A Laracha foi durante moitos anos un dos municipios da provincia da Coruña máis ricos en produtos agrícolas, gandeiros e pesqueiros e, por tal motivo, houbo un tempo no que contou con varias feiras moi concorridas e populares: a de Paiosaco, a de Golmar, a de Vista Alegre e a que se celebrou durante certo tempo en A Armada Vella que, xunto con A Armada Nova, é un dos case setenta lugares que conforman a parroquia de Soandres.
Imaxe actual do lugar de A Armada Vella |
Poucos datos podemos ofrecer sobre esta feira, tan só o edicto que se publicou no Boletín Oficial da Provincia o 25 de novembro de 1871, un edicto que na súa páxina 4, informaba do seguinte:
Ayuntamiento de Laracha
El mismo, previa la autorización competente, acordó establecer en la parroquia de San Pedro de Soandres, lugar de Armada, Campo del mismo nombre, una feria de ganado vacuno, lanar y de cerda y además géneros de todas clases los sábados de la cuarta semana de cada mes, dando principio el próximo veinticinco del corriente y las sucesivas el día que corresponda.
Lo que se hace público para conocimiento de todos.
Laracha, 13 de noviembre de 1871. El Alcalde, Antonio Varela.- P. A. del A., Ramón Astray López, Secretario.
N.º 118.
A ésquerda Manuel Mª Puga Purga, o popular Picadillo. Á dereita Ramón Astray López, Secretario do Concello da Laracha naquela época (Cortesía da familia Astray)
Na “Geografía del Reino de Galicia” que Carré Aldao publicou nos anos vinte do século pasado, o autor non realiza mención algunha da feira da Armada cando describe a parroquia de Soandres, polo que é de supor que xa había tempo que deixara de celebrarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario