la causa al Sr. Fiscal a los efectos del Decreto de amnistía de veintiuno de Febrero último, informó en el sentido de que procede aplicar los beneficios de aquella disposición al penado en esta causa José Freire Caamaño.

CONSIDERANDO: que el delito de tenencia de armas, base de este sumario, es de carácter político-social por las circunstancias en él concurrentes y su motivación, según aparece de la resultancia general del proceso, procediendo por ello declarar amnistiado al penado de anterior mención.

POR APLICACIÓN de dicho Decreto de amnistía se declara extinguida la responsabilidad penal que tiene en esta causa el penado José Freire Caamaño; se decreta su libertad inmediata, expidiendo para ello las órdenes oportunas, así como para que se cancelen las anotaciones que se hayan practicado en los Registros de penados.

Lo mandaron y firman los señores expresados al margen de que certifico.



Documento n.º 2

Artigo publicado en La Voz de Galicia o 30 de xuño de 1936, p. 2:


El sangriento suceso de ayer

Por una venganza detienen un coche de viajeros y a tiros matan a tres

Hay además varios heridos


A las siete y cuarto aproximadamente de la tarde de ayer ocurrió un trágico e inesperado suceso en la bifurcación de las carreteras del Birloque y Arteijo, a inmediaciones de la Granja Agrícola.

Avanzaba por esa vía con dirección a Laracha el ómnibus de viajeros que realiza de ordinario este servicio. Llevaba como conductor a José Gómez Bertoa, de 35 años, natural de Vilaño, en aquel Ayuntamiento.

Iban en el vehículo unos 25 pasajeros.

Más allá de la Granja, varios individuos —como unos tres o cuatro a lo que se colige— se adelantaron hacia el centro de la carretera e hicieron señas al chofer del auto para que éste se detuviese.

Juzgando Gómez Bertoa que se trataba de unos viajeros que procuraban asiento en el coche, accedió a parar.

Un ayudante de Gómez se apeó y abrió la portezuela para que entrasen los desconocidos. Pero fué entonces cuando se desarrolló la tragedia.

Los tales individuos, por lo menos dos de ellos, empuñando pistolas rompieron súbitamente el fuego contra el interior del automóvil, entre la sorpresa, las voces y el pánico de los influidos viajeros.

No de otra suerte procedían antaño los bandoleros sin corazón que se echaban al camino y asaltaban las diligencias.

No se sabe cuantos fueron los disparos.

Parece que ocho o diez. Acaso más. Pero como la confusión que se produjo fué todo lo grande que cabe suponer, nadie paró mientes más que en esquivar la intensidad de la granizada de balas, acurrucándose o tumbándose en el fondo del auto.

De esta confusión se aprovecharon precisamente los agresores para huir, parece que sin dejar de disparar.

El ayudante del conductor y otro viajero se apearon rápidamente y tuvieron intención de correr tras ellos mientras daban voces pidiendo auxilio. Pero no tenían armas, su situación era de manifiesta inferioridad y tuvieron que optar por volver al coche donde se desarrollaba una patética escena.

El chófer dice que cuando llegaba un poco más allá de la iniciación de las obras del ferrocarril de La Coruña a Zamora vió apostados a los tales sujetos, que él tomó por presuntos viajeros; más al oír los disparos se agachó, resguardando la cabeza contra el respaldo del asiento.

En el interior del vehículo habían caído al parecer sin vida—y muertos quedaron en efecto, según se vió luego—tres de los viajeros: José Freiré Caamaño, de 32 años, soltero, vecino de San Román, en Laracha; Francisco Freire Caamaño, de 26 años, hermano del anterior, y una anciana mujer de la que solo se sabe de momento que se llamaba Pastora y era conocida por la viuda de Corral.

Había además tres heridos, Benjamín Alvarez Torres, de 19 años, avecindado en Lañas, que sufre heridas de carácter grave; José Mariño Gómez, de 32 años, soltero, de Laracha, de pronóstico reservado, y José Várela Cotelo, de 35 años, traficante en ganado y casado, también en Laracha.

Los demás viajeros se apearon todos, quedando solo en el automóvil las víctimas nadando en sangre. Con todo, fuerza fué retornar a la población lo más rápidamente posible y el ómnibus, que tiene el número de matrícula 4.934, dió vuelta hacia el interior, deteniéndose en la Casa de Socorro de Santa Lucia.

Si alguna vida conservaron durante el trayecto los hermanos Freire Caamaño y la viuda de Corral, ello es que ya ingresaron muertos en el establecimiento citado.

Los médicos y practicantes de guardia solo tuvieron que registrar la defunción por heridas de arma de fuego. Y dedicarse a curar a los heridos—de los cuales el joven Alvarez Torres, que es el más grave, pasó en una ambulancia a ocupar una cama en el Hospital civil. Los cadáveres fueron trasladados anoche mismo al anfiteatro del cementerio, donde hoy se les practicará la autopsia por los médicos forenses a presencia del Juzgado del distrito de la Audiencia, que empezó a entender en el crimen.

El chófer declara que no conoce a los individuos que realizaron la agresión ni recuerda que hayan viajado nunca en su coche.

Se supone que el bárbaro ataque iba concretamente dirigido contra los dos hermanos que hallaron la muerte y se dice que se trata de una venganza como resultado de un fallo de los Tribunales recaído en determinado sumario criminal o en un pleito. Este extremo no se puntualizaba bien anoche.

El conductor y los viajeros solo apuntaban la suposición de ese hondo resentimiento entre las dos victimas y sus matadores. La infeliz Pastora y lo mismo los heridos, eran en absoluto ajenos a todo ello.

Tal fué en lineas generales el luctuoso suceso de ayer que suscitó unánimes condenaciones. La Guardia civil y la Policia trabajan activamente para lograr detener a los delincuentes. En la Comisaria de Policía se hizo anoche una labor celosa de reconstitución de los hechos.



Documento n.º 3

Artigo publicado en La Voz de Galicia o 1 de xullo de 1936, p. 1:


Ayer siguió hablándose mucho de esta agresión sangrienta y audaz perpetrada a la luz del día y a presencia, por lo menos, de los veintitantos viajeros que iban en autobús camino de Laracha.

Sin embargo, los agresores lograran desaparecercomo ayer decíamos, y no se hizo aún ningún detención, que sepamos.

Conjurando en torno al bárbaro tentado, a sus orígenes y consecuencias, se acentuaba entre los comentaristas la creencia de que el triple crimen pudo tener por móvil una represalia una venganza.

Se recordaba que en la mañana del mismo día del suceso —el lunes— se había efectuado en la Audiencia territorial la vista de un proceso seguido por homicidio causado por imprudenca temeraria, contra José Freire Caamaño, uno de los dos hermanos que horas después caía muerto a balazos no lejos de la Granja Agrícola, en la nueva carretera de Arteijo, cuando iba en el auto “El Barquillero”.

El fiscal había pedido para Caamaño diez meses y un día de prisión menor y diez mil pesetas de imdennización, como autor de la muerte, por imprudencia, de José Mallo Martínez. Hubo además acusador particular.

El hecho ocurrió el día 4 de abril de 1934 en la misma carretera de Arteijo, con ocasión de ir conduciendo el José Freire un automóvil, el cual, al volcar en un viraje efecto de la mucha velocidad que dicen que llevaba, aprisionó al Mallo, que falleció a consecuencia de las lesiones recibidas.

Estaba Freire en libertad provisional y el lunes tornaba libre a su casa, juntamente con su hermano Francisco—muerto de un tiro también, en el citado coche— y acaso de algunas otras personas que como testigos o como curiosos habían asistido a la vista en la Audiencia.

¿Hállense o no en lo cierto quienes relacionan ambos sucesos—el prólogo y el epílogo, como si dijéramos—o nada tiene que ver el uno con el otro y fué la agresión completamente ajena a la sustanciación del proceso?

El Juzgado, la Guardia civil y la Policía, que siguen actuando celosamente, esclarecerán, sin duda, lo que hay en todo ello.

Ayer mañana les fué practicada la autopsia a las tres víctimas del trágico suceso: los dos hermanos y la anciana Pastora, que en el coche iba también como viajera.

A la diligencia asistió el juez del distrito de la Audiencia que entiende en el sumario, y que acedió a la petición de la familia de Pastora de que el cadáver de ésta fuese trasladado a su casa de Laracha. Allí recibirá sepultura (...)

___________________________________________


1 La Voz de Galicia, 28 de abril de 1931, páx. 1.

2 La Voz de Galicia5 de maio de 1933, páx. 5.

3 ARG, causa 51859-45.

4 El pueblo gallego, 22 de maio de 1935, páx. 9.

5 Manuel Blanco Rey (2008): Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil. El escenario y los personajes. Valoraciones de un período histórico controvertido, Tomo II, Autoedicción, Imprime: Tórculo, páx. 1221.

6 Ibídem, páx. 1219.



AGRARISMO E OBREIRISMO. ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA LARACHA ANTES DA GUERRA CIVIL (5ª PARTE E FIN)

   Por aqueles días, ao igual que acontecía en moitos municipios da xeografía galega, na Laracha continuaba a labor evidentemente activa de organización de agrupacións políticas e sociais do campo. En maio de 1936, soamente unhas semanas antes de que se producira o Golpe de Estado, o Goberno Civil da Coruña despachaba os regulamentos de tres novos sindicatos: o Sindicato Agrario y Oficios varios de Golmar, o Sindicato Marinero y Oficios varios de Caión (ambos os dous pertencentes á C.N.T.) e Sindicato Agrícola “La Progresiva” de Erboedo, regulamentos que serían aprobados no mes de xuño polo gobernador civil.

Selo do Sindicato Agrario y Profesiones  Varias de Golmar (Arquivo do Reino de Galicia)


Selo do Sindicato Agrícola "La Progresiva" de Erboedo (Arquivo do Reino de Galicia)


Selo do Sindicato Marinero y Oficios Varios de Caión (Arquivo do Reino de Galicia)

  Tamén queremos facer referencia ao “Sindicato Agrario y Oficios varios de Monteagudo”, pertencente a esta parroquia do concello veciño de Arteixo. Sabemos que a comisión organizadora deste sindicato estaba formada por persoas do municipio da Laracha que eran “integrantes del sindicato de Cabovilaño. A saber: Jesús Cambón, Pedro Varela, Eladio Becerra, José Esmorís (a) Abeleiras1”. O Gobernador Civil ía aprobar o seu regulamento en maio de 1936. Segundo o crego Manuel Blanco Rey, “la ideología de este sindicato era propia de la CNT y estaba influenciado tanto por el centro comarcal de Cabovilaño (Laracha) como por el de La Coruña. Su artículo 2º establecía que “tenía por objeto la defensa y progreso de los intereses agrarios”. El artículo 6º era un poco más revelador: “Este sindicato practicará la solidaridad con las demás sociedades obreras del campo y de la ciudad y prestará apoyo a la prensa que defienda los intereses de los campesinos pobres al margen de la política”. Artículo diez: “En el seno de esta Sociedad no se defenderán ideas políticas ni religiosas, pudiendo cada cual sustentar las que crea conveniente a sí mismo. Los fondos caso de disolución, pasarán a beneficio a los presos sociales”. El artículo más expresivo de su ideología era el veinticuatro: “La organización luchará con todo entusiasmo por los medios legales para que la tierra deje de ser propiedad privada y pase a ser propiedad común del pueblo que la trabaja, empezando por la supresión de las rentas y de que los árboles pasen a ser lo más pronto posible propiedad de los colonos considerándolos igual que los cereales (...)2”.

  Nese mes de xuño de 1936, co gallo de apoiar o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado como proxecto por unha asamblea de municipios galegos en decembro de 1932, no local de Izquierda Republicana da Laracha constitúese un Comité Local de Autonomía, xuntanza na que estiveron presentes os sindicatos do municipio e da que daba boa conta o xornal La Voz de Galicia:

LARACHA

En el local de Izquierda Republicana de este pueblo se reunieron los elementos dirigentes del Frente Popular y representaciones de las distintas fracciones políticas de izquierda y de las sociedades agrarias, ganaderas y de pescadores de este término municipal, con el fin de constituir el Comité local de Autonomía, eligiéndose por unanimidad a los siguientes señores:

Presidente, don Ramiro Suárez Moreno; vice, don Melchor Cacheiro Astray; secretario, don Alfonso Núñez García; vice, don Antonio Rodríguez Cambón, y vocales, don Benito López Fernández, don Antonio Antelo García, don Pedro Varela Villar, don Generoso Cambón Suárez, don Jenaro Pazos Ramilo, el presidente del Pósito de Pescadores de Cayón y el presidente del Sindicato Agrario de Soandres.

Se repartieron por todo el municipio más de cinco mil ejemplares del Estatuto gallego y por dicho comité se designaron a don Melchor Cacheiro Astray, don Alfonso Núñez García, don Antonio Rodríguez Cambón y don Pedro Varela Villar, para que por medio de mitines, conferencias y charlas extiendan la propaganda estatutaria en todas las parroquias y lugares de este municipio.

N.3

Ramiro Suárez Moreno coa súa muller Josefa Añón Vázquez. Ramiro, alcalde da Laracha entre 1931 e 1936, era o presidente do Comité local de Autonomía. Cando aconteceu o Golpe de Estado estaba en Madrid. Xa nunca máis regresaría á Laracha (Foto do libro Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil)

   Naquel momento, o galego Santiago Casares Quiroga era o presidente do Goberno da Segunda República. Galicia foi empapelada con carteis de Castelao, Isaac Díaz Pardo, etc., e finalmente o 28 de xuño celébrase o referendo do Estatuto que os electores galegos apoian por aplastante maioría. Semanas despois, o 15 de xullo de 1936, Gómez Román e Castelao entregábanlle ao Presidente das Cortes Españolas o texto do Estatuto aprobado en referendo para inicio dos trámites para a súa aprobación. Porén, o Estatuto de 1936 non chegaría a entrar en vigor4 por mor do Golpe de Estado producido o 18 de xullo que abriu o camiñá Guerra Civil española.

  Como é ben sabido, Galicia non tardou moito en ser controlada polo chamado ‘bando nacional’. ¿Cómo afectou este feito ás organización agrarias e sindicatos de oficiosA resposta é moi fácil: todas aquelas que estiveran vinculadas á esquerda ou á República, todas as ‘non católicas’, quedaron borradas do mapa. Non é de extrañar que a Federación Católica de Sindicatos Agrarios de Galicia colaborase activamente para abastecer de alimentos ás tropas as cidades da 'zona nacional'. Ao fío disto, en plena Guerra Civil o crego e escritor Manuel Silva Ferreiro publicaba o libro Galicia y el Movimiento Nacional no cal, con grandes alabanzas aos golpistas describe a situación sindical da época e como transcorreu en cada concello o Golpe de Estado. Deseguido transcribimos a súa descrición sobre o noso municipio.

LARACHA

Estado social. Sucesos de Julio.

Próxima esta comarca a la ciudad de la Coruña recibía, como Arteijo y otros pueblos limítrofes, las influencias sociales de la capital.

El elemento trabajador estaba organizado, y adherido por consiguiente a la C.N.T., que era la organización que allí predominaba.

Centro Comarcal de la C.N.T. en Laracha, era Cabo Vilaño, a donde acudían los sindicatos de Laracha, Lestón, Golmar, Cayón, Monteagudo y otras parroquias, en busca de dirección y orientaciones (1).

No eran desconocidas las huelgas para los sindicatos de la comarca, y aún a veces se permitían el lujo de condimentarlas con su poquito de revuelta, tumultos y explosivos.

Imitaban, como podían, a los de la ciudad, celebrando las fiestas de 1º de Mayo con manifestaciones y puños en alto.

Fervientes defensores del Sindicato, miraban con malos ojos a todos aquellos que se manifestaban contrarios a él. Por esto, los hermanos Freire fueron vilmente asesinados en la Granja (Laracha) a últimos de Junio de 1936 (2).

Por lo anteriormente expuesto, claramente se deduce que la agitación de Julio había de repercutir necesariamente en Laracha y sus contornos, en donde la revolución, de triunfar, habría de tener muchos defensores.

Desde luego, durante los días 19 y 20 se observa una paralización completa, que aprovechan los sindicatos para movilizar su gente y concentrarla en Laracha para, de allí, enviarla como refuerzo a los camaradas de La Coruña.

Ultiman los preparativos de la expedición en medio del mayor regocijo, cuando, de regreso a Carballo, llegó un coche cuyos ocupantes, escopeteros todos ellos, dijeron que no habían podido entrar en la Coruña, razón por la cual desistieron de sus intentos los de Laracha, y depusieron su actitud levantisca, no sin haber cometido antes algunas salvajadas, como la de haber colocado una bomba en la casa del Párroco de Monteagudo, D. Eduardo Mato Toja.5

_____________

(1) Dirigentes principales en Cabo-Vilaño eran: José Esmorís (a) “Abeleiras”; Rodríguez Cambón, dirigente “Intelectual”; Pedro Varela y “El Portugués”.

(2) El pueblo señala como asesinos a los de la lejía, traídos acaso por elementos de la comarca.

 _____________

   A partir de aquí, nun ambiente opresivo e sombrío, comenzaba a longa noite de pedra, donde todo, desde o teito ata os corazóns dos homes, estaba feito de pedra. Celso Emilio Ferreiro describe maxistralmente aqueles duros anos de represión cun poema que evoca unha profunda tristeza e unha loita interna en medio da escuridade.

O teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.6

   En 1942, tres anos despois do fin da Guerra Civilé aprobada a Lei de Cooperación, que sometía ás asociacións agrarias a un férreo control oficial. A tradicional denominación de Sindicato quedou suprimida pola súa resonancia izquierdista e foi sustituida pola de ‘Cooperativa del Campo’.

  Durante o franquismo, o sindicato único en España foi a Organización Sindical Española (OSE), tamén coñecida como Sindicato Vertical ou Central Nacional Sindicalista (CNS), que existiu dende 1940 ata 1977. Todos os traballadores e empresarios, que pasaron a ser coñedos como “productores” na terminoloxía franquista, estaban obrigados por lei a estar afiliados ao Sindicato Vertical, controladestritamente polo Estado co obxectivo de integrar ao mundo laboral baixo os principios dxime.

  Ao tempo que se establecía o Sindicato Vertical nos primeiros meses da posguerra, outras organizacións sindicais anteriores como a anarquista CNT e a socialista UGT foron proscritas e pasaron á clandestinidade, o que non foi impedimento para que estas organizacións clandestinas e outras posteriores como Comisiones Obreras (CC OO) ou a Unión Sindical Obrera (USO) se infiltraran no seu seo.

  Tras a morte de Franco e o comezo da Transición, o goberno de Adolfo Suárez decidiu a disolución do Sindicato Vertical, que naquel entón xa estaba moi afectado pola infiltración de diversas organizacións sindicais clandestinas. Non obstante, a antiga estrutura sindical mantívose e foi reconvertida na ‘Administración Institucional de Servicios Socioprofesionales’ (AISS), organismo que se fixo cargo do inmenso fondo documental e patrimonio inmobiliario que posuían os ‘Sindicatos verticales’.

  No referente a madeira, temática sobre a que publicaremos libro co Concello proximamente, durante a Segunda República a maioría dos traballadores deste sector estaban afiliados ao ‘Sindicato de cajonistas y aserradores’. Na Laracha, como vimos de comprobar, a parroquia de Cabovilaño foi un referente comarcal da defensa dos dereitos dos traballadores. Sobre este particular, Ramiro Bello Recouso, que traballou dende a súa adolescencia ata a súa xubilación no serradoiro de Paiosaco con seu pai e seus irmáns, recordaba que “na zona de San Román quedaron asentadas as raices das melloras laborais que acometera algún empresario daqueles tempos. Os traballadores dos aserraderos desa zona sempre estaban en regla. Eu nacín en 1952 e daquela non había as esixencias de andarlle encima aos traballadores como lles andan hoxe. Pero claro, no verán ¿ti sabes o que era parar ás seis da tarde? Eso para nós, para meus irmáns e para min, era impensable. Pero amiguiño, os aserraderos de San Román paraban a esa hora. Alí facían xornada de 8 horas, e estouche falando de hai moitos anos do Noso Señor, e nos outros lados traballábase 10 ou 12 horas. E eso soamente pasaba nese núcleo da Telleira, do Regado e por ai”.


_____________________________________________

1 Manuel Blanco Rey (2008): Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil. El escenario y los personajes. Valoraciones de un período histórico controvertido, Tomo I, Autoedicción, Imprime: Tórculo, páx. 229.

2 Ibídem, páx. 228.

3 La Voz de Galicia, 16 de xuño de 1936, páx. 10.

4 As Cortes Españolas ían aceptar a trámite o Estatuto de Autonomía o 1 de febreiro de 1938, sen que puidera chegar máis lonxe. Finalmente foi aprobado na reunión das Cortes da Segunda República Española no exilio en México en 1945.

5 Manuel Silva Ferreiro (1938): Galicia y el Movimiento Nacional. Páginas Históricas, Imprenta y enc. del Seminario Conciliar, Santiago de Compostela, pp. 186-187.

6 Celso Emilio Ferreiro (1979): Longa noite de pedra (terceira edición), Colección Pombal, Edicións Castrelos, Vigo, páx. 15.

Ningún comentario:

Publicar un comentario