Por aqueles días, ao igual que acontecía en moitos municipios da xeografía galega, na Laracha continuaba a labor evidentemente activa de organización de agrupacións políticas e sociais do campo. En maio de 1936, soamente unhas semanas antes de que se producira o Golpe de Estado, o Goberno Civil da Coruña despachaba os regulamentos de tres novos sindicatos: o Sindicato Agrario y Oficios varios de Golmar, o Sindicato Marinero y Oficios varios de Caión (ambos os dous pertencentes á C.N.T.) e o Sindicato Agrícola “La Progresiva” de Erboedo, regulamentos que serían aprobados no mes de xuño polo gobernador civil.

Selo do Sindicato Agrario y Profesiones Varias de Golmar (Arquivo do Reino de Galicia) 
Selo do Sindicato Agrícola "La Progresiva" de Erboedo (Arquivo do Reino de Galicia) 
Selo do Sindicato Marinero y Oficios Varios de Caión (Arquivo do Reino de Galicia)
Tamén queremos facer referencia ao “Sindicato Agrario y Oficios varios de Monteagudo”, pertencente a esta parroquia do concello veciño de Arteixo. Sabemos que a comisión organizadora deste sindicato estaba formada por persoas do municipio da Laracha que eran “integrantes del sindicato de Cabovilaño. A saber: Jesús Cambón, Pedro Varela, Eladio Becerra, José Esmorís (a) Abeleiras1”. O Gobernador Civil ía aprobar o seu regulamento en maio de 1936. Segundo o crego Manuel Blanco Rey, “la ideología de este sindicato era propia de la CNT y estaba influenciado tanto por el centro comarcal de Cabovilaño (Laracha) como por el de La Coruña. Su artículo 2º establecía que “tenía por objeto la defensa y progreso de los intereses agrarios”. El artículo 6º era un poco más revelador: “Este sindicato practicará la solidaridad con las demás sociedades obreras del campo y de la ciudad y prestará apoyo a la prensa que defienda los intereses de los campesinos pobres al margen de la política”. Artículo diez: “En el seno de esta Sociedad no se defenderán ideas políticas ni religiosas, pudiendo cada cual sustentar las que crea conveniente a sí mismo. Los fondos caso de disolución, pasarán a beneficio a los presos sociales”. El artículo más expresivo de su ideología era el veinticuatro: “La organización luchará con todo entusiasmo por los medios legales para que la tierra deje de ser propiedad privada y pase a ser propiedad común del pueblo que la trabaja, empezando por la supresión de las rentas y de que los árboles pasen a ser lo más pronto posible propiedad de los colonos considerándolos igual que los cereales (...)2”.
Nese mes de xuño de 1936, co gallo de apoiar o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado como proxecto por unha asamblea de municipios galegos en decembro de 1932, no local de Izquierda Republicana da Laracha constitúese un Comité Local de Autonomía, xuntanza na que estiveron presentes os sindicatos do municipio e da que daba boa conta o xornal La Voz de Galicia:
LARACHA
En el local de Izquierda Republicana de este pueblo se reunieron los elementos dirigentes del Frente Popular y representaciones de las distintas fracciones políticas de izquierda y de las sociedades agrarias, ganaderas y de pescadores de este término municipal, con el fin de constituir el Comité local de Autonomía, eligiéndose por unanimidad a los siguientes señores:
Presidente, don Ramiro Suárez Moreno; vice, don Melchor Cacheiro Astray; secretario, don Alfonso Núñez García; vice, don Antonio Rodríguez Cambón, y vocales, don Benito López Fernández, don Antonio Antelo García, don Pedro Varela Villar, don Generoso Cambón Suárez, don Jenaro Pazos Ramilo, el presidente del Pósito de Pescadores de Cayón y el presidente del Sindicato Agrario de Soandres.
Se repartieron por todo el municipio más de cinco mil ejemplares del Estatuto gallego y por dicho comité se designaron a don Melchor Cacheiro Astray, don Alfonso Núñez García, don Antonio Rodríguez Cambón y don Pedro Varela Villar, para que por medio de mitines, conferencias y charlas extiendan la propaganda estatutaria en todas las parroquias y lugares de este municipio.
N.3
Naquel momento, o galego Santiago Casares Quiroga era o presidente do Goberno da Segunda República. Galicia foi empapelada con carteis de Castelao, Isaac Díaz Pardo, etc., e finalmente o 28 de xuño celébrase o referendo do Estatuto que os electores galegos apoian por aplastante maioría. Semanas despois, o 15 de xullo de 1936, Gómez Román e Castelao entregábanlle ao Presidente das Cortes Españolas o texto do Estatuto aprobado en referendo para o inicio dos trámites para a súa aprobación. Porén, o Estatuto de 1936 non chegaría a entrar en vigor4 por mor do Golpe de Estado producido o 18 de xullo que abriu o camiño á Guerra Civil española.
Como é ben sabido, Galicia non tardou moito en ser controlada polo chamado ‘bando nacional’. ¿Cómo afectou este feito ás organización agrarias e sindicatos de oficios? A resposta é moi fácil: todas aquelas que estiveran vinculadas á esquerda ou á República, todas as ‘non católicas’, quedaron borradas do mapa. Non é de extrañar que a Federación Católica de Sindicatos Agrarios de Galicia colaborase activamente para abastecer de alimentos ás tropas e as cidades da 'zona nacional'. Ao fío disto, en plena Guerra Civil o crego e escritor Manuel Silva Ferreiro publicaba o libro Galicia y el Movimiento Nacional no cal, con grandes alabanzas aos golpistas describe a situación sindical da época e como transcorreu en cada concello o Golpe de Estado. Deseguido transcribimos a súa descrición sobre o noso municipio.
LARACHA
Estado social. Sucesos de Julio.
Próxima esta comarca a la ciudad de la Coruña recibía, como Arteijo y otros pueblos limítrofes, las influencias sociales de la capital.
El elemento trabajador estaba organizado, y adherido por consiguiente a la C.N.T., que era la organización que allí predominaba.
Centro Comarcal de la C.N.T. en Laracha, era Cabo Vilaño, a donde acudían los sindicatos de Laracha, Lestón, Golmar, Cayón, Monteagudo y otras parroquias, en busca de dirección y orientaciones (1).
No eran desconocidas las huelgas para los sindicatos de la comarca, y aún a veces se permitían el lujo de condimentarlas con su poquito de revuelta, tumultos y explosivos.
Imitaban, como podían, a los de la ciudad, celebrando las fiestas de 1º de Mayo con manifestaciones y puños en alto.
Fervientes defensores del Sindicato, miraban con malos ojos a todos aquellos que se manifestaban contrarios a él. Por esto, los hermanos Freire fueron vilmente asesinados en la Granja (Laracha) a últimos de Junio de 1936 (2).
Por lo anteriormente expuesto, claramente se deduce que la agitación de Julio había de repercutir necesariamente en Laracha y sus contornos, en donde la revolución, de triunfar, habría de tener muchos defensores.
Desde luego, durante los días 19 y 20 se observa una paralización completa, que aprovechan los sindicatos para movilizar su gente y concentrarla en Laracha para, de allí, enviarla como refuerzo a los camaradas de La Coruña.
Ultiman los preparativos de la expedición en medio del mayor regocijo, cuando, de regreso a Carballo, llegó un coche cuyos ocupantes, escopeteros todos ellos, dijeron que no habían podido entrar en la Coruña, razón por la cual desistieron de sus intentos los de Laracha, y depusieron su actitud levantisca, no sin haber cometido antes algunas salvajadas, como la de haber colocado una bomba en la casa del Párroco de Monteagudo, D. Eduardo Mato Toja.5
_____________
(1) Dirigentes principales en Cabo-Vilaño eran: José Esmorís (a) “Abeleiras”; Rodríguez Cambón, dirigente “Intelectual”; Pedro Varela y “El Portugués”.
(2) El pueblo señala como asesinos a los de la lejía, traídos acaso por elementos de la comarca.
_____________
A partir de aquí, nun ambiente opresivo e sombrío, comenzaba a longa noite de pedra, donde todo, desde o teito ata os corazóns dos homes, estaba feito de pedra. Celso Emilio Ferreiro describe maxistralmente aqueles duros anos de represión cun poema que evoca unha profunda tristeza e unha loita interna en medio da escuridade.
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.6
En 1942, tres anos despois do fin da Guerra Civil, é aprobada a Lei de Cooperación, que sometía ás asociacións agrarias a un férreo control oficial. A tradicional denominación de Sindicato quedou suprimida pola súa resonancia izquierdista e foi sustituida pola de ‘Cooperativa del Campo’.
Durante o franquismo, o sindicato único en España foi a Organización Sindical Española (OSE), tamén coñecida como Sindicato Vertical ou Central Nacional Sindicalista (CNS), que existiu dende 1940 ata 1977. Todos os traballadores e empresarios, que pasaron a ser coñedos como “productores” na terminoloxía franquista, estaban obrigados por lei a estar afiliados ao Sindicato Vertical, controlado estritamente polo Estado co obxectivo de integrar ao mundo laboral baixo os principios do réxime.
Ao tempo que se establecía o Sindicato Vertical nos primeiros meses da posguerra, outras organizacións sindicais anteriores como a anarquista CNT e a socialista UGT foron proscritas e pasaron á clandestinidade, o que non foi impedimento para que estas organizacións clandestinas e outras posteriores como Comisiones Obreras (CC OO) ou a Unión Sindical Obrera (USO) se infiltraran no seu seo.
Tras a morte de Franco e o comezo da Transición, o goberno de Adolfo Suárez decidiu a disolución do Sindicato Vertical, que naquel entón xa estaba moi afectado pola infiltración de diversas organizacións sindicais clandestinas. Non obstante, a antiga estrutura sindical mantívose e foi reconvertida na ‘Administración Institucional de Servicios Socioprofesionales’ (AISS), organismo que se fixo cargo do inmenso fondo documental e patrimonio inmobiliario que posuían os ‘Sindicatos verticales’.
No referente a madeira, temática sobre a que publicaremos libro co Concello proximamente, durante a Segunda República a maioría dos traballadores deste sector estaban afiliados ao ‘Sindicato de cajonistas y aserradores’. Na Laracha, como vimos de comprobar, a parroquia de Cabovilaño foi un referente comarcal da defensa dos dereitos dos traballadores. Sobre este particular, Ramiro Bello Recouso, que traballou dende a súa adolescencia ata a súa xubilación no serradoiro de Paiosaco con seu pai e seus irmáns, recordaba que “na zona de San Román quedaron asentadas as raices das melloras laborais que acometera algún empresario daqueles tempos. Os traballadores dos aserraderos desa zona sempre estaban en regla. Eu nacín en 1952 e daquela non había as esixencias de andarlle encima aos traballadores como lles andan hoxe. Pero claro, no verán ¿ti sabes o que era parar ás seis da tarde? Eso para nós, para meus irmáns e para min, era impensable. Pero amiguiño, os aserraderos de San Román paraban a esa hora. Alí facían xornada de 8 horas, e estouche falando de hai moitos anos do Noso Señor, e nos outros lados traballábase 10 ou 12 horas. E eso soamente pasaba nese núcleo da Telleira, do Regado e por ai”.
_____________________________________________
1 Manuel Blanco Rey (2008): Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil. El escenario y los personajes. Valoraciones de un período histórico controvertido, Tomo I, Autoedicción, Imprime: Tórculo, páx. 229.
2 Ibídem, páx. 228.
3 La Voz de Galicia, 16 de xuño de 1936, páx. 10.
4 As Cortes Españolas ían aceptar a trámite o Estatuto de Autonomía o 1 de febreiro de 1938, sen que puidera chegar máis lonxe. Finalmente foi aprobado na reunión das Cortes da Segunda República Española no exilio en México en 1945.
5 Manuel Silva Ferreiro (1938): Galicia y el Movimiento Nacional. Páginas Históricas, Imprenta y enc. del Seminario Conciliar, Santiago de Compostela, pp. 186-187.
6 Celso Emilio Ferreiro (1979): Longa noite de pedra (terceira edición), Colección Pombal, Edicións Castrelos, Vigo, páx. 15.
