venres, 24 de abril de 2026

O CEMITERIO DE RESIDUOS RADIOACTIVOS QUE ESTIVO A PIQUES DE INSTALARSE EN MONTEMAIOR EN 1973

  Un cemiterio de residuos radioactivos estivo a piques de ser instalado en 1973 na Serra de Montemaior, moi cerca do lugar da Casavella.

A Casavella vista dende A Carballa Redonda (Xabier Maceiras)

A Casavella, parroquia de Montemaior (Xabier Maceiras)

Camiño que nos leva ao lugar da Casavella (Xabier Maceiras)

  A operación, patrocinada por unha compañía holandesa e que se pretendía levar a cabo a espaldas das autoridades españolas, de aquela España dos últimos anos de Franco, consistía no depósito dunha partida de 3.500 bidóns de residuos nun lugar coñecido co nome de O Roupillón. 

  A propiedade en cuestión está actualmente plantada de eucaliptos e parece ser que existiu sobre ela unha opción de compra do Ministerio de Defensa, co propósito de que pasara a formar parte dos terreos da cidade militar da Laracha, proxecto sobre o que prometemos falar no futuro neste espazo.

Zona do Roupillón ou Rompellón na que estivo a piques de instalarse un cemiterio de residuos radioactivos (https://www1.sedecatastro.gob.es/)

A parte dereita da imaxe era o lugar escollido para o cemiterio radioactivo ( https://mapas.xunta.gal/visores/basico/)

  O produto radioactivo en cuestión víñase depositando ata aquel entón na antiga Alemaña Federal, pero en 1970 o Goberno teutón decidiu prohibir o soterramento do material a causa da súa perigosidade.

Todo empezó cuando las autoridades de la República Federal Alemana deciden rescindir un contrato que tenían establecido con la firma holandesa ‘Du Pont de Nemours’, para el depósito de vertidos químicos y radioactivos en la localidad germana de Uelsen, cerca de Münster, al norte del país. Corría el año de 19701”.

  Así o contaba Carlos Luis Rodríguez nun artigo publicado en La Voz de Galicia o 6 de setembro de 1982, artigo grazas ao cal soubemos desta historia que rescatamos nas Crónicas da Laracha desta semana.

La Voz de Galicia, 6 de setembro de 1982

  Logo das oportunas prohibicións das autoridades alemás, e se cadra sen pensar aínda na posibilidade da Fosa Atlántica (da que falaremos máis adiante), a empresa ‘Du Pont’ comeza entón a busca de novos terreos para desprenderse dos seus residuos. Descartados os países da súa contorna, ´Du Pont’, ao igual que outras compañías do ramo, lanza os seus observadores cara as nacións do chamado Terceiro Mundo, onde a escasa información en torno á perigosidade dos residuos, unida á fráxil moralidade dos seus mandatarios, facía máis doada a tarefa.

  Mais, segundo nos conta Carlos Luis Rodríguez no seu artigo, o que ignoraban os holandeses era que na súa mesma empresa traballaba José B., un emigrante de Montemaior que lles ía axudar a resolver o problema. Enterado dos propósitos da empresa, José parece ser que fai de intermediario para conseguir un terreo axeitado, xa que el coñece a varios veciños da zona dispostos a vender terras.

Vistas dende o coto da Casavella (Xabier Maceiras)

Vistas dende o coto da Casavella coa Pedra da Cabra no centro da imaxe (Xabier Maceiras)

Por parte de la compañía, será un tal Peter Prins quien tome las riendas del asunto.

José B., en una de sus visitas al terruño natal, toma contacto con el propietario de un coto situado en la ladera de la llamada Serra de Montemaior. La hondanada se denominada O Roupillón, y es una superficie “a monte” de 200 ferrados de extensión, sito en el Ayuntamiento de Laracha y perteneciente a la parroquia de Montemaior.

José B. se pone en contacto con Prins. Este hace sus averiguaciones y llega a la conclusión de que O Roupillón sirve como depósito de vertidos. El lugar es discreto, está bien comunicado, relativamente cerca del puerto que se piensa utilizar para la descarga (La Coruña), y lejano a los nudos de comunicación. El placet de Prins se cursa a mediados de 1972.

Pero ¿cómo trasladar los bidones desde el puerto coruñés? La operación, como mucho, podía contar con la vista gorda aduanera o con la poca escrupolosidad de los portuarios al dar el visto bueno a la declaración de carga. En cualquier caso, la ‘Du Pont’ precisaba de un testaferro que le cubriera las espaldas. El mismo José B. cumpliría este papel2”.

  No seu artigo Carlos Luis Rodríguez tamén describe como se efectuaría o transporte do material radioativo: a carga de bidóns, 3.500 nunha primeira remesa, chegaría á Coruña nun cargueiro fretado pola compañía. No porto herculino efectuaríase unha declaración de carga de residuos de aceite. E logo, José B., provisto da correspondente licenza de importación, adquiría os bidóns, correndo tamén pola súa conta o transporte ata os terreos do Roupillón. O importante era que, unha vez desembarcado o material no peirao e adquirido polo “importador”, cesaba a responsabilidade de ‘Du Pont’. Parece ser que a idea era que os restos radioactivos foran depositados a un metro de profundidade, sen enterramento.

Camiño da zona do Roupillón (Xabier Maceiras)

Camiño da zona do Roupillón (Xabier Maceiras)

Los holandeses, ni en el contrato escrito para los vertidos efectuados en Uelsen, ni en su relación con José B., reconocen la naturaleza del transporte. Es más, en el contrato con los germanos hay una aparente contradicción de fórmulas químicas. En una parte se hace mención a “resinas de fluorocarbón”, mientras que en otra se transcribe la composición de una serie de óxidos residuales absolutamente inofensivos. Los químicos consultados aseguran que ni las resinas ni los óxidos entrañan peligrosidad, ni requieren un depósito tan cuidadoso. Las resinas, en concreto, suelen ser quemadas.

Sin embargo, ‘Du Pont de Nemours’ especifica en las condiciones para el traslado y almacenamiento del producto una serie de estrictas medidas de seguridad.

Se dice que el material debe ser recogido “en camiones o trailers convenientes para este fin, y no están permitidos camiones o trailers con cama-habitación abierta”. En otro punto se exige que los operarios que manipulen el transporte se provean de guantes y trajes especiales. “Du Pon tendrá el derecho de vigilar las operaciones de su emplazamiento en cualquier época”, se dice, más adelante, en el documento. Indica también que “el emplazamiento subterráneo no se hará cerca de depósitos o pozos de agua potable”.

Lo curioso del caso es que semejantes medidas cautelares no eran exigidas para el transporte y depósito de residuos en Galicia. Según la modalidad que se pensaba emplear -una aparente operación importadora- la compañía quedaba liberada de las responsabilidades de vigilancia y supervisión que se exigían en el contrato establecido para el almacenamiento de los bidones en Alemania. Responsabilidades que no impidieron que las autoridades germanas pusiesen fin a las deposiciones. Es decir: aunque el contenido de los bidones no fuese radiactivo, los holandeses pretendían abandonarlo en Laracha sin adoptar las mismas medidas que en Uelsen.

Pero volvamos a nuestro relato. José B. ultima en los primeros meses de 1973 la compra del coto O Roupillón. El propietario, antes de estampar su firma, consulta con sus abogados. Es aquí donde se frustra la operación. Los abogados consultados son José Luis Rodríguez Pardo y Manuel Murillo que, intrigados por algunos extremos del asunto, deciden recabar más información.

Nuestro cliente -señala Rodríguez Pardo- nos dijo que pensaba comprarle el coto para enterrar allí algún bidón; con la identidad del comprador surgió la relación con Holanda, y después, con la compañía ‘Du Pont de Nemeurs’ 3”.

  Nun primeiro momento, os avogados coruñeses intentan descubrir o contido exacto cos alemáns. As sospeitas que xorden ao decatarse das condicións de traslado aumentan, cando se sabe que varios países occidentais andaban por aquel tempo á procura de cemiterios atómicos.

  En consecuencia, Rodríguez Pardo e Murillo avisan ao intermediario de ‘Du Pont’ que pensan poñer en coñecemento dos Ministerios de Comercio e Industria os distintos extremos da operación.

  Santo remedio. Os neerlandeses dan marcha atrás, arquivan o caso, e xa cando o negocio está definitivamente roto, intentan -sen éxito- recuperar a documentación que obraba en poder dos dous avogados coruñeses e que ía axudar a elaborar a información publicada por Carlos Luis Rodríguez na edición do 6 de setembro de 1982 do xornal La Voz de Galicia.

  O caso do cemiterio radioactivo de Montemaior, frustrado como se ve por unha serie de circunstancias azarosas, abría unha aterradora sospeita: ¿En cantos países do Terceiro Mundo se intentaría facer algo semellante? ¿Cantos países que foron, antes da súa independencia, colonias de Estados occidentais albergarán no seu solo depósitos idénticos aos que pretendían deixar na Serra de Montemaior? ¿Pode asegurarse que noutros puntos de Galicia outra ‘Du Pont’ non repetira a operación?

Panorámica actual da zona do Roupillón (Xabier Maceiras)

Panorámica actual da zona do Roupillón (Xabier Maceiras)

Queda también sin respuesta una de las preguntas que han surgido con más fuerza durante la polémica sobre los vertidos radiactivos en la fosa atlántica, tan simple en su formulación como profunda en sus consecuencias: si todos estos desechos químicos y atómicos son inofensivos ¿a qué viene el interés de depositarlos lo más lejos posible del país que los produce?

Afortunadamente, el bello paraje de Montemaior no ha visto alterada su fertilidad ni el futuro de sus gentes con un depósito de residuos. Pero la lección debe de quedar aprendida: los holandeses no sólo exportan tulipanes4”. 

Camiño da zona do Roupillón (Xabier Maceiras)

   Ao fío da pincelada que nos deixa na parte final da reportaxe Carlos Luis Rodríguez sobre a Fosa Atlántica, hai que lembrar que xusto un ano antes de publicarse o seu artigo en La Voz de Galicia acontecera a histórica protesta do ‘Xurelo’, que foi un barco de pesca que participou en 1981 contra a instalación dun vertedoiro de residuos radioactivos nas costas de Galicia.

  Segundo denunciara a organización ecoloxista Greenpeace, diversos países europeos (Alemaña, Bélxica, Países Baixos) estaban a aproveitar a Fosa Atlántica, un espazo de gran profundidade situado a unhas 300 millas ao oeste da costa atlántica europea, para depositar residuos radioactivos procedentes das súas centrais nucleares. Eses residuos estarían guindándose ao mar en bidóns de 200 litros de capacidade.

  Greenpeace quixo facer unha acción de protesta contra ese feito e, mentres tentaba facer unha expedición co seu buque ‘Sirius’, púxose en contacto con xente en Galicia e decídese organizar unha expedición ao lugar.

  O 15 de setembro de 1981 o ‘Xurelo’ sae do porto de Ribeira con destino a unha área entre 250 e 350 millas ao noroeste de Fisterra, fóra das augas xurisdicionais españolas. Viaxan nel 14 persoas entre tripulación (o patrón, Ánxel Vila, de Aguiño, un mariñeiro, o cociñeiro e o operario de máquinas -Amador, Juan e Ciprián-) e manifestantes: os políticos Francisco García Fernández (concelleiro en Vigo), Gonzalo Vázquez Pozo (concelleiro na Coruña) e Manuel Méndez Fraguas (concelleiro en Moaña); varios xornalistas e fotógrafos como Manuel Rivas, Xurxo Lobato, Gallego, Xosé Castro e Xesús Naya; e ecoloxistas: os agora profesores de universidade Enrique Álvarez pola Sociedade Galega de Historia Natural e Roxelio Pérez Moreira, do Colectivo Natureza.

Os catorce tripulantes da expedición do 'Xurelo' en 1981 (Foto de Xosé Castro, Pepucho)

  Na Fosa deberían atoparse co ‘Sirius’, pero por mor dunha avaría o buque de Greenpeace non pode saír do porto de Plymouth.

  O 17 de setembro de 1981 o ‘Xurelo’ avista dous buques neerlandeses, o ‘Louise Smith’ e o ‘Kirsten Smits’, guindando bidóns pola borda, escoltados por unha fragata da armada dese país. A pesar de que non poden impedir os vertidos, conseguen facer fotografías que son repartidas aos medios de comunicación á súa chegada ao porto de Ribeira o 23 de setembro.

  En outubro de 1982, poucos días despois de que se publicara o artigo sobre Montemaior, xusto cando xa se estaba a negociar a prohibición dos vertidos, o ‘Xurelo’ regresou á Fosa Atlántica acompañado de dous barcos pesqueiros máis, fretados polos concellos de Vigo e da Coruña (o ‘Pleamar’ e o ‘Arosa I’, respectivamente), ademais de polo ‘Sirius’ de Greenpeace. Os buques contaminantes eran os tamén neerlandeses ‘Rijnborg’, o ‘Scheldeborg’, o ‘Marijke Smits’ e máis o británico ‘Gem’. Entre uns e outros dificultaron as actuacións e mesmo chegaron a abordar os buques, co que parte das tripulacións foron detidas.

  En febreiro de 1983 aprobouse unha moratoria de vertidos, que quedaron definitivamente prohibidos en 1993 polo Convenio de Londres. Calcúlase que na Fosa Atlántica están depositadas máis de 140.000 toneladas de residuos radioactivos, a 4.000 m de profundidade, contidos nuns 220.000 bidóns que se localizan a uns 600-700 quilómetros da costa galega. O material radioactivo permanece nas profundidades oceánicas, con achados recentes que mostran corrosión e fugas en algúns bidóns.

________________________________________

1 Vid. Carlos Luis Rodríguez (1982): “Una compañía holandesa quiso depositar residuos radioactivos a 38 kilómetros de La Coruña”, La Voz de Galicia, 6 de setembro de 1982, páx. 48.

2 Ibidem.

3 Ibidem.

4 Ibidem.

Ningún comentario:

Publicar un comentario