Nos tempos que nos tocar vivir, as ciencias e as novas técnicas condicionan de forma total o noso xeito de vida. Dende hai xa certo tempo, asistimos á irremediable transformación das artes, oficios, tradicións e calquera tipo de manifestación da nosa cultura e idiosincrasia.
Moitos oficios xa desapareceron ou só se conservan de forma testemuñal. Precisamente, sobre este particular, vimos de presentar o documental “Os oficios tradicionais” que forma parte do proxecto “A Memoria da Laracha” no que Raúl Lorenzo e un servidor levamos traballando dende o 2024 para o Concello da Laracha.
O proxecto “A Memoria da Laracha”, que terá continuidade proximamente, forma parte da campaña da “Prevención da soidade non desexada”, impulsada polo propio Concello da Laracha e que conta co apoio da Deputación da Coruña.
No documental “Os oficios tradicionais”, presentado o 2 de outubro no Centro Sociocomunitario de Caión (en breve anunciaremos novas datas de proxección), as dezanove persoas entrevistadas fálannos de máis de vinte actividades desaparecidas, entre elas a cestería, que na actualidade por mor do empuxe das fibras sintéticas, e máis concretamente do plástico, só perdura en casos moi limitados.
Houbo un tempo que na Laracha había ducias de persoas que se dedicaban a esta actividade e moitas delas vendían os seus produtos na desaparecida Feira da Madeira de Pastoriza, en Arteixo.
A memoria de Geluca Naya, nacida en Pastoriza en 1932, gardou ata o último dos seus días moitas anécdotas vividas nos tempos nos que súa nai Lola rexentaba unha taberna nesta vila. "O día da Madeira nós xa non íamos á cama. Mira, San Miguel era o 29 de setembro e o día da Madeira era o 28, pero os artesáns xa viñan o 27. Eran case todos da parte de Soandres e de Santa Margarita de Montemaior e traían cestos, paxes, arados de pau... Deixaban todo no campo e despois viñan para a nosa casa. E estaban toda a noite con refeighadas e reñían en condicións. Eu pasaba o tempo con eles. Cantaban refeighadas desas de...
Soliño da miña vida,
prenda do meu paladare,
si non imos para hoxe
mañán vimos aquí a xantare.
...unha cousa así, e o outro contestáballe. Tamén recordo que unha vez reñeron alí a mazo unha noite, pero cantando con regheifas, por unha parexa de bois. Algunha faena lle fixera un ao outro... fuches comprar aqueles bois e fixeches esto e o outro contestáballe que non fora así... reñían, pero con regheifas. Eu pasábaoo moi ben, moi ben".
Ti non te apures
que ti aínda non marchas aghora
porque ti non marchas de aquí
sen comer na Casa Lola.
Ana Mosquera, nacida en Pastoriza en 1951, recorda que "a festa da madeira do 28 de setembro era algo que nos encantaba... é que ademais miña avoa, a nai de miña nai, era de Soandres e desa zona eran moitos dos que vendían aquí os paxes, os cestos, os mangos para as ferramentas, as caínzas, os fungueiros dos carros... Todo iso estendíase polo que era o campo de Pastoriza, que abarcaba a zona na que actualmente está o Mesón de Pastoriza. A Feira da Madeira celebrábase o 28 de setembro e tamén o luns de Pascua, había dúas feiras da madeira".
Na actualidade, o único que se conserva da Feira da Madeira son algúns recordos que os veciños e veciñas de certa idade manteñen vivos na súa memoria. Un artigo publicado en La Voz de Galicia polo San Miguel do ano 1982 xa deixaba claro que o plástico estaba gañándolle a batalla ao vime:
“En las vísperas del día 29, se celebra también en Pastoriza el “Día da Madeira”, pequeño acontecimiento que hasta no hace mucho tuvo muy buena repercusión y aceptación, sobre todo entre los labradores de la comarca. Pero el plástico ha vencido al junco y al carballo y los “cesteiros” se han visto obligados a abandonar su secular oficio y costumbre para dedicarse a producciones más acordes con los tiempos. No obstante, no todos faltan a la cita debido a que, como ellos dicen, “la profesión va por dentro”. Es el caso de un “cesteiro” de Soandres, en el municipio de Laracha, que todos los años acude a Pastoriza para, por estas fechas, exponer su artesanía y venderla a los labradores del lugar, también a panaderos, que de otros pueblos ya no vienen (...)1.”
Un dos últimos cesteiros da Laracha foi Ramón López Martínez, artesán ao que Manuel Negreira, xornalista larachés de El Ideal Gallego, entrevistou en agosto de 1979, con motivo das Festas da Laracha dese ano, entrevista que transcribimos deseguido:
![]() |
| El Ideal Gallego, 14 de agosto de 1979 |
FIESTAS EN LARACHA
Ramón “O Cesteiro”, un popular artesano de Laracha
Cuando comenzó a trabajar los mimbres el precio de un cesto era de dos reales. Ramón está dispuesto a enseñar su arte a personas jóvenes que quieran seguir la tradición artesana.
Encontrar a Ramón “O Cesteiro” en Laracha no requiere muchas indicaciones. Ramón López Martínez es el nombre del artesano más popular de la localidad. El se encuentra a la vera del camino, sentado en su estrecho banco de madera, trabajando manualmente la brimia (mimbre) con unas tenacillas de madera.
La estampa del artesano gallego, boina en la cabeza y cincuenta y cinco años sobre la espalda, adquiere viveza en las largas tardes del estío larachés. A la caída del sol le rodean dos torres de paxes (cestos) fruto de la labor realizada. Un feixe de varas de mimbres de los que se sirve un perro pequeño que juguetea entre sus curtidas manos dando saltos hasta las cestas.
En la Avenida de Finisterre de Laracha está la fábrica artesanal que, sin otro indicador que la llamada de atención que produce el efecto, hace estacionar, a ambos márgenes de la calzada, a los peregrinos animados a adquirir alguna pieza.
APRENDIO DE SU ABUELO
Ramón se presta muy cordialmente a exponer su tarea.
-Comencei, nos dice, cando era rapaz, os doce anos, indo cas vacas, e xa facía cestos pequenos.
Esta actividad la heredó de su abuelo que, según él, también fue cesteiro y fabricaba aperos de labranza... “cainzos, cainzas, cubrín garrafóns, paxareiras, cestos pros mariñeiros e un sin fin de cousas.”
La materia con la que trabaja es la brimia que recoge en los lugares circundantes, los busca en Soandres, Montemayor, Armentón, etc. Los adquiere también por lotes y, según él, tienen muchas aplicaciones en las tareas del campo. La brimia tiene dos tonos distintos: la pelada, que es blanco, y otra sin pelar. Ambas hacen un conjunto de combinaciones atrayentes. La pelada, nos dice, es la de mayor precio.
LO QUE CUESTA UN CESTO
-Señor Ramón: pónganos al corriente de los precios.
-Os precios variaron moito co tempo.
El señor Ramón continúa disertando, exponiéndonos la gama de precios que recuerda desde el comienzo de su trabajo, manifestando haber vendido a dos reales el cesto.
-Cando era máis novo facía un cesto nunha hora e unha ducia deles no día. Agora fanme falla dúas horas para rematar un. Leva tanto traballo facer un cesto pequeno como un maior.
A continuación, Ramón nos habla del proceso de fabricación de los cestos y de su oficio en general.
-Hay moitas clases de paxes según o tamaño: paxes, paxetas, grande ou pequena e tamén fago o paxe cuadrado. Na base fan falla trinta e dúas brimias que, según o tamaño, pra rematalo aproxímase ao cento delas, repartidas nas tres partes en que se divide o paxe: na base, na sede e na orela, na que van as asas.
EXPORTADOR DE ARTESANÍA
Ramón nos mostró todo el procedimiento. Posteriormente le rogamos que nos hablase un poco de cómo se encuentra hoy día el mercado.
-Hoxe, no mercado, estas pezas están sendo moi solicitadas pras tendas e bazares e pra moitas casas pola utilidade que teñen. Téñenme levado cestas pra Madrid, Zaragoza e un sin fin de lugares. Salen moitas tamén pro estranxeiro. Leváronmas pra Francia, Suíza, Alemania, Inglaterra… Ata coido que viñeron equipos de fútbol polos cestos pra os goles. Fai uns días viñeron polas que tivera pra levarmas pra Feria de Artesanía da Coruña, mais non tiña existencias, xa que os estranxeiros agora no vran mercan de todo. Venme tódolos anos un señor de Madrid por unha boa cantidade delas. Agora xa non podo traballar moito.
MIRANDO AL FUTURO
Preguntamos a Ramón, que cada vez puede hacer menos cestas, por que no se anima a enseñar a otros a hacerlas. El nos contesta que está dispuesto a enseñar a quien quiera aprender.
Tome buena nota de esa frase de Ramón la nueva ola de jóvenes que quieran dedicarse a la artesanía.
La realidad es que todo lo que Ramón sabe sobre esta materia, podemos decir que no cabe en un cesto. Ramón es un exportador artesano. Su arte y su sabiduría no debe morir. Nos despedimos de Ramón cuando coge de nuevo la tenacilla para seguir domando las brimias. Muchas gracias, Ramón.
Manuel NEGREIRA RIOS 2
(...CONTINUARÁ)
______________________
1 Guillermo Pardo (1982):”La romería de San Miguel, en Pastoriza, reúne cada año a miles de personas”, La Voz de Galicia, 4 de setembro de 1982, páx. 23,
2 Manuel Negreira Ríos(1979): ”Fiestas en Laracha. Ramón ‘O Cesteiro’, un popular artesano de Laracha. El Ideal Gallego, 14 de agosto, páx. 29.

Ningún comentario:
Publicar un comentario