Hai
exactamente un mes, o pasado 10 de febreiro, o Concello da Laracha
presentaba á cidadanía o
plan director do
recinto
que alberga os restos do
conxunto
arquitectónico das antigas Torres de Cillobre, un documento clave
para avanzar na recuperación, posta
en valor e
reaproveitamento
social e
cultural deste enclave histórico, que
mesmo aparece representado no escudo do municipio (a torre
que ocupa o centro do emblema fai honra ás Torres do Viso, en
Montemaior,
e ás Torres de Cillobre).
O
acto de presentación, ao cal tivemos a sorte de asistir, tivo lugar
na Casa da Cultura a cargo de Leo González, responsable de proxectos
de Trivium Estrategias en Cultura y Turismo, a empresa
redactora do plan director. Alí déronse a coñecer as actuacións
previstas a corto, medio e largo prazo para poñer en valor este
histórico lugar.
Grazas
a Leo soubemos que o
arquitecto coruñés Miguel Durán-Loriga y Salgado (1886-1950),
fillo do insigne matemático Juan Jacobo Durán y Loriga, visitou
o lugar de Cillobre en
1948, dous anos antes da súa morte,
e realizou
unha serie de sete
fotografías que se conservan a día de hoxe no Museo
de Pontevedra, e
que tamén se
poden ver no portal https://atopo.depo.gal/ (https://atopo.depo.gal/Search/Results?lookfor=Cillobre&type=AllFields&filter%5B%5D=repository%3A%22Repo_Archive%22).
Nunha
das fotografías vemos a un grupo de dezaseis persoas (a maioría
rapazada) posando sentadas no patín dun hórreo. Noutra das imaxes
aparecen dous nenos diante da capela de San Roque e San Antonio.
Tamén podemos ver o hórreo e o pombal da casa de Dolores
Castiñeiras, que é o nome que figura na parte traseira da
fotografía. E nas outras imaxes apreciamos diferentes panorámicas
das Torres de Cillobre.
Esta
colección representa un verdadeiro tesouriño etnográfico para A
Laracha, abofé!
.jpg) |
| Veciñanza de Cillobre en 1948 (Arquivo do Museo de Pontevedra. Fondo : Miguel Durán-Loriga Salgado) |
.jpg) |
| Torres de Cillobre, 1948 (Arquivo do Museo de Pontevedra. Fondo: Miguel Durán-Loriga Salgado) |
.jpg) |
| Torres de Cillobre, 1948 (Arquivo do Museo de Pontevedra, Fondo: Miguel Durán-Loriga Salgado) |
.jpg) |
| Torres de Cillobre, 1948 (Arquivo do Museo de Pontevedra. Fondo: Miguel Durán-Loriga Salgado) |
.jpg) |
| Cillobre, 1948 (Arquivo do Museo de Pontevedra. Fondo: Miguel Durán-Loriga Salgado) |
.jpg) |
| Pombal e hórreo de Dolores Castiñeiras en 1948 (Arquivo do Museo de Pontevedra. Fondo: Miguel Durán-Loriga Salgado) |
.jpg) |
| Capela de San Roque e de San Antonio (Arquivo do Museo de Pontevedra. Fondo: Miguel Durán-Loriga Salgado) |