xoves, 6 de agosto de 2026

O CORREO POSTAL DE SOUTULLO EN 1924

 Vivimos tempos do correo electrónico, de Whats Apps... pero nas Crónicas da Laracha desta semana falamos de cartas, das que se escribían de puño e letra e que, durante moitos anos, foron a única maneira de comunicarse na distancia.

A cabalo, en dilixencia, en tren, en bicicleta e agora en moto ou coche. Así chegaron as cartas aos seus destinatarios, ao largo da Historia, a través do correo.

O servizo oficial de Correos en España comezou a tomar forma no reinado de Carlos III, no século XVIII, cando se organizou a administración das estafetas e se elaborou un informe sobre a mellora das rutas postais que daría pé á edición do Itinerario real de las carreras de postas e dos primeiros mapas de postas.

As carreiras de postas partían de Madrid e estendíanse, de forma radial, por toda a xeografía estatal. Nestos traxectos, había establecementos con paradas cada 15 ou 20 quilómetros, onde se cambiaba a cabalería, tanto para o transporte do correo como de persoas.

A comezos do XIX, a mellora dos camiños impulsou que as cartas empezaran a viaxar en carruaxes que se chamaban “correos”.

Carruaxe destinada ao transporte de despachos e correo en 1840

Posteriormente, a chegada do ferrocarril supuxo a desaparición das dilixencias e o nacemento do tren correo, que incluía vagóns con unha administración ambulante e tamén con pasaxeiros1.

Ao largo do século XX, Correos sufriría moitas transformacións, a maioría chegadas da man dos importantes cambios tecnolóxicos que ían aconteciendo. En 1905 nacería o correo urxente e en 1911 o xiro postal; os envíos contra reembolso e os paquetes postais chegarían en 1916 e tres anos máis tarde, en 1919, crearíase o Servizo Aeropostal de España.

Foto antiga de carteiro rural

Mais, con todo, tiveron que pasar moitos anos para que a cidadanía que vivía lonxe das capitais municipais recibiran o correo con certa frecuencia. Exemplo disto é un artigo do ano 1924 no que un veciño de Soutullo expresaba as súas queixas sobre o mal funcionamento do correo daquel tempo. O artigo di así:

El servicio de Correos

Recibimos de Soutullo (Laracha) una bien razonada carta en que se reclama contra el mal servicio de Correos de aquella aldea.

“En la aldea en que vivo -dice nuestro comunicante- donde desde luego no hay un mal camino vecinal, sinó la típica “corredoira”, recibimos el correo solamente tres veces a la semana; nos lo trae, desde la cartería establecida en la capitalidad del municipio, una mujer que particularmente se ofrece a hacer este servicio por un ferrado de trigo o maíz al año y además diez céntimos por cada carta. Este ajuste es para los que tienen periódicos; los que no han de pagar por cada carta un real y, hasta dos reales, e ir a la cartería a recoger los certificados, pues estos rara vez los llevan a domicilio. Del giro postal tan imprescindible, no hay que hablar; para cinco pesetas que nos giren o tengamos que girar nosotros, hay que hacer un viajecito a la Coruña. 

A Xesta (Soutullo)

¿No es una vergüenza que a las puertas de la capital no se pueda disfrutar del servicio de correos? ¿Por qué no se establecen carteros-peatones en el número necesario para que el servicio sea regular y diario? ¿Es justo que después de no tener correo diario paguemos por las cartas tanto como cuesta el franquearlas y por los periódicos poco menos que el importe de la suscripción?”

Nos parece justa y atendible la petición copiada, y la trasladamos al celoso administrador de Correos de la provincia señor Lorenzo2.

O servizo de Correos aínda tardaría anos en atender demandas como as que solicitaba o veciño de Soutullo.

En 1946 creouse o Servizo Filatélico, en 1962 estableceríanse os primeiros buzóns domiciliarios, e en 1981 foron implantados o Código Postal e servizos como o Postal Exprés. As primeiras mulleres empezarían a acceder a postos de carteiras urbanas en 1979. Froito dos recentes avances tecnolóxicos co desenvolvemento da loxística, a informática e a chegada de Internet, Correos terminou de informatizar as súas oficinas postais en 1990, en 1993 abandonou o seu sistema de transporte por ferrocarril e en 1998 estreou a súa primeira páxina web oficial.

¿Canto tempo hai que non enviades unha carta?

__________________________________________

1 Sabela Corbelle (2025): A caballo: así se enviaba el correo siglos antes del email”, El Progreso de Lugo, 20 de febreiro.

2 El Orzán, 9 de maio de 1924, páx. 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario