mércores, 25 de outubro de 2023

A PARROQUIA DE SOUTULLO NA XEOGRAFÍA XERAL DO REINO PUBLICADA POR CARRÉ ALDAO EN 1928

Nado na Coruña en 1859, Uxío Carré Aldao foi un libreiro e escritor en lingua galega e castelá. No ano 1891 faise cargo da libraría de Andrés Martínez Salazar e da imprenta de Domingo Puga, onde tiña lugar unha tertulia galeguista, coñecida como A Cova Céltica, da que Carré era o principal animador.

Na súa imprenta ían aparecer gran parte dos libros dos autores galegos da época. Foi membro da Liga Galega (1897) e de Solidaridade Galega (1907), ademais de ser un dos fundadores da Real Academia Galega, así como membro da Real Academia da Historia.

Carré casou con Purificación Alvarellos Pena, con quen tivo 11 fillos, aos que lles inculcou as súas inclinacións literarias. Algún deles, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos foron escritores, así como as súas netas May Carré e María del Pilar Carré, que se dedicaron á novela rosa.

Algunha das súas obras foron Brétemas (1896); Raiolas (1898); Apuntes para la historia de la imprenta y el periodismo (1901); La literatura gallega en el siglo XIX (1903); Influencia de los catalanes en el progreso de la industria pesquera en Galicia (1904); Idioma y literatura de Galicia (1908); Guerra de la Independencia en Galicia. El Alzamiento contra los franceses (1908); Influencias de la literatura gallega en la castellana (1915); Contos de forxa (1919) ou, A terra chama (1925).

En 1928, catro anos da súa morte, publica o tomo dedicado á provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia, unha auténtica xoia, unha obra sublime na que Carré Aldao dá un paseo polo máis profundo de cada un dos concellos galegos debullando a súa xeografía, historia, lendas, etnografía... Con relación á parroquia de Soutullo, isto foi o que publicou na devandita obra:

Santa María de Soutullo, parroquia de entrada.- Sita en la falda de los montes Seixoso y Trasarís, a un kilómetro de la orilla izquierda del río Lagareira, que viene de Soandres por Coiro. Terreno de monte y de llano, de clima frío y saludable, produce trigo, centeno, maíz, patatas, legumbres y frutas, criándose ganado lanar, vacuno, caballar y de cerda, y encontrándose caza y pesca. Hay arbolado.

Linda por el S. con su unido de Golmar y por el E. con el elevado monte de Santa Marta, uno de los más notables del ayuntamiento y que tiene 439 metros sobre el nivel del mar.

El correo llega por la capital, que se halla a 3 kilómetros al O., y dista 12 de la cabeza del partido. La presentación del curato es del Marqués de Camarasa. Tiene escuela nacional de niños.

Son grupos menores únicamente los que componen la parroquia, y responden a los nombres de Abeleira, Cardosas, Gosende, Melio, Novás, Seixo, Seixoso, Soutullo, Vidueiro, Vilanova y Xesta, con 253 habitantes de hecho y los mismos de derecho, en 61 casas, 29 de un piso y 32 de dos, y hay albergues.

Panorámica actual do lugar da Abeleira

Ningún comentario:

Publicar un comentario