Nos duros anos da posguerra en Erboedo houbo unha orquestra, se cadra a primeira banda que se creou na Laracha, coa que os nosos devanceiros pasaron momentos inesquecibles bailando nos salóns e nas festas da bisbarra ao ritmo da súa música. Todo isto, como dicía o poeta Manuel María, naqueles "tempos incestuosos". Falamos da Sol,
unha
orquestra que
fundara por
aqueles días
a
tía María da
Fontenla, máis
coñecida polo alcume da 'Maricaina'.
Polos
contos que escoitou ao longo da súa infancia
María Dolores
Mallo,
bisneta da tía María e
afillada da saxofonista Carmen Mallo,
o
devandito alcume
puxéronllo en Oseiro (Arteixo):
Era
unha muller solteira que naqueles tempos tan difíciles, non lle tiña
medo a nada. Gañaba
a vida como marchante. A
parte de fundar a 'Orquesta
Sol',
trataba
e comerciaba na
comarca con todo tipo de mercadorías, dende porcos ata xibardas, os
arbustos que se utilizaban antigamente como varredoiros e que ela
vendía no cárcere da Coruña. Había
veces que facía noite en Oseiro, na casa do músico 'Pontevedra',
e como nesa
parroquia de
Arteixo
parece ser que
naquela
hora había moitas Marías,
pois
a
ela puxéronlle de alcume 'María
a Maricaina'.
 |
Imaxe
tomada nos anos 50 na Fontenla na casa na que naceu a saxofonista
Carmen Mallo. Arriba, de esquerda a dereita: Aurora; Lola; Carmen Mallo;
Marcelino Suárez e Lixardo, o marido de Lola. Abaixo: Maruja, bisneta
da tía María; a tía María 'A Maricaina' e Maite, filla de Lola e Lixardo (Cortesía de María Dolores Mallo)
|
A
tía María vivía no lugar da Fontenla coa súa filla Aurora, tamén
solteira, e cos seus
tres netos
Genaro,
Aurelia
e
Carmen.
Andando
no tempo, a prole ía aumentar con Lola e Chichi, uns cativos da
Coruña que as dúas mulleres criaron no seu domicilio como se foran
os seus propios fillos. Genaro,
o fillo maior de Aurora, recibira
algún
estudio de música antes
de que súa avoa lle comprara un saxofón de prata, un instrumento
musical que o pobre pouco disfrutou xa que faleceu en Castellón na
Guerra Civil.
Certo
tempo despois da
morte de Genaro,
a tía María propúxolles as súas
netas Aurelia e Carmen, nadas
respectivamente en 1921
e 1926,
que aprenderan solfexo para tocar o saxofón do
seu defunto neto.
Aurelia, nai de María
Dolores
Mallo, non se animou coa
proposta
e
decidiu continuar coas súas
tarefas domésticas.
Pola contra, súa irmá Carme aceptou o reto da avoa e, malia as
dificultades e condicións da época, adquiriu algúns coñecementos
musicais, probablemente na academia que tiña na Coruña o mestre
Luís Brage, a mesma na que tamén estudara o
seu amigo Segismundo Regueiro, que nacera en Gabenlle en 1920.
E
así, sendo unha mociña de 14 ou 15 anos, Carmiña empezou a tocar
na 'Orquesta
Sol'
o saxofón de prata que pertencera
a
seu irmán
Genaro. Segundo
nos contaron
varias persoas da Laracha, entre elas
Marina Regueiro (irmá de Segismundo), a
banda, coñecida
popularmente como a 'Orquesta
da Maricaina',
estaba integrada por Manuel de Graciana, veciño de Erboedo de Abaixo
que tocaba a tuba e o helicón; Riveiro, que era do lugar de
Compañeiro, na parroquia de Soandres, e que tocaba o trombón de
varas; Segismundo Regueiro, veciño de Gabenlle, Torás, máis
coñecido polo apelativo de 'Segís'
e que
tocaba a trompeta; Gumersindo, domiciliado en Erboedo de Abaixo e que
tocaba o clarinete; Lita,
unha moza acordeonista
da Coruña;
Jesús
Rodríguez,
veciño
de Coiro que tamén tocaba o acordeón; a
propia Carme 'da
Maricaina';
e José Suárez Lozano, a voz da orquestra, o animador, que era como
se lle chamaba naquela altura ao cantante. José, máis coñecido
polo alcume de 'Lemos',
era veciño de Oseiro e ademais de ser a voz da orquestra 'da
Maricaina',
tamén tocaba a batería.
Rememorando
aqueles tempos, María
Dolores
Mallo recordaba que:
Quen
ía con miña
madriña
Carme aos
bailes e
aos salóns
era a tía María. Non ía súa nai Aurora,
non. Ía a tía María, que era quen cobraba as actuacións e quen
lle pagaba a cada un
dos integrantes da orquestra. A tía María era, por así o dicir, a
que manexaba o cotarro.
Muller
valente,
forte
e
sen andrómenas, como
as
“flores de ferro” da
mesma época
que
tan
marabillosamente
nos
describe
a larachesa
María Rei Vilas na súa novela de título homónimo (“Flores de
ferro”, editorial
Galaxia, 2020), naqueles primeiros anos da posguerra cando a tía
María
viña
por Loureda, de volta para
a Fontenla
dende
A
Coruña, ténse encontrado en
máis dunha ocasión cos
Foucellas.
Polo
que nos dixo
a
súa bisneta
María
Dolores,
seica
lles dicía:
-Neniños,
¿Tedes fame? ¿Queredes comer algo?.
E
sacaba algo das albardas da
besta para dárlles.
-Non
tía María! Vaia tranquila. E se ve á Garda Civil dígalles que
estamos aquí!
Rebordados
de xuventude e coa ilusión de abrirse camiño no mundo da música,
os integrantes da 'Orquesta Sol' empezaron a
tocar baixo o amparo da tía María, unha especie de rock manager
da época que protexía á súa rapazada do mesmo xeito que a galiña
protexe a súa rolada de pitos.
 |
Carmen Mallo e a súa nai Aurora paseando pola Coruña (Cortesía de María Dolores Mallo)
|
A
orquestra de Erboedo amenizaría os bailes da bisbarra durante dous
ou tres anos, tempo dabondo para que algún dos temas que tocaron
durante aquel período se convertera na banda sonora de máis de unha
parella da Laracha. Naquel mundo de homes, o feito de que dúas mozas
formaran parte dunha orquestra, de seguro que non pasou inadvertido
en ningunha das actuacións da Sol e, por iso, é de xustiza
recoñecerlle a Lita e a Carme os camiños que abriron entre a
espesura na loita pola igualdade.
Coa
mirada retrospectiva empanada na néboa da nostalxia, os
recordos
sobre esta orquestra, que
se desfixo aproximadamente sobre o ano 1943,
son máis
doados
para os de certa idade
porque naquel entón era a
única distracción que había.
Os que tiveron a sorte de
escoitar a Carme 'da Maricaina' afirman que non deixaba
indiferente a ninguén, abraiando en cada actuación ao público co
saxofón que un día pertencera a seu irmán Genaro. A súa estrela
brilaba dun xeito especial, abofé!
Naquela
altura Luciano Pazos Otero, amigo da tía María 'da
Maricaina', amenizaba co seu acordeón as festas e bailes que se
organizaban en Oseiro e arredores desta parroquia arteixá. Luciano
nacera en Pontevedra en 1906 e despois de facer a mili na Coruña,
casou en Oseiro onde gañaba a vida coma ferreiro. Alí, dado
o seu lugar de procedencia, era coñecido polo alcume de
'Pontevedra'.
Como
xa dixemos anteriormente, en Oseiro tamén vivía José
Suárez Lozano, 'Lemos', o
cantante da 'Orquesta
Sol'.
Nado
o 26 de febreiro de 1926 na Coruña, no barrio do Orzán, cando era
un meniño de 2 ou 3 anos fixéronse cargo del Secundino e a súa
dona Dolores 'A Querecha' -que
era irmá do pai de 'Lemos'-, un matrimonio que rexentaba unha tenda
no que hoxe é a rúa Santirso, ao carón da igrexa de Oseiro. Neste
establecemento, golpeando as
latas de aceite e outros produtos que vendían seus tíos, o noso
protagonista empezou a sentir verdadeira devoción pola música,
paixón na que moito tivera que ver o acordeón do seu veciño
Luciano Pazos 'Pontevedra', que era vinte anos maior que el.
 |
De
esquerda a dereita: José Suárez 'Lemos', Luciano Pazos 'Pontevedra' e
Segismundo Regueira 'Segís', tres dos integrantes da 'Orquesta
Pontevedra' (Cortesía de Marina Regueiro)
|
Pouco
tempo
despois de que se
desfixera a 'Orquesta
Sol'
no ano 43 nacía a
orquestra
'do Pontevedra'
ou
'Pontevedra', que é o nome que lembran e do que fan referencia
algunhas
das
persoas que bailaron ao ritmo da súa música por aqueles
anos. Unha
banda que estaba formada por
Luciano 'O Pontevedra', que
tocaba o acordeón,
e
por tres compoñentes da extinguida Sol:
'Lemos',
cantante e batería; 'Segís', guitarra; e Carme 'A Maricaina',
saxo alto. Segundo
o testemuño de Juan Naya, nesta
formación
tamén
tocaron ocasionalmente
músicos
como Breixo, Panchón e Benito 'O Veigheiro'.
Na memoria prodixiosa de Geluca Naya, unha muller nacida en Pastoriza en 1932 e que estivo á fronte do popular 'Restaurante Casa Lola' durante varias décadas, aínda se conservan moitas anécdotas dos bailes que amenizaba a 'Orquesta Pontevedra', entre elas a letra do tema co que esta banda empezaba o repertorio das súas actuacións coa voz de 'Lemos':
"Yo he conocido a un amigo
que se casó enamorado;
a
los 4 o 5 días
tuvieron
que andar a palos.
Cuando
llega del trabajo
pregunta
por la comida;
ella
dice no la ha hecho
que
le dolió la barriga.
Así
que amiguitos míos
no
se apuren a casar
pues
el que más y el que menos
claro,
lo dicen ellos,
pues
los polvos y pinturas
solo
son para engañar”
Nos
anos de existencia da 'Orquesta
Pontevedra',
a parte das habituais actuacións das festas patronais que se
organizaban na
bisbarra
e nos salóns da contorna, as parroquias carballesas de Rebordelos e
Lema
eran
lugares onde 'Lemos', 'Pontevedra', 'Segís'
e
Carme 'da
Maricaina'
tocaban
de xeito habitual
ao
longo do ano, como así nolo recordou Juan Naya: “Eles
ían case sempre a Baldaio. Alí nunca fallaban porque os querían
moito.
Naquela
hora non se podía andar por aí ás dúas da mañá ou dúas e pico
e por iso, á unha ou unha e media a Orquesta Pontevedra terminaba o
baile así:
“Muy
señores míos
hasta
mañana
a
descansar”
A
orquestra 'do
Pontevedra'
deixou
de tocar como tal a
principios dos anos
50. Despois da súa desaparición, Luciano Pazos Otero, a persoa que
lle dera nome a esta banda co seu alcume de 'Pontevedra', seguiría
animando
algunha que outra festa da contorna co seu inesquecible acordeón.
Luciano, que quedara viúvo moi novo con catro fillos ao seu cargo,
tiña
a súa ferrería na rúa Santirso e o domicilio na actual Avenida de
Sabón de Oseiro, ao carón da casa da señora Clotilde. O popular
ferreiro-acordeonista faleceu en 1963 con tan só 57 anos de idade.
No
caso de 'Segís' de
Gabenlle,
despois da desaparición da orquestra 'do Pontevedra',
formou
parte de bandas
de Carballo como a 'Bergantiños'
e
a 'Reyes'; da orquestra 'dos Lados', que era da parte de Coristanco;
da orquestra 'de Aradas'; do 'Trío Azteca'; de 'Los Caminantes', a
orquestra de 'Furocas'; de bandas da Coruña como 'Los Caporales'
e
'Los Intocables', que tiña un repertorio moi moderno xa que cantaban
en inglés (Antonio Fachado, o líder desta banda estivera emigrado
en Inglaterra e anos despois abrira na Coruña unha tenda de
instrumentos musicais); e do grupo 'L-6'
de
Betanzos. Despois de tantos e tantos anos vivindo da música tocando
o saxo, a
guitarra
e a trompeta en todas estas formacións, 'Segís'
xubilaríase
pola agraria pois, ao longo da súa vida, tivera que compaxinar a súa
actividade musical coa gandeira. O seu sobriño Xosé Collazo
recordounos que:
“El
non se dedicaba ao 100% á música. Tamén traballaba na casa porque
sempre houbo vacas; aínda que iso si, daquela gañaba máis cartos
tocando nas orquestras que co que daba o gando ou, incluso, co
que
podía gañar naquela hora
un
bo
albanel
ou un carpinteiro. A música tamén era moi esclava. Pola semana,
despois do traballo da casa, andaba sempre estudando e ensaiando”.
Segismundo Regueiro Álvarez, 'Segís',
faleceu solteiro en agosto de 2011 aos 90 anos.
José
Súarez Lozano 'Lemos',
que casou naquela altura
con
Carmen, unha moza de Sofán, continuaría ao longo da súa vida
alegrándolle a vida a xente cantando nas festas da bisbarra
algún
que outro popurrí popular coa súa fermosa voz. 'Lemos',
que tamén traballou durante varios anos en “Ascensores Cerdolla”,
faleceu en novembro de 2007 aos 81 anos.“Cantaba
con moita gracia e tiña un ton de voz moi bonito”,
recordaba recentemente
Juan
Naya, amigo íntimo deste músico durante toda a vida.
María
Dolores Mallo tamén
nos contou
que... “con
'Lemos' sempre houbo boa relación na nosa casa. Era o padriño dun
irmán meu que xa faleceu. Cando
viña a Erboedo era como si viñera o presidente do goberno. Todo o
mundo... 'Lemos' por aquí, 'Lemos' por alá… De feito un ano miña
irmá levou a Función e veu tocar 'Lemos' e Daniel, o da Orquesta
Mallo de Feáns,
con quen tamén había moi boa
relación”.
Por
último,
Carmen Mallo, 'Carme da
Maricaina',
casou en
1949 con
Marcelino Suárez,
veciño
de Cabovilaño que foi chofer
do
cura de Coiro e
da empresa Transportes
Viñán
durante
moitos anos. Tras
dárlle o “si quero” a Marcelino,
a nosa protagonista díxolle adeus para sempre ao mundo da música
mais, segundo o
testemuño da
súa afillada María Dolores, de cando en vez tocaba o seu prezado
instrumento musical:
“Eu
recordo a miña madriña tocando
no
seu
piso da Coruña.
Dicía
que, senón o
facía, o saxo estropeábase.
Gustaríame
saber o paradoiro dese instrumento con tanta historia na miña
familia. O feito de que os irmáns Mallo de Feáns tiveran boa
relación na nosa casa é o
que me leva a pensar que o saxofón acabou nalgún
momento
na orquesta
deles. É probable que llo vendera Carme”.
 |
Carmen Mallo nos anos 60 (Cortesía de María Dolores Mallo)
|
Ao
pouco de casaren, Carme e Marcelino establecen o seu domicilio na
Coruña, pola zona dos Mallos. Posteriormente residen en Monte Alto, onde a saxofonista monta sobre o ano 1965 un
ultramarinos na rúa Ángel Rebollo, un negocio que ía manter aberto durante moitos anos. Cando morreu a tía María 'A
Maricaina', Carme quixo levar a súa nai para a cidade herculina,
perante a negativa de Aurora o matrimonio foi vivir á Fontenla.
Volven de novo para A Coruña e, certo tempo despois, regresan para a
casa na que ela nacera en febreiro de 1926, unha casa que finalmente
venderon cando morreu Aurora.
Ao
vender na Fontenla o matrimonio, que non tivo fillos, decidiu comprar
un piso en Carballo aínda que acabaron residindo en Baldaio cuns
parentes de Marcelino. Carme, xa viúva, faleceu o 22 de decembro do
2012 aos 86 anos, e está enterrada xunto ao seu marido en
Cabovilaño.
FONTES:
GARRIDO
RIAL, SANTIAGO (2021):
Carmen
Mallo, la saxofonista de Erboedo que lideró una orquesta en los años
40;
La
Voz de Galicia, 13 de xuño.
MACEIRAS
RODRÍGUEZ, XABIER (2021): https://cronicasdearteixo.blogspot.com/search?q=pontevedra