xoves, 7 de marzo de 2024

A PARROQUIA DE ERBOEDO NAS "MEMORIAS" DO CARDEAL JERÓNIMO DEL HOYO (1603-1620)

  Jerónimo del Hoyo foi un relixioso español nacido en Aguilafuente, provincia de Segovia, que en 1595 solicitou unha bolsa para entrar no Colexio de Santa María de Jesús de Sevilla.

  O clérigo chega uns anos máis tarde a Galicia onde, como cóengo cardeal da catedral de Santiago, realiza unha visita pastoral entre 1603 e 1620 pola arquidiocese de Compostela en nome do arcebispo Maximiliano de Austria.

  Durante esos tres lustros levou a cabo unha descrición das parroquias, vilas, cidades, hospitais e fortalezas, que deixou recollida nun extensísimo manuscrito conservado no Arquivo Diocesano de Santiago de Compostela.

  Ese manuscrito vén sendo o volume Memorias del Arzobispado de Santiago, no cal tamén figuran as parroquias da Laracha. Deseguido transcribimos o que Jerónimo del Hoyo conta neste tesouriño sobre Erboedo.

 

SANTA MARIA DE ERBOEDO

Tiene esta feligresía treinta y cinco feligreses; los fructos se acen seis partes: la una llieva el retor y las dos y media doña Costança de las Mariñas y su ermana y las otras dos y media las doncellas que mandó casar Juana Dias de Lemos. Vale la parte del retor catorce cargas de pan. Presentación de don Diego de las Mariñas y doña Costança de las Mariñas por mitad. La fábrica tiene de renta once ferrados de trigo de ciertas eredades, más dos ferrados de ciertas premicias de la parte de doña María Pimentel (fol.240, v.) viuda que se las donó; pasó la donación ante Juan Darrivas, escrivano. 


Igrexa de Erboedo

Ningún comentario:

Publicar un comentario