xoves, 4 de xuño de 2026

A PARROQUIA DE SOANDRES NO DICIONARIO DE PASCUAL MADOZ (1845-1850)

  Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha magna obra publicada por Pascual Madoz entre 1845 e 1850. Composta por dezaseis volumes, describe todas as poboacións de España, así como termos da historia española. Supuxo na época unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, que Sebastián Miñano acabara de publicar en 1829 e do cal falamos a semana pasada nestas Crónicas da Laracha.

  As cifras de poboación ofrecidas por este dicionario están baseadas no censo da matrícula catastral de 1842, moi criticado por inexacto e tender á baixa xa que, ao parecer, os concellos ocultaban riqueza e poboación para esquivar impostos e diminuír o recrutamento militar obrigatorio.

  O Diccionario de Madoz é unha moi importante referencia para as consultas de investigadores e historiadores xa que, entre outros datos, contén interesante información sobre ruínas, industria e un longo etcétera.

  Con referencia a Soandres, Pascual Madoz fai mención da antiga xurisdición e da parroquia. Sobre o primeiro apartado comenta o seguinte:

SOANDRES: jurisdicción en la antigua provincia de la Coruña, compuesta de las feligresías de Soandres y Sorrizo, cuyo juez ordinario era nombrado por el monasterio de San Martín de Santiago, orden de San Benito. 

  E sobre a parroquia ofrece a seguinte información, iso si, con abundantes erros na transcrición dos nomes dos lugares, moitos deles pertencentes a actual parroquia de Golmar:

SOANDRES (SAN PEDRO DE): Feligresía en la provincia de la Coruña (3 leguas), diócesis de Santiago (6 ½ ), partido judicial de Carballo (2 ½ ) y ayuntamiento de Laracha (1).

SITUADA entre montañas.

CLIMA benigno y bastante sano.

Comprende los lugares o aldeas de Abeleira, Abruñedo, Ancean, Armada, Bantiñan, Boimir, Borreiros, Bouza da Coba, Bueija, Calbela, Campo, Compañeiro, Condemio, Condes, Corbeira, Corgo de Abajo, Corgo de Arriba, Corgo de Medio, Corugeira, Corugido, Currelos de Abajo, Currelos de Arriba, Currelos do Medio, Curros, Filgueiros, Fragoso, Galan, Golmar de Cabo, Golmar do Medio, Groba, Guillamires, Insoaba, Lamas, Loureiro, Loureiro de Borreiros, Manulle, Medado, Millerada, Niño de Azor, Orraca, Paradela, Pazo, Pedra, Priorato, Ramayal, Reberinte, Reboltiña, Rocha, Saamin, Saldante, Salgueiras, San Cristóbal, San Pantayón, Santa Baya, Senra, Silboso, Taboas, Talladas, Tapia, Trigezo y Vilariño, que reunen 324 CASAS, varias fuentes de agua potable y una iglesia parroquial (San Pedro) con curato de entrada y patronato real y eclesiástico. 

Panorámica actual do lugar de Mantiñan, que no dicionario de Madoz aparece como "Bantiñan"

El TÉRMINO confina al N. con el de Sta Maria de Herboedo; E., San Andrés de Meirama; S., Montemayor y falda de la montaña; y O. San Julian de Coeiro.

El TERRENO es de mediana calidad y lo bañan diversos arroyos que dan principio al río Allones.

Los CAMINOS locales y malos y el CORREO se recibe de la capital del partido.

PRODUCCIÓN: maiz, algun trigo, legumbres y otros frutos menores; cria ganado; hay caza y pesca, molinos harineros telares y algunos artesanos de primera necesidad.

POBLACIÓN: 324 vecinos, 4.682 almas.1

CONTRIBUYE con su ayuntamiento.

_____________________________________________

1 Cando Madoz menciona o número de “vecinos” refírese a familias e, cando fala de “almas”, refírese aos habitantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario