mércores, 29 de abril de 2026

UN PASEO POLO ONTE E HOXE DE PAIOSACO

Nas Crónicas da Laracha desta semana facemos unha viaxe no tempo, unha viaxe na que podemos ver varios puntos de Paiosaco no pasado e no presente.

As imaxes antigas, verdadeiros tesouriños etnográficos, aparecen todas no libro Paiosaco en imaxes. Dos corenta aos setenta, un traballo da autoría de Manuel Pazos Crespo (‘Lolo do Coque’) e Manuel Rodríguez López (‘Manolo de Queitano’) que foi editado polo Concello da Laracha en xuño de 2011. 

O pé de foto que acompañamos en cada imaxe antiga é, precisamente, o mesmo que aparece no devandito libro.

O noso agradacemento a Lolo do Estanco, Chico de Carmiña e á señora Carme de Morales, que nos axudaron a situar o lugar aproximado no que foron tomadas varias das fotografías antigas.

Antes de que nos tirades das orellas😜recordade que a situación da fotografía actual é, ollo, un punto aproximado do lugar no que foi sacada a antiga. Aí van os tesouriños:

Ano 1969. Trolebús modelo BUT-AEC-Leyland-Q1 (liña Coruña-Carballo), na Feira de Peisaco. Foto H. Taylor, coa autorización de Xan Fraga, autor do libro A Coruña-Sada-Carballo, 1903-1979 Tranvías e Trolebuses  


_____________________________________________________

Anos 60. Cruce de dous modelos de trolebuses na Feira de Peisaco. Foto H. Taylor coa autorización de Xan Fraga, autor do libro A Coruña-Sada-Carballo, 1903-1979 Tranvías e Trolebuses


______________________________________________________

A Feira ¿1970? Foto cedida por Estudio Arte Fotografía da Coruña


_____________________________________________________

A Feira. ¿1970? Foto cedida por Estudio Arte Fotografía da Coruña


_____________________________________________________

Ano 1954. Pilara da Vilela e Maruja do Rei. Ó fondo a casa de Carmiña de Ramiro e o Cuartel vello

____________________________________________________


Ano 1964. Na carretera, diante do estanco. Amparo dos Camallóns e Consuelo da Fraga con Jorge de Carme de Morales e con Chona do Monte. Ó fondo, a casa nova de Otilia e Manolo e máis o salón de Peisaco

______________________________________________________

24 de xaneiro de 1954. Maruja do Rei. Ó fondo a casa de Luciano de Ramón e a encrucillada da carretera da Medoña

____________________________________________________

Ano 1953. Pura de Estevo, irmá de Maruja de Che de Otero, e Pepe de Otero. Ó fondo, á esquerda, o Cuartel vello.

______________________________________________________


26 de decembro de 1957. Pina de Maruja do Rulo, Carmiña de Sinda, Julio de Liso e Sinda de Genaro. Detrás Lolo de Graíño. Ó fondo o Cuartel vello e Peisaco de Baixo

Ningún comentario:

Publicar un comentario