xoves, 20 de marzo de 2025

ALEJANDRO MASETTI, O ARXENTINO DE ORIXE CAIONESA QUE XOGOU NO H.C. LICEO NOS ANOS 80

  As persoas que seguides esta bitácora sabedes que levamos certo tempo falando dos Masetti Blanco, unha familia arxentina de orixe italiano-galega sobre a que publicamos dúas crónicas ao longo das últimas semanas, unha delas con protagonismo para María Esclavitud Blanco, veciña de Caión que emigrara á Arxentina nos anos vinte do século pasado (aquí tes a súa crónica: http://cronicas-da-laracha.blogspot.com/2025/03/maria-esclavitud-blanco-unha-caionesa.html) e outra sobre un dos fillos desta muller, o popular xornalista Jorge Masetti (aquí tes a súa crónica: http://cronicas-da-laracha.blogspot.com/2025/03/masetti-o-xornalista-guerrilleiro.html). Pois ben, o protagonismo das Crónicas da Laracha desta semana é para Alejandro “Mono” Masetti, neto de María Esclavitud Blanco que xogou na primeira metade da década dos 80 no Hockey Club Liceo da Coruña. Esta é a súa historia.

   O noso homenaxeado nace en Avellaneda, Arxentina o 22 de outubro de 1958. Segundo nos contou a súa filla Florencia, os seus inicios no hóckey sobre patíns foron no Racing Club onde, cun patinar propio de quen se inicia moi pronto sobre as catro rodas, non tarda en destacar como dianteiro cun estilo de xogo máis ben temperamental, de accións instintivas e rápidas.

   O seu bo facer no Racing levaríao a formar parte da selección porteña (é dicir, da cidade de Buenos Aires1) na primeira metade dos setenta, cando aínda era un adolescente imberbe.

Alejandro Masetti, terceiro pola dereita da fila superior, formando parte da selección porteña en 1974 (Cortesía da súa familia)

  Na pista, o “Mono” Masetti daba conta dunha ampla noción do ritmo do partido, polo que destacaba en cambios de velocidade e manobras repentinas que o habilitaban na área rival. 

Imaxe da selección porteña a mediados dos anos setenta. Arriba, de esquerda a dereita, Fabián Sánchez, Alejandro Masetti, Pedro Acosta, Esteban Etcheverry, Favio Saracho e Gati. Abaixo, na mesma orde, Potro Castro, Gustavo Malaver, Fabián Ramos e Gustavo Costas (Cortesía da familia de Alejandro Masetti)

   En 1975 debuta coa selección arxentina coa que xoga, nese mesmo ano, varios partidos en España. Durante esa época vaise consagrando como unha das grandes estrelas do hóckey do seu país, levando certo paralelismo na súa traxectoria deportiva cun rapaz algo máis novo que el que non ía tardar en converterse no rei do planeta fútbol: Diego Armando Maradona. De feito en 1977 o 'Pelusa' e o 'Mono' foron dous dos deportistas nominados ao 'Premio Clarín a la Revelación Deportiva'. O propio xornal Clarín publicaba o seguinte sobre o noso protagonista:

ALEJANDRO MASETTI
(Hóckey sobre patines)
Integrante de los planteles de Rácing y la selección argentina. De muy buena actuación en los torneos locales y en la serie internacional disputada durante el año. Se destacó en los partidos contra la selección española y el Club Sporting de Portugal, base del poderoso combinado de ese país.
Recorte do nomeamento ao Premio Clarín á Revelación Deportiva de 1977 (Cortesía da familia de Alejandro Masetti)

   O deportista de orixe caionesa finalmente sería galardoado co Premio Revelación de Hóckey.

Alejandro Masetti, no centro da imaxe, co Premio Clarín de 1977 (Cortesía da súa familia)

   Nesos anos 70 Arxentina comeza a erosionar o monopio que tiñan as potencias ibéricas e queda subcampioa do Mundo do campionato celebrado en Oviedo en setembro de 1976. Dous anos máis tarde, o seleccionado albiceleste conságrase Campión Mundial por primeira vez na súa historia ao vencer a España por 3-1 no Parque de Mayo de San Juan. Masetti, despois de entrar na preselección e de xogar varios partidos amigables, finalmente non estaría presente nesta cita mundialista. Un Mundial de Hóckey sobre patíns que orixinalmente íase xogar en Australia, pero foi trasladado a Arxentina, concretamente á cidade de San Juan, que xa fora sede en 1970. Nese equipo campión estaban, entre outros, Daniel Martinazzo -mellor xogador do certame-, Mario Agüero e Mario Rubio, xogadores que uns anos despois defenderían a camiseta do Liceo.

    Nos anos oitenta, Alejandro “Mono” Masetti segue destacando naquel Racing dos arqueiros Roberto Guzmán e Óscar Fernández, os defensas Carlos Vidal, Gabriel Capelo e Guillermo Calvo, e os dianteiros Marcelo Fossa, Pablo Irusta, Carlos Antón, Sergio Masetti (irmán do noso protagonista) e o propio Alejandro, quen, logo de facer xira por Brasil co seu equipo en 1983, da o salto a Europa para fichar no Liceo. 

Alejandro Masetti, no centro da fila superior, nunha formación co Rácing dos primeiros anos oitenta (Cortesía da súa familia)

   Naquela época o Deportivo aínda estaba lonxe de converterse nun dos grandes do fútbol español, polo que o hóckey sobre patíns era o "deporte rei" na capital coruñesa e os partidos rexistraban grandes entradas que podían chegar a rondar os 10.000 espectadores no Pazo dos Deportes de Riazor nos enfrontamentos importantes. Cun dos mellores grupos da súa historia, o Liceo ía acadar todos os títulos posibles. 

 A lenda liceísta comeza na temporada 1981-82, pois foi durante o transcurso da mesma cando empezou a selar os primeiros títulos para as vitrinas do equipo, daquela denominado Liceo Caixa Galicia, que naquel entón tiña a súa sede na Praza de Lugo da cidade herculina.

   O primeiro título dos coruñeses chegou na súa primeira participación na Copa da CERS, na que os verdes derrotaron na final disputada a dobre partido ao HC Monza italiano por 12-4 na Coruña e 6-8 en Monza. Dúas semanas antes, o 18 de xullo de 1982, o Liceo conquistara a súa primeira Copa do Rei en Alcoi (Alacant) tras impoñerse ao Reus Deportiu por 8 goles a 5. A estos dous triunfos uniusellese o subcampionato conseguido na División de Honor.

   Na temporada seguinte, a 1982/83, o Liceo logra o seu primeiro título de Liga, o cal supuxo un verdadeiro fito na historia estatal deste deporte xa que se trataba do primeiro equipo non catalán que conseguía tal logro con xogadores como Huelves, Taibo, Areces, Alabart, Rubio, Martinazzo, Alejandro Avecilla, Pujalte, Carlos Figueroa, Celso e Óscar Rey, por diante dun F.C.Barcelona que viña de gañar as seis edicións anteriores de xeito consecutivo. A partir daquel entón as vitrinas da escuadra coruñesa non pararon de almacenar títulos, non só a nivel nacional, senón tamén a nivel europeo e mundial.

   Tras arduas xestións, o Liceo incorpora ás súas filas ao internacional arxentino Alejandro Masetti para reforzar ao equipo na temporada 1983/84. O xogador de orixe caionesa chega á Coruña nas primeiras horas do 20 de agosto de 1983 acompañado do adestrador liceísta, o seu compatriota Carlos Gil, que desde que aterrara na Coruña en 1976, o Liceo convertérase no porto de entrada en Europa das grandes estrelas do hóckey sobre patíns da Arxentina, xogadores que se caracterizaban polo seu patín, técnica e esa raza que enamorou ao público da Coruña. O primeiro arxentino que vestiu de verdibranco foi o propio Carlos Gil, que estivo na pista seis temporadas (desde a 1976-77 ata a 1982-83) e como técnico, 20 máis. A él seguíronlle o lendario Daniel Martinazzo (10 temporadas); Mario Agüero (2); Mario Rubio (6); Alejandro Masseti (1); Roberto Roldán (6); Raúl Montserrat (6), Facundo Salinas (11), Osvaldo Díaz (2), Carlos López (5), Martín Payero (11); Fabricio Marimón (3); Sergio Burgoa (2); ou entre outros moitos, Pablo Álvarez, que estivo no Liceo durante sete temporadas.

   Como non podía ser doutro xeito, Carlos Gil foi o encargado da contratación do noso homenaxeado en Buenos Aires a quen o xornalista coruñés Roberto Moskowich lle realiza a seguinte entrevista poucas horas despois de chegar á cidade herculina:

La Voz de Galicia, 21 de agosto de 1983

Apenas llegado a La Coruña, localizamos a Masetti en casa del dirigente liceísta Javier Chaver, con cuya familia comió en compañía de Carlos Gil y Pedro Ventura. Mientras tomaban café, lo entrevistamos.
-¿Que siente al encontrarse ya en La Coruña?
-Estoy muy contento, pues se cumple uno de los mayores anhelos de mi vida, tanto a nivel personal como deportivo.
-¿Estuvo alguna vez en España?
-Es la segunda vez que vengo. La anterior fue en el año 1975, formando parte de la selección argentina.
-¿Le ilusionaba venir al Liceo Caixa Galicia?
-Estoy contentísimo de venir al Liceo, equipo al que considero el más importante de España en estos momentos. Por otra parte, para los jugadores sudamericanos es lo máximo estar en las competiciones europeas. Por eso dije que he visto cumplidos mis mayores anhelos como deportista.
-¿Quién le recomendó el equipo coruñés?
-La gente del Liceo que me conocía ya de haberme visto jugar aquí en 1975. Allá también me vieron en un par de ocasiones.
-¿Por qué se tardó tanto en confirmar su fichaje?
-Había problemas con el pase, pues la Confederación Argentina pedía una cifra importante en dólares. El tema lo manejó muy bien Carlos Gil, y al final hubo acuerdo. La verdad es que de los pormenores no estoy muy enterado.
-¿Cuáles han sido las condiciones económicas?
-Creo que son buenas para ambas partes. Todavía no se han concretado del todo, pero no habrá problemas.
-¿Por cuántas temporadas fichó?
-Por una, de momento.
-¿Ficha personal?
-Tengo 24 años, nací en Buenos Aires y estoy soltero. Mido 1,72 metros y peso 75 kilos.
-¿En qué equipos ha jugado?
-Siempre en el Racing de Buenos Aires.
-¿Internacional?
-Desde el año 1975 hasta el 78.
-¿Qué priva más en usted, la técnica o la eficacia?
-Sin ningún género de dudas, la eficacia; mi fuerte es el gol.
-¿Cree que podrá cubrir el hueco dejado por Agüero?
-No considero que venga a cubrir ningún hueco, sino a jugar todo lo que puedo y a ser útil al Liceo en grado máximo.
-¿Espera triunfar?
-Sin ninguna duda, pues en caso contrario no hubiese venido a La Coruña
¿Tiene ascendencia gallega?
-Mi abuela es de Cayón, un puerto del que me han dicho es precioso. Uno de estos días viajaré hasta allá para conocerlo.
Panorámica actual da vila de Caión (Xabier Maceiras)
-¿Qué referencias tiene de sus nuevos compañeros?
-Al único que conozco, aparte de Mario Rubio, es a Areces, y ahora acabo de conocer también a Pedro Ventura. Tengo muy buenas referencias de todos los integrantes del equipo.
-¿Jugará ya el “I Trofeo Ciudad de Vigo”?
-Si el entrenador lo estima conveniente, desde luego. Lógicamente, por mi parte estoy deseoso de ser útil al Liceo desde el primer momento, y mi disposición es inmejorable2”.

   O compromiso de Masetti co Liceo ía ser rigoroso e exemplar “ya que -recorda a súa filla Florencia- el entrenamiento en el club era diario, desde la tarde hasta la noche. El desempeño en esa categoría implicaba la disciplina de un jugador profesional, adecuándose a las restricciones horarias que el club imponía, a la vez que durante el día se formaba como entrenador y además trabajaba como instructor de hóckey”.

  Uns meses despois, en decembro dese 1983, Alejandro contrae matrimonio na Coruña con Adriana Díez, un casamento do que daba fe o xornal La Voz de Galicia do seguinte xeito:

En la capilla del colegio Liceo La Paz se casaron ayer tarde Alejandro Masetti, jugador del Liceo Caixa, y Adriana Díez. Ambos jóvenes, de 24 años, se conocieron en Buenos Aires, de donde son naturales. Ofició la ceremonia religiosa el padre Andrés Rumbo, capellán del colegio Liceo y fueron padrinos Enrique Díez y María Ángeles Zuccalá, padres de la novia. Portó las arras la niña Natalia Gil, hija del entrenador del Liceo Caixa, Carlos Gil. Al acto asistieron compañeros y amigos de los novios y numerosos invitados, entre los que se encontraban los presidentes de las federaciones Española y Coruñesa de Patinaje, Antonio González y Méndez Azpiroz.
Masetti no se recató en manifestar que estaba más nervioso durante la ceremonia de la boda que por la mañana, en el partido que su equipo jugó contra el Dominicos, al que ganó 5-3, siendo Masetti autor de dos de los goles del Liceo Caixa3”.
La Voz de Galicia, 9 de decembro de 1983

   Masetti soamente ía xogar esa temporada 1983/84 no Liceo. Lucindo a casaca n.º 7, marcou 28 goles na Liga, competición na que o cadro liceísta foi terceiro; 9 goles na Copa de Europa que os verdes perderon na final a dobre partido co F.C. Barcelona (6-2 e 2-3); e 5 goles na Copa do Rei, título que o Liceo acadou tras eliminar nas semifinais ao Cerdanyola e vencer na final disputada na Coruña ao F.C. Barcelona por 4-2. O partido de volta contra o Cerdanyola, no que Masetti foi goleador, pódese ver aquí: 


Masetti, primeiro pola dereita da fila inferior, co Liceo campión da Copa do Rei da temporada 1983/84 (Cortesía da súa familia)

   Rematado o seu compromiso co Liceo, o neto de María Esclavitud retorna a Buenos Aires, onde se suma como xogador profesional ao Club Atlético Huracán. Alí, grazas en gran medida á preparación física e técnica obtida na Coruña, destaca notablemente na liga local. A súa estadía en “el Globo”, que é como se coñece a este equipo na Arxentina, ía constituir unha época dourada na carreira do "Mono" Masetti.

Masetti, con sudadeira negra no centro da fila superior, co Huracán nos anos oitenta (Cortesía da súa familia)

   Entrada xa a década dos anos noventa, Alejandro decide colgar os patíns e dedicarse á dirección técnica. Nese posto ía destacar pola súa capacidade de condución de grupos, que puxo de relevo un carisma natural para o liderado.

   Desde aqueles anos exerceu como Director Técnico tanto da Primeira División arxentina como das categorías inferiores dos clubes Gimnasia y Esgrima de Buenos Aires (G.E.B.A), San Lorenzo de Almagro, Harrod’s Gath e Chavez.

Alejandro Masetti, segundo pola esquerda da fila superior, co San Lorenzo de Almagro (Cortesía da súa familia)

   Alejandro Masetti faleceu en Buenos Aires o 7 de xullo de 2024 aos 66 anos de idade. Sirva esta pequena homenaxe dende a terra da súa avoa paterna para manter viva a súa memoria.


FONTES:

-Moskowich, Roberto (1983): Masetti, internacional argentino, está seguro de triunfar en el Liceo Caixa, o 21 de agosto.

-Varela, María (2019): Una lista de 25 liderada por Daniel Martinazzo, La Opinión A Coruña, 28 de outubro

https://es.wikipedia.org/wiki/Hockey_Club_Liceo

_________________

1Nese momento cada provincia da Arxentina tiña a súa propia selección e no caso de Buenos Aires, a Capital Federal, era a selección porteña.

2 Entrevista de Roberto Moskowich a Alejandro Masetti publicada en La Voz de Galicia, o 21 de agosto de 1983.

3 Vid, La Voz de Galicia, 9 de decembro de 1983.

Ningún comentario:

Publicar un comentario