xoves, 3 de xullo de 2025

A FEIRA DE PAIOSACO E OS PRIMEIROS EDIFICIOS DO LUGAR (3ª parte e fin)

  Con dous días de Feira ao mes dende 1856, Paiosaco converteuse dende aquel entón nun dos grandes centros da bisbarra para o tráfico e permuta dos produtos do país. Este gran movemento de persoas e as importantes transaccións que alí se levaban a cabo cada quince días puido ser o detonante para que se decidira construír alí un cuartel da Garda Civil, corpo de seguridade creado o 28 de marzo de 1844 mediante Real Decreto e reformado o 13 de maio de 1844 por Francisco Javier Girón y Ezpeleta, II duque de Ahumada, que foi o primeiro director xeral da Garda Civil. Non sabemos con certeza o ano da edificación do cuartel de Paiosaco, mais temos datos que indican que xa existía en 1873 e que estivo operativo ata 1907:

Por real orden del Ministerio de la Gobernación recibida anoche, se dispone la supresión del puesto de la Guardia civil de Payosaco, y que se cree otro en Laracha1. 
Decembro de 1957. Pina de Maruja do Rulo, Carmiña de Sindo, Julio de Liso e Sinda de Genaro. Detrás, Lolo de Graíño. Ao fondo, o Cuartel vello e Peisaco de Baixo (Foto do libro "Paiosaco en imaxes. Dos corenta aos setenta)

   Como centro do universo agrario e gandeiro que era naqueles tempos, se consultamos a hemeroteca da época podemos comprobar que non foron poucos os casos nos que tivera que intervir a Garda Civil en Paiosaco a causa do notable protagonismo que a picaresca tiña nas operacións que alí se levaban a cabo. Sobre este particular, sirvan de exemplo as seguintes noticias:

En la feria celebrada en Payosaco el día 15 del actual fué detenida por la benemérita de dicho puesto una joven llamada Manuela G. T., de 20 años, soltera y vecina de Sofán, en Carballo, la cual ofrecía en venta una vaca por un precio insignificante, que luego resultó haberla robado en una choza de la parroquia de Bertoa. La ratera, en unión del animal referido, fué puesta a disposición del Juzgado Municipal de Laracha2.
A un tal Pascual B. G., de Laracha, le fueron ocupados por la Guardia Civil del puesto de Payosaco dos billetes del Banco de España de á 100 pesetas cada uno, que han resultado falsos. Dijo que se los había entregado María C., vecina de Sofán y esta alega que los recibió como pago de unos bueyes, creyéndolos legítimos. Se dió parte de todo ello al Juez de Carballo3.
Ano 1953. Socorro de Sinda coa súa filla Mª Carmen. Ao fondo, o Cuartel vello (Foto do libro "Paiosaco en imaxes. Dos corenta aos setenta")

  Naquela altura, concretamente no ano 1896, chegouse a falar da posibilidade de trasladar un dos días da Feira de Paiosaco á capital municipal, como así o recollía nas súas páxinas El Diario de Galicia ao informar sobre os acordos adoptados na comisión provincial:

Informar al Gobernador que deben considerarse efectivos los acuerdos del Ayuntamiento de Laracha relativos a suprimir una feria mensual en Payosaco y crearla en la capital del distrito; que deben aprobarse los proyectos de arreglo del Campo para esta feria, y que en cuanto a la cesión de otros terrenos pertenecientes a la provincia, le compete a la Diputación resolver acerca de ello 4.

   O lugar escollido para a nova situación era A Cachada e, segundo un artigo moi crítico (pódese ler na parte final desta crónica, no apéndice documental) publicado na primeira páxina da edición do 24 de maio de 1896 de La Voz de Galicia e asinado por un misterioso “X.”, o traslado fora ideado por Silverio Moreda, gobernardor civil da Coruña a quen o xornal herculino alcumaba con calificativos como “el Poncio de Laracha” ou "Antoñito, el fachado" en artigos como “Atropellos administrativos” ou “Las hazañas de un polizonte”.

   Finalmente íase desestimar a petición referente á supresión de unha das dúas feiras que se celebraban mensualmente en Paiosaco, onde os primeiros e terceiros domingos de cada mes continuaríanse realizando as habituais transacións de gando vacuno, porcino, artigos de consumo, tecidos, etc. De seguro que o pretendido traslado á Cachada foi motivo dalgunha regueifa que se cantaban nas tabernas da contorna por aqueles días, mais lamentablemente non temos documentada ningunha. O acervo popular si que mantivo con vida coplas como esta:

Un home de Peisaco

ten un furado no cú,

que llo fixeron os ratos

pensando qu'era pan crú. 

Cubertos da feira (Foto do libro "Paiosaco en imaxes. dos corenta aos setenta")

   Estamos xa nos primeiros anos do século XX, tempos nos que o Concello da Laracha acorda a creación dunha nova feira en Vista Alegre (Soandres) no ano 1904 que se empezou a celebrar o segundo sábado de cada mes (posteriormente pasaría a celebrarse o segundo e terceiro sábados). Uns anos máis tarde, accedendo ao solicitado por Manuel García Rodríguez, adiñeirado comerciante da parroquia de Golmar, e respondendo ao propósito de beneficiar os intereses xerais do concello, a corporación municipal da Laracha, presidida naquela altura polo alcalde José Castiñeiras, acordaba na sesión plenaria celebrada o día 10 de outubro de 1916 a creación dunha nova feira pública os mércores primeiro e terceiro de cada mes, que se ía realizar nuns terreos existentes entre os lugares de Lamas e O Igrexario de Golmar. As tres feiras larachesas ían convivir durante algún tempo: a de Golmar celebrouse ata 1927 ou 1928 e a de Vista Alegre ata os últimos anos da década de 1950.

A FEIRA DAS CEREIXAS

   Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2014, a feira por excelencia de Paiosaco é a das Cereixas, que se celebra dende tempos pretéritos o primeiro domingo do mes de xullo

Feira das Cereixas de Paiosaco (https://www.turismo.gal)

   As orixes desta singular celebración, a máis importante das festas gastronómicas que se realizan no Concello da Laracha, encontrámola en décadas pasadas, cando a produción das cereixas tiña unha gran importancia en boa parte da comarca de Bergantiños, especialmente na zona do val do río Anllóns.

   Aproveitando que chegaba a época na que o froito vermello comezaba a estar maduro e listo para o seu consumo, os comerciantes vendían na feira do primeiro domingo de xullo gran cantidade dese produto. Sobre este particular sirva de exemplo o que nos conta José de la Santísima Trinidad, un telleiro do Rosal (Pontevedra) que traballara cando tiña 16 anos nunha das telleiras que había no lugar da Barreira. José describe a Feira das Cereixas do ano 1939 do seguinte xeito (o texto forma parte do libro “As telliras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño”):

(...) Cada quince días había feira en Paiosaco. Quedaba preto, a uns dous quilómetros da telleira, e facíase sempre en domingo. Eu mailo pieiro turnabámosnos: un domingo ía el, outro eu. As feiras eran moi boas. Eu feiras grandes só vira as de San Gregorio e as de Xinzo, pero sempre cadraban en días de traballo. Naquelas feiras de Paiosaco os oficiais das dúas telleiras de Estramil e o da telleira de Coiro (era da Proba5) andaban cunha tella debaixo do brazo pola feira, e así os paisanos sabían de que eran telleiros e miraban a tella e preguntaban de onde era e que prezo tiña. O primeiro domingo de xullo era a feira máis grande do ano. Chamábanlle “Paiosaco das Cereixas”. Había dúas ringleiras de cestos con cereixas, que eu nunca na miña vida vira tanta cereixa xunta. Empezabamos por unha punta preguntando polo prezo e que tal eran. En cada posto que preguntabamos dábannos a proba de tres ou catro cereixas e acababamos cheos sen mercar ningunha. Quen era especialista nestas cousas era Carballosa, o socio de José María.

   Disque nos anos 50 e 60 en Paiosaco tamén se celebraba a Feira do Fatón ou da Ameixa. Co interese de recompilar algún dato, das persoas que nos permitiron pasear pola súa memoria, houbo quen afirmou que esta feira celebrábase o terceiro domingo de xullo, mais tamén houbo algún testemuño que recordaba que se facía máis tarde, en agosto ou setembro. Se tedes algunha información sobre esta feira, contactade con nós por favor!

   Na actualidade, malia que a comercialización do cobizado froito vermello perdeu importancia e a produción na Laracha é para autoconsumo, mantense a costume de celebrar a xa tradicional Feira das Cereixas de Paiosaco, cunha moi notable afluencia de xente que, ademais de participar na actividade comercial, tamén goza das propostas festivas e lúdicas que se desenvolven cada ano.

   E xa sabedes... este domingo, primeiro domingo do mes de xullo, é a Feira das Cereixas! Vémonos alí!

 

____________

APÉNDICE DOCUMENTAL

La Voz de Galicia, 24 de maio de 1896, páx. 1.

 

DESDE LARACHA  

UN GOBERNADOR APROVECHADO


Sr. Director de LA VOZ DE GALICIA

Que Moreda es una hormiguita para su casa, nadie lo pone en duda; y que no podía haber deseado tiempos mejores ni Comisión provincial más complaciente para sus propósitos y sus fines, lo demuestra bien a las claras lo que está sucediendo.

Quiso el cacique de Laracha apropiarse unos terrenos y que la Diputación provincial los pagara, y el propietario fué lanzado de lo suyo, y la Diputación pagó, y los seides de Moreda arrendaron los terrenos y cobran tranquilamente las rentas.

Antojósele que unas piedras se convertieran en árboles, y el milagro se hizo descaradamente, sin que la voz que acusó el delito lograra ser oída por los que se llaman hombres honrados.

Propónese ahora seguir redondeando sus propiedades, y es inútil acudir á la Comisión provincial: aquellos señores diputados podrán privada y particularmente decir de Moreda mil atrocidades, pero votan cuanto él manda y aprueban todas sus fechorías.

Trátase ahora de establecer una feria en Laracha, allí donde recientemente fracasaron iguales propósitos, como fracasaron en Soandres, Montemayor y otros puntos. Trátase de trasladar á Laracha, al lugar de Cachada, la feria que se viene celebrando en Payosaco, á dos kilómetros y medio de Laracha, en la propia carretera y en sitio apropiado para ella, y con comodidades especiales.

Lo desatinado de este proyecto se demuestra recordando que existe una feria quincenal en Payosaco y que las hay mensuales en Carballo, Verdillo, Rapadoiro, Cances, Leyloyo, Puenteceso, Allones y la Agualada, pudiendo concurrirse á todas por carretera, y saliendo casi á feria por día.

Pero en este asunto lo de menos es la feria; lo de más es expropiar terrenos por valor de 19.951 pesetas: ¡cuatro mil duritos! Y hay que arruinar á unos cuantos labradores, que no tienen otros medios de vida que los lugares que labran y non han cometido otro delito que ver codiciadas sus propiedades por el que dispone del poder y lo esgrime en su provecho sin pararse en consideraciones de ningún género.

De poco ha servido que los vecinos de Laracha reclamasen ante la Comisión provincial contra el proyecto inútil que los arruina: la Comisión encontró ajustada al Alcubilla la obra de Moreda, y le prestó su aprobación.

Y en las reclamaciones presentadas se probó que el proyecto de feria no tiene otro objeto que beneficiar á Moreda: expropiada la finca de Dª Genoveva Tenreiro, queda por la parte E. expedita otra finca de la familia de Moreda, unida á otra de nuestro D. Silverio, y que con la expropiación de terrenos de José Varela Martínez, queda también despejada por el S. También la huerta de Moreda. Por la parte S., queda en disposición de convertirse en solares con frente á la futura feria, por la expropiación de las fincas de los herederos de Rumbo.

Y podrá suceder que no llegue á haber feria en Laracha, porque el país no necesita ese nuevo mercado; pero Moreda habrá realizado sus propósitos quitándose de delante las fincas que le estorban y construyéndose un paseo por cuenta del municipio.

Y si el paseo no le apetece, diga lo que quiéra el Alcubilla, se pueden arrendar las fincas expropiadas como se hizo con las que expropió la Diputación, y siempre es de presumir que produzcan algo.

En el presupuesto municipal de Laracha para el ejercicio próximo ya se consignan 5.000 pesetas para las primeras expropiaciones. Es decir, que por esta vez paga el Ayuntamiento los caprichos del cacique, á pesar de que Moreda en el banquete que dió á los concejales de Laracha para convencerles de que debían destituir al secretario del Ayuntamiento, les ofreció que la feria la pagaría la Diputación.

Y aún es posible que la pague; porque para estos arreglos se pintan sólos Moreda y la Diputación.

No es ese el único proyecto beneficioso ó benéfico de Moreda sobre Laracha: también va a llevar una fuente, instalándola detrás de su huerta, en unos terrenos que no sabemos si también se expropiaron por cuenta de la Diputación. Lo que sí sabemos es que allí se hizo una rampa y se construyó una especie de plazuela para dar servicio á Moreda, por cuenta de la carretera de la Regidoira.

Tal vez esa fuente corra la misma suerte que otra que compró Moreda en Carballo por diez duros, allá por 1883 ó 1884.

En el presupuesto municipal vigente hay consignadas 3.000 pesetas para reparaciones del camino de Estramil.

Estramil es una semilaguna donde Moreda cerró una gran extensión de monte, comprando unos trozos, permutando otros con quien no era dueño y denunciando como de la Hacienda el lugar que cultivaba un tal Grela, y que después compró el gobernador para sí.

Y hai quien asegura que las 3.000 pesetas se van á gastar, no en el verdadero camino de Estramil, sinó en construir una rampita, afición tenaz de Moreda, para dar servicio al monte tan trabajosamente adquirido.

¿Quiere usted Sr. Director más noticias de Laracha?

Pues la viruela sigue haciendo estragos, especialmente en las parroquias de Vilaño, Soutullo y Golmar: en algún lugar bien pequeño hay 17 invadidos. En la parroquia de Lendo falleció el hijo del teniente alcalde Rodríguez Arijón y en Lemayo un obrero, cuyo cadáver, á las cuatro horas del fallecimiento, estaba en completa descomposición.

Pero nadie se cuida de esto: ni Ayuntamiento, ni junta local, ni nadie. Bien saben todos que estas cosas no le importan á Moreda, y Moreda es el único á quien hay que dar gusto.


X.

__________________

1 Vid. La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra, 21 de maio 1907, páx. 2.

2 Vid. El Anunciador : diario de La Coruña y de Galicia, 20 de xuño de de 1895, páx. 2.

3 Vid. El diario de Galicia : periódico católico e independiente, 16 de marzo de de 1897, páx. 2.

4 Vid. El diario de Galicia : periódico católico e independiente, 22 de maio de de 1896, páx. 2.

5 A Proba é un lugar da parroquia de Salcidos, no concello pontevedrés da Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario