O século XIX foi seguramente o da maior deforestación da historia de España. Á paulatina destrución da masa arbórea dos séculos anteriores, consecuencia da transhumancia, o carboneo, a construción naval1 ou o desenvolvemento de actividades como as ferrerías, os curtidoiros ou as relacionadas co sector pesqueiro, sumáronse outros factores determinantes como foron as desamortizacións, a guerra da independencia e as guerras carlistas, o incremento demográfico (a pesar da emigración) e a consolidación dos núcleos urbanos.
En Galicia ademais, ata ben entrado o século XX, o monte era un complemento indispensable da gandería e da agricultura. Para a obtención de fertilizantes era fundamental dedicar grandes superficies ao cultivo do toxo, que despois se rozaba e se transportaba no carro do país para estrume. Do monte arborado obtíñase o combustible para quentarse e a materia prima para a construción de vivendas, edificacións e apeiros.
Por riba, a todos estos factores relacionados coa destrución da vexetación forestal xuntouselles a enfermidade da “tinta do castaño”, especie clave na economía rural galega fortemente ameazada nesa época. De feito, case o levaron á extinción nalgunhas zonas da nosa xeografía, estimándose por exemplo que só na provincia de Lugo desapareceron cerca do 60% dos castiñeiros a causa da tinta. Ademais de ser a especie predominante dos montes arborados de Galicia, agasallaban elementos fundamentais para o desenvolvemento da sociedade galega, aportando un alimento básico como eran as castañas, ou madeira de gran calidade para a construción e a industria.
Ao fío do comentado no parágrafo anterior, en 1917 a asociación “Los Amigos de los Árboles” publican o manual divulgador sobre o castiñeiro, naquela hora aínda ameazado polo completo esgotamento da terrible enfermidade da tinta, expandida tamén por Italia, Francia, Austria e Alemaña, e que fora, inicialmente, o primeiro obxetivo da Granxa Agraria Experimental da Coruña creada en 1887. Trinta anos despois recoñecíase que non se avanzara moito na investigación: “un castaño tras otro cae bajo la acción de esta terrible plaga; en las faldas de las montañas, antes cubiertas de frondosa vestidura, van apareciendo calvas, muchas ya se encuentran completamente desnudas, y mientras tanto nuestro pobre labrador se ve agobiado con las necesidades cada vez crecientes al mismo tiempo que contempla sus medios de vida decrecer.” Desexaba a Sociedade de Amigos “que no esté lejos él día en que extensos viveros del Estado se encuentren rellenos de castaños del Japón, con los que se verifique una completa e intensa reconstitución”. Mentres, no folleto, daban instrucións para escoller os terreos máis apropiados, como facer os sementeiros, realizar a plantación e os enxertos, podas e recolleita. Ante a carencia de castañas, a pataca ía recibir un impulso na súa introdución definitiva2.
Se a todo iso engadimos factores como o uso do lume como práctica agrogandeira habitual para a obtención de pastos, comprenderemos que a dramática situación do noso monte era, naquela altura, verdadeiramente alarmante.
Outro dos elementos claves que axudou de groso modo á deforestación foi a notable exportación de piñeiros galegos para as minas británicas, operacións que se viñan realizando dende varias décadas atrás e que entre os anos 1900 e 1913 duplicáronse as toneladas enviadas desde os nosos portos, e veríase reforzada polo desencadeamento da Primeira Guerra Mundial, ao obrigar a moitos consumidores españois a adquirir madeira galega3. Precisamente, sobre este particular, parécenos de moito interese o seguinte artigo publicado na revista Vida Gallega no que se informa sobre a exportación da madeira galega a Gran Bretaña describindo, ademais, como era o panoroma forestal galego dos primeiros anos do século XX:
“EL PINO SE VA”
Produjo revuelo extraordinario en parte de nuestra región la noticia de que el Gobierno imponía una tributación sobre la exportación de pinos.
El arbolado constituye una de las grandes riquezas de nuestro país, y la exportación de pinos una de nuestras grandes industrias.
Ciertamente que apena ver cómo nuestros montes se van quedando pelados mientras todos los días parten de los puertos gallegos, especialmente del puerto de Villagarcía, buques cargados de puntales para las minas inglesas.
Es enorme la exportación, y si no se repueblan los montes, Galicia corre un serio peligro, porque no sólo perderá una riqueza, sino que sufrirá una modificación climatológica de incalculable trascendencia.
Es triste que el pino también emigre. Fué el compañero de nuestras correrías montareces. Es el alma de nuestra poesía lacrimosa. Entre sus copas vaga el espíritu de los viejos caudillos celtas. Entre sus troncos y bajo sus ramas deben deslizarse las escenas de nuestras fiestas campestres, llenas de color, de alegría y de acentos de humorismo.
Mientras el pino se va, algunos espíritus progresivos han iniciado en nuestra región las fiestas del árbol.
Tuy celebró una no ha mucho. Vigo tuvo también la suya este verano. Otras poblaciones entonaron igualmente himnos al árbol, que es la fuente de la alegría, del verdor y de la fecundidad para los campos.
Bien que emigre el pino y se convierta, al marchar, en oro para nuestro campesino dueño del bosque sembrado por los padres y cuidado por toda la familia. Pero hágase crecer nuevos árboles al lado de las raíces de los que huyeron y manténgase siempre verde y siempre lozano y vestido con sus galas de inquieto ramaje y arrullado por el canturreo amoroso de las copas mecidas por los aires norteños, el campo querido, el monte donde los pinos acompañaron con sus murmullos de selva las voces sagradas de nuestros progenitores4.”
Unha talla de piñeiros nos arredores de Vilagarcía de Arousa (Vida Gallega: Ilustración Regional, 30 de novembro de 1910)
No artigo anterior, publicado na revista Vida Gallega en novembro de 1910, comentábase que “mientras el pino se va, algunos espíritus progresivos han iniciado en nuestra región las fiestas del árbol”. Pois efectivamente, a Festa da Árbore como tal fora instaurada en España de forma oficial a través dun Real Decreto promulgado en 1904, no cal se dicía, no seu primeiro artigo, que ademais das fins educadoras, tamén se perseguía “(…) la siembra o plantación de los árboles en un trozo de monte público o en un lugar adecuado de sus cercanías, la formación de alamedas o plantaciones lineales a lo largo de los caminos y los cursos del agua (...)5.”
As autoridades, corporacións ou particulares que desexaran planificar a devandita Festa tiñan que organizarse en xuntas locais e, nas mesmas, participaban tamén enxeñeiros de montes dos distritos forestais, o alcalde, o médico e ata “(…) el cura párroco, el Maestro de escuela de mayor categoría y el primer contribuyente6”. Os responsables dos distritos forestais debían facilitar esa organización, aconsellando ás xuntas locais a situación máis axeitada e as especies a plantar máis apropiadas. Á súa vez, estas persoas tiñan que intentar garantir a dispoñibilidade de plantas suficientes coa posta en marcha de novos viveiros ou a potenciación dos xa existentes.
Para estimular a actividade das xuntas veciñais, aquela disposición consideraba que por cada 500 pés de especies arbóreas plantadas no marco desta festividade que saíran adiante, os precursores da Festa serían premiados e, deste xeito, se as plantas empregadas se obtiveran de balde, a gratificación sería de 50 pesetas para a xunta. Se as plantas ou sementes empregadas eran mercadas con recursos propios o premio ascendería ás 75 pesetas. Con este diñeiro debíanse cubrir os gastos orixinados na organización así como para premiar “(…) a los niños que más se hubieran distinguido por su amor al arbolado7”. Aquel capítulo de premios tamén contemplaba a posibilidade de distinguir tanto aos alcaldes, curas, mestres, asociacións de Amigos da Festa da Árbore e outros particulares que se distinguiran na organización desta Festa. Mais, con todo, ata a actualidade non se localizou ningunha desas listaxes, nin se puido comprobar cal era a porcentaxe das árbores plantadas que conseguían arraigar.
O transcurso do tempo encargaríase de demostrarlles aos gobernantes do momento cal foi a crúa realidade ao respecto. A acollida non fora, nin de lonxe, a agardada, pois serían poucos os municipios nos que se celebrou a Festa da Árbore trala promulgación do Real Decreto do 11 de marzo de 1904. Ademais, nos poucos lugares nos que se organizara, tampouco se conseguiran cubrir os propósitos como consecuencia, principalmente, da falta de recursos. Para intentar minguar na medida do posible aquela situación, chegaríase a promulgar, en decembro de 1912, unha real orde na cal se regulaba a concesión de subvencións para este fin.
Na Coruña a primeira Festa da Árbore celebrárese o ano anterior, o 12 de marzo de 1911, cando xa se viña celebrando en outros moitos municipios de España. A promotora desta festa fora a sociedade “La Liga de Amigos de La Coruña” (fundada en 1903), que preparara aquela primeira festa con esmero e cariño imprimindo, na Imprenta Ferrer, unha especie de postal coa cabeceira “Liga de Amigos de La Coruña. Primera fiesta del Árbol. 1911”. No reverso da devandita postal podíanse ler as seguintes instrucións para a rapazada:
El árbol os da madera para vuestros juguetes, fruta para vuestro alimento y sombra para vuestro descanso.
En los hombres encontrareis alguna vez ingratitud. En los árboles, nunca.
Los árboles purifican el aire y hacen sana vuestra vida.
El arbolado nos defiende de los daños de las inundaciones y evita o disminuye la formación del granizo y del rayo.
El árbol que plantó nuestro abuelo, nos hace pensar que nuestro padre lo cuidó para nosotros.
Con la madera se fabrica el papel. Y el papel llevando la idea, ha servido para la educación de los niños y la civilización de los hombres.
No destruyas los árboles porque son la casa de los pájaros y casi todos estos son útiles al hombre.
Si hoy de niños protegéis el arbolado, mañana de hombres os encontrareis a Galicia transformada en una nueva Suiza.
Las nubes con su lluvia y el sol con su calor, engendran la vida en la tierra. Y esta, agradecida, envía al Cielo por cada árbol, un beso.
Con la leña de los árboles, calientan sus cuerpecitos los niños pobres. Acordaos de ellos.
Del respeto al árbol debéis hacer un culto. Inícianlo hoy las autoridades plantando los primeros. Sed vosotros, fieles cumplidores de tan hermosa religión.8
Conta Xosé Alfeirán que ás doce do mediodía de aquel 12 de marzo de 1911 xa estaban formados na praza de Pontevedra uns dos mil alumnos e alumnas das escolas coruñesas. Tamén estaban presentes as autoridades militares e civís da cidade e un enorme xentío que asistira á convocatoria da primeira Festa da Árbore que se celebraba na Coruña. Organizada pola “Liga de Amigos”, era unha festa cívica, educadora e patriótica que pretendía inculcar nos máis novos o amor e respecto á árbore. Tras o discurso inaugural, e para dar exemplo, as autoridades -o capitán xeneral, o gobernador civil e o alcalde- plantaron simbólicamente, diante das escalinatas de acceso ao Instituto da Guarda, as tres primeiras árbores (eran tileiros), previamente colocadas polos obreiros municipais. Unha cuarta árbore foi plantada por unha parella de nenos. Seguidamente os escolares, ao son da música da banda do rexemento Isabel la Católica e da charanga do Hospicio, cantaron o Himno á bandeira. Tras o acto inaugural, os rapaces terminaron de plantar as demais árbores que estaba previsto colocar na contorna da praza de Pontevedra. Pola tarde, no medio da choiva, os cativos plantaron na finca da Granxa Agrícola unhas catrocentas árbores observados por unha gran multitude.9
![]() |
Reproducción de dúas imaxes da plantación realizada en 1911 na Praza de Pontevedra da Coruña (La Voz de Galicia) |
Como consecuencia de aquela primeira Festa da Árbore celebrada na Coruña, ía xurdir a sociedade “Amigos de los Árboles”, que redactou o seu regulamento en xunta xeral celebrada o 14 de maio de 1911, regulamento que oito días máis tarde era aprobado polo Goberno Civil. Entre os socios de “Amigos de los Árboles” figuraban o catedrático José M.ª Hernán Sáez, presidente da sociedade; o teniente coronel de Infantería Manuel Insua Santos, que ocupaba o cargo de vicepresidente; o comerciante Manuel Monteagudo, que era o secretario; o veterinario Juan Rof Codina, ‘Inspector de Higiene’; José M.ª Ozores de Prado, presidente da Deputación; o profesor mercantil Fernando Martínez Morás; ou o avogado Gerardo Abad Conde, que andando no tempo sería ministro de Marina entre xaneiro e abril de 1935. “Aquí podemos ver un grupo de hombres dispares en sus ideas, desde fervientes católicos como Rof Codina hasta liberales, conservadores o masones, unidos por un mismo sentir y dispuestos a conseguir un mismo objetivo: el amor, casi ‘culto religioso’, a la naturaleza”10. Entre todos eles hai que destacar ao incombustible Manuel Insua Santos, que estivo en diversas ocasións no concello da Laracha presenciando e estimulando a Festa da Árbore. Insua, que ten unha placa homenaxe no Parque de Santa Margarida da Coruña, tamén sería o fundador da agrupación “Los Amantes del Campo”, que realizou numerosas excursións por toda a xeografía galega durante os anos 20 e 30 do século pasado.
Con relación ao municipio da Laracha non nos consta a celebración da Festa da Árbore en fechas anteriores a declararse a súa obrigatoriedade. Damos como data de partida o mes de febreiro de 1914, que foi cando o xornal La Voz de Galicia se facía eco dunha plantación celebrada en Caión na que, precisamente, tamén colaborara a sociedade “Amigos de los Árboles”:
La Fiesta del Arbol
EN CAYÓN (LARACHA)
El celosísimo cura párroco de Cayón, ansioso de contribuir con un acto más á la cultura de sus feligreses, ha organizado en su parroquia la Fiesta del Arbol, que ha revestido gran solemnidad.
Los “Amigos de los Árboles”, de La Coruña, han contribuído enviando árboles y libros de cuentos, y el Ayuntamiento de Laracha asistió al acto representado por una nutrida comisión, y cooperó con veinticinco árboles y los cohetes para la fiesta.
La plantación se verificó en la plaza del pueblo y en el campo del Santuario de los Milagros, que estaban adornados con banderas y gallardetes.
El señor cura párroco explicó a los niños en un elocuente discurso el significado de la fiesta y las ventajas que los árboles han de reportar al pueblo, por lo que todos quedaban obligados a quererlos y velar por su conservación.
Los niños, dirigidos por el distinguido maestro nacional Sr. López, cantaron el “Himno del árbol” (Apéndice Documental n.º 1).
Inició la plantación, en nombre del Ayuntamiento, D. Remigio Astray, el juez municipal, como autoridad judicial, y los individuos del puesto de Carabineros, en representación del Ejército, y a continuación lo hicieron los niños, hasta dejar colocados los cien árboles en sus respectivas cuevas.
Los niños fueron obsequiados con abundantes meriendas costeadas por el entusiasta cura párroco D. Domingo Carballo, quien además sentó a su mesa a los representantes del Ayuntamiento y a los demás invitados.
Ante el entusiasmo que esta fiesta ha despertado, para el próximo año será ampliada, regalándose árboles frutales a los niños, en forma análoga a la empleada en Puentedeume, y que tanto ha gustado entre las personas amantes del progreso de la región.11
Infografía montada de Caión de Marcos E. Amado
(...CONTINUARÁ)
_______________________
APÉNDICE DOCUMENTAL
Documento n.º 1
“HIMNO AL ÁRBOL”
Ano 1896
Música: Ruperto Chapí
Letra: Carlos Fernández Shaw
Cantemos al árbol, que voy a plantar.
Si Dios lo protege del hombre y del viento,
¡salud y riqueza dará!
¡salud y riqueza dará!
Para el aire puro, campestres aromas;
para el caminante, regalada sombra;
templará los rayos de la luz del sol.
Por entre sus ramas colgarán las aves
sus nidos de amor.
Uno para el otro los dos creceremos;
él se irá elevando y yo iré creciendo.
Y si triste y sólo llego yo a morir,
dejaré en el mundo un árbol siquiera
plantado por mi.
Cantemos al árbol, que voy a plantar.
Si Dios lo protege del hombre y del viento,
¡salud y riqueza dará!
¡salud y riqueza dará!
Cantemos al árbol, con voces de paz y amor.
¡Defiéndalo el hombre!
¡Protéjalo Dios! ¡Protéjalo Dios!
_______________
1 Recordamos que unha Ordenanza de 1.748 determinou que todos os montes a menos de 25 leguas (máis de 120 quilómetros) da costa, dependían dos intendentes de marina para o seu destino á construción naval.
2 Vid. Juan Picos Martín (2017): “El contexto industrial de las repoblaciones productoras en la primera mitad del s. XX. El caso de Galicia”. La restauración forestal en España: 75 años de una ilusión, Jesús Pemán García, Iñaki Iriarte Goñi, Francisco José Lario Leza (editores). Edita Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, pp. 228-253.
3 Ibídem.
4 Vida Gallega: Ilustración Regional , 30 de novembro de 1910, páx. 12.
5 La Gaceta de Madrid , 11 de marzo de 1904
6 Ibídem.
7 Ibídem.
8 Manuel Blanco Rey (2004): El período de la Restauración como clave para un mejor entendimiento de la Segunda República en el Ayuntamiento de Arteixo, Autoedición, páx. 153.
9 Xosé Alfeirán (2014): El Día de la Fiesta del Árbol, La Voz de Galicia, 26 de xaneiro.
10 Manuel Blanco Rey (2004): El período de la Restauración como clave para un mejor entendimiento de la Segunda República en el Ayuntamiento de Arteixo, Autoedición, páx. 154
11 La Voz de Galicia , 28 de febreiro de 1914, páx. 2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario