Segundo
diversas fontes da Barreira e de Estramil, a chamada telleira 'dos de
Sada' fundárona
a finais dos anos corenta, ou principios dos cincuenta, dous socios
sadenses que
xa tiñan certa
experiencia no sector da cerámica no
municipio no
que
residían.
 |
Fotografía
do voo americano do ano 1956 do lugar da Barreira. O nº 1 corresponde á
telleira 'dos de Sada'; nº 2, telleira de Ferreira; nº 3, telleira de
Patiño; nº 4, telleira de Daniel 'O Xastre', e nº 5, telleira de Antonio
'Cachafeiro' (https://mapas.xunta.gal)
|
Un
dos socios era Florencio Brandariz Canle,
que era fillo de Andrés Brandaríz Doldán e de Josefa Canle
Lourido.
Este matrimonio vivía en Sadadarriba,
cerca
da igrexa de Santa María, nunha casa na que criaron aos seus dous
fillos, Eduardo e Florencio Brandariz Canle. Precisamente,
nesa
vivenda
pasaba os veráns
o
pintor Francisco
Lloréns (1874-1948)
e
a súa filla Eva,
que tamén pintaba. Era frecuente ver a
Lloréns
na praia
de Sada coa marea baixa
sentado na
súa cadeira de madeira pintando
as
paisaxes
mariñas
da
contorna.
Naquela
época aínda non existía ningún hotel nesta vila mariñeira e,
por
iso, había a
costume de alugar
habitacións
nos
domicilios das xentes de Sada.
Deste
xeito os forasteiros conseguían un aloxamento barato
e
os
propietarios obtiñan
diñeiro
extra. Florencio
Brandaríz, que naceu nesa casa en 1923, de seguro que pasou boa
parte dos veráns da súa adolescencia
entre
os pinceis do artista e
vendo
os esbozos nos que Lloréns deseñaba os
trazos esenciais das
obras
de arte alí
pintadas.
Na
fachada deste
edificio, coñecido como a casa de Pepa Canle,
o
Concello de
Sada colocou
unha
placa que recorda
a estancia de Lloréns
e
a súa
familia na
vila.
 |
Casa de Sada na que naceu Florencio Brandariz e na que veraneaba o pintor Francisco Lloréns
|
O
outro socio era Antonio
Andrade
Verdía,
nacido
en Sada en 1924 e amigo de Florencio dende a infancia. Antonio era un
dos dezaoito fillos do matrimonio formado por Manuel Andrade,
coñecido
polo alcume do “Parrulo”,
e Paulina Verdía, que
vivían coa súa numerosa prole
na
rúa República Arxentina. Polo que conta a súa neta Lina
no
espazo Memoria
de Sada,
Manuel fora
un dos mariñeiros que formara unha comisión para pedir o porto
pesqueiro para Sada, algo tan necesario naquela
época
e que daría tanta vida a este pobo e á súa xente. Antonio
foi medrando naqueles
tempos puxantes e difíciles, onde o que quería romper o corpo
traballando tiña onde facelo. Casou
con Carmen Temprano Prado, filla do señor José e da señora Pepita,
coa
que tería tres fillos.
José Temprano
era natural de Santa Cruz (Oleiros) e, xunto a seus irmáns Manuel e
Ignacio, estableceuse
en Sada, vila na que casaron os
tres
e na que cada un deles montou a súa propia telleira. Unha
das nosas fontes orais, o señor
Jesús Castro Vidal, nacido en Sada en 1927 e sogro do amigo
bergantiñán (de Ponteceso) José Mato, recorda que “a telleira de
José Temprano estaba nas Brañas, detrás do campo de fútbol da
Chaburra.”
Supoñemos
que sería
na telleira de José Temprano onde o
seu xenro
Antonio Andrade adquiriu os coñecementos necesarios da fabricación
da cerámica, un
Andrade que non
tardou en facer sociedade
co
seu amigo Florencio Brandariz.
Malia
as numerosas horas de investigación dedicadas a este particular, non
fomos
quen de desvelar
o
motivo polo que decidiron apostar pola Laracha (se
alguén o sabe que nolo comunique por favor), mais o caso é que unha
vez que foron
coñecedores da excelencia
bo
barro deste
concello,
os
dous socios alugaron
un terreo no
lugar da
Barreira, na
parroquia de Torás,
que lindaba coa telleira de Ferreira
e
alí
empezaron
a construír a súa fábrica nos
duros anos da posguerra.
O
veciño de Estramil Antonio
Fuentes Varela contounos
que “os de Sada deberon
vir no ano 1950. Eu
creo que eles, ou a familia dalgún dos dous,
xa tiñan telleiras aló nas
que
seguramente
traballarían
operarios de
Pontevedra. Tanto Florencio Brandariz
como Andrade eran homes que foran á escola. Naquela
hora estaban moito mellor preparados
que ninguén de aquí. Eles eran máis ben señores e
iso notábase a leguas. Na Barreira estaban
de aluguer. O terreo era dun tal Nogareda que era do lugar do Campo,
cerca
de
Vilasuso, e que estivera
en Cuba anos
antes.
Andrade
era un tipo moi intelixente e redactara
un contrato de aluguer por dez anos prorrogables. Os
dous socios e Nogareda
asinaran
un
acordo cunha
renda anual que creo que era de 2.000 pesetas.”
Andrade
e Brandariz
ían implantar na Laracha un xeito de traballar innovador, moi
diferente de como se facía no resto das
telleiras artesanais que existían no municipio naquela hora. Pódese dicir que os
alicerces do proceso industrial da zona asentáronse no seu negocio.
Despois
de solicitar e custear a oportuna liña, a
compañía
eléctrica (seguramente
Hidroelectrica Laracha) púxolles
alí
un transformador e
foron
os primeiros empresarios
da zona
en ter corrente. Ademais,
tamén
foron os
primeiros en montar uns raís para carrexar o barro nunha vagoneta.
Con
eles A Barreira e Estramil entraron
noutra dimensión, abofé!
No
marco do proceso de modernización, tamén ían cocer dun xeito
diferente a como se facía na contorna ata aquel momento nos fornos
cadrados, deseño maioritario na Laracha, ou nos de botella, chamados
así por analoxía da súa forma cilíndrica rematada en cheminea. Os
dous socios de Sada montaron nas súas instalacións un forno túnel
continuo, un modelo disposto en sentido horizontal e con maior
capacidade de cocción. Nos primeiros anos desta telleira chegaron a
traballar alí unhas quince ou vinte persoas de Estramil, da Barreira
e de Freón, entre elas algunha muller, caso de Maruja do Ferrador e
a súa irmá Julia.
Segundo
o testemuño de varias persoas da zona, parece ser que, despois de
certo tempo de poñer en marcha a empresa, Antonio Andrade e
Florencio Brandariz romperon a sociedade. A xente entrevistada
comentounos que ultimamente soamente vían na telleira a Florencio,
que naquela altura xa casara con Florentina
Parga Suárez, matrimonio do
que nacerían
tres fillos. De
Antonio Andrade sabemos que
anos despois da súa etapa
na Laracha foi secretario da Confraría de Pescadores de Sada e,
posteriormente, director do Instituto Social da Marina desta
localidade.
Antonio
Fuentes recorda que seu pai Antonio 'Cachafeiro' traballou durante
algún tempo con Florencio, cando Andrade xa pouco ou nada se vía
pola Barreira. “Meu pai traballaba con Florencio a cambio dun tanto
por cento da produción. Florencio facía vida aquí e vivía en
Paiosaco. Alí, no Bico do Campo, onde hoxe está o almacén dos
pensos, tiñan taberna o tío Manuel e a tía Aurelia. Era desas
tabernas das de antes, na que podías comprar un pouco de todo, e
tamén funcionaba como bar e como casa de comidas. Os domingos de
Feira alí comían os tratantes de gando, os feirantes, os telleiros…
Agora a feira acaba a unha ou ás dúas, pero naquel tempo acababa
pola noite. A tía Aurelia, a muller do tío Manuel, facía moi ben
a carne asada e os callos. Que recordos! Aquelas mesas… aquelas
bandexas de carne… aquelas xerras de viño… Pola semana Florencio
Brandariz comía e durmía alí. Tiña unha moto e algún día do fin
de semana ía a Sada a ver a súa familia”.
 |
A tía Aurelia do Bico do Campo saíndo pola porta da cociña (Foto do libro Paiosaco en imaxes: dos Corenta aos Setenta)
|
 |
| Marisa,
filla do tío Manuel e da tía Aurelia, saíndo do patio onde tiñan a
lixivia, a sosa, e os almacéns para sal, viño, etc ( Foto do libro Paiosaco en imaxes: dos Corenta aos Setenta |
Sobre
o ano 1960 Antonio Fuentes
Regueira 'Cachafeiro', que
naquel momento tamén era propietario dunha pequena telleira na
Barreira, xusto en fronte da taberna dos “Cuatro Vientos”,
comprou a industria dos dous
socios
de
Sada por 150.000 pesetas da época. O
seu fillo Antonio lembra que “cando meu pai comprou alí xa había
unha nave, que aínda era ben grande, construida con ladrillo
fabricado alí polos de Sada
e con
tellado de madeira con tella feita tamén
alí. Había
un forno que era bastante longo. Eu
daquela era
un home feito e dereito con 11 ou 12 anos (risas)
e quedábame cocendo toda a noite. Nesa época na de Ferreira, que
sempre me levei moi ben con el
e cos
fillos, xa
estaban
máis mecanizados e nós
dependiamos moito deles. Eu
pasaba toda a noite cocendo na nosa e os de Ferreira
xa tiñan cocedores a quendas
de
12 horas”.
 |
Imaxe
tomada nos anos 60-70 en Estramil na que vemos a Antonio Fuentes
Varela, fillo de Antonio 'Cachafeiro', con súa tía Aurelia (Cortesía de
Josito Fuentes)
|
Con
todo, 'Cachafeiro' tamén
tiña
maquinaria,
e
chegou un momento no que xa
non fabricaban
nada
á man, unicamente
un pouco ladrillo macizo que facía falta para a reparación do
forno,
que polo
que nos contou Antonio
Fuentes “tiña unha capacidade para cocer
40.000 ladrillos. Era
un forno túnel,
dous
túneles, tizabas
con
serrín e con casca
por arriba e
viña
en volta continua.
Cada
dez
días ou así faciamos unha fornada.”
'Cachafeiro' tivo máis dunha ducia de empregados traballando
con el nesta pequena industria,
entre
eles
Eladio
Sobrino Iglesias, un baixomiñoto do
lugar do Castro, parroquia de Salcidos (A Guarda)
que trouxera de Pontevedra o cuñado de Ferreira, Manuel Álvarez
Vicente, para traballar con el na Barreira, na telleira
que lle alugara 'Cachafeiro'
diante
da taberna dos “Cuatro Vientos”.
Alí
tamén traballaban homes
da zona con algunha experiencia no oficio e mozas da bisbarra que
tiñan a oportunidade de axudar na economía familiar co traballo
desempeñado na telleira da
que estamos a falar.
Algunhas daquelas mozas foron
Celia
do Canteiro, Chucha do Peiluco e súa
irmá Maruja, Fina de Aurelia, Oliva da Barreira, dúas curmás da
Perillona (Armentón)
que se chamaban Celia e Pilar, ou,
entre outras
Herminia e Clarisa, veciñas de Monteagudo.
 |
Eladio Sobrino Iglesias (Cortesía da súa sobriña Amparo Sobrino)
|
Sobre
o ano 1965 Antonio
'Cachafeiro' véndelle as instalacións
aos
irmáns
José e Manuel
Alonso, que tiñan un almacén de materiais de construción en
Carballo,
na
estrada de Santiago.
Co
cambio de propietarios,
o guardés Eladio
Sobrino Iglesias marchou
para Cambre,
a
traballar cuns de
Pontevedra que tiñan
telleira alí.
Antonio
Fuentes recordaba
con humor
que “este
Eladio vivía
con nós. Era
un home solteiro e
tivera
algún
problema
laboral
con meu pai, que incluso foi a Maxistratura de Traballo, pero
acabaron ben. Era moi traballador, moito, moito… todo o mundo lle
chamaba Noi”.
Antonio
Fuentes
tamén nos
contou
que “cando
os
Alonso
lle compraron
a meus pais eu quedei alí
unha temporada. O
trato
xa era que eu quedara con eles para ensinarlles
como se facía a mestura
de barro, o asunto da cocción e outros
traballos. O caso é que, claro, a
xente que sabía traballar e que valía xa estaba
na de
Ferreira e,
por iso os
Alonso tiveran que contratar
man de obra pouco especializada, do que ían encontrando por aí. Eu
tiña 16 anos e había
empregados que
pasaban dos
40. Xa
podes imaxinar como era o conto…
se na hora de comer había que reparar unha máquina para poder
traballar despois de xantar,
pois eu quedábame como facía con meu pai. Pero
aquí a ignorancia era a que era. Non
me tragaban. Dicían
que
era un “pelotas” e
que
a telleira agora non era
nosa. Claro que non era nosa, pero eu quería que funcionara polo ben de todos.
Aburrinme
e marchei.”
 |
Panorámica das instalacións nos anos 60-70 (Arquivo do Reino de Galicia)
|
Os
irmáns
Alonso ían reformar a nave con muros de bloque e tellado de uralita.
Rematada a obra algúns dos albaneis quedaron alí de empregados. Cos
Alonso
a man de obra feminina foi máis ben escasa. As mulleres que
traballaran con 'Cachafeiro' gañaban agora
o pan na de Ferreira ou mesmo en Cerámica
Campo.
Transcorrido
certo tempo,
José Alonso íase
quedar
coa industria da Barreira e seu irmán Manuel continou co almacén de
materiais de construcción de Carballo. O veciño de Estramil Pepe
López Caamaño, 'O Labrador', recorda que “cando José
Alonso lle
comprou a parte
da
telleira a
seu irmán Manuel empezou
a meter aí maquinaria. Tiña
unha paleadora, unha de oruga. Con
José traballou Chucho 'O Pistón' e, entre outros, Che de Rabuñal”.
Naquela
altura a
competencia con Cerámica Campo e con Cerámica “La Perfección”,
as fábricas de Epifanio e de Ferreira, era moi
grande. Competir
con eles non era tarefa doada e
a
produción foi
minguando
ata
que,
finalmente,
a mediados dos anos 70
José
Alonso decidiu
poñer
o
punto e final da
actividade.
As
instalacións ían permanecer abandonadas durante algo máis de dúas
décadas, ata que a
empresa madereira “Añón y Esmorís S.L”, que
se dedica á venda de produtos serrados e a preparación industrial
da madeira,
lle
comprou
a fábrica á viúva
de José Alonso
e ao seu fillo José Antonio 'Josecho', o empresario carballés
propietario, xunto a súa familia, do Grupo San Juan.
Nunha
fría mañán de febreiro de 2024
visitamos as instalacións para charlar
con José Esmorís, larachés natural de Vilaño que nos recordaba
que “eu montei sociedade con meu cuñado Francisco Añón, que era
o que tiña a parrillada da Pedra do Sal, en
Baldaio
(negocio
que agora leva o fillo).
Nós empezamos
aquí fará vinte anos, ou se cadra algún
máis. Cando viñemos estaba todo abandonado e ata
había
salgueiros medrando no interior da nave.
Aínda
se
podían ver restos
da actividade anterior. Desa
época hoxe
soamente
quedan un
par de entradas nun dos muros, que eu
penso que eran do
forno. Nós
comprámoslle a nave e
a parcela
a Josecho Alonso, que daquela era taxista e despois creou
un pequeno imperio,
pero
quen firmara
a venda fora
súa nai. E
aquí
seguimos
dende
aquela”.
 |
Imaxe dunha das entradas das que nos fixo referencia José Esmorís
|
Antonio
Andrade e Florencio Brandariz nos 50; Antonio Fuentes 'Cachafeiro'
nos 60; os irmáns José e Manuel Alonso, nos 60-70; e Francisco
Añón e José Esmorís no século XXI son os principais
protagonistas desta
historia de barro e madeira sobre
“a telleira dos de Sada”, que
é como os maiores da Barreira e de Estramil seguen chamando, despois
de tanto tempo, a estas instalacións que
xa superan os 70 anos de vida.
 |
Panorámica actual das instalacións
|
____________