TEMAS

xoves, 21 de agosto de 2025

UN DUELO A PISTOLA EN ERBOEDO EN 1912

   Dous homes pegados de costas nun descampado. Cada un deles leva unha pistola na man. Unha serie de voces preacordadas: algo así como “alto, media volta e disparen” e, a continuación, 20 pasos en liña recta antes de detonar cada un deles a súa respectiva arma ¿Sóavos de algo a secuencia? De seguro que a tedes visto nalgunha longametraxe ambientada na segunda metade do século XIX. Fálovos, como podedes imaxinar, dos duelos a pistola, esos lances da honra, como dicían na época, nos que os “cabaleiros” amosaban valentía e fidalguía poñendo en xogo as súas vidas para defenderse dun insulto, desaire ou calquera outro tipo de ofensa cara a súa persoa ou cara algún membro da súa familia.

Portada do libro de Jorge E. Oviedo "Los duelos en Mendoza"

     Claro que, desa estirpe, non eran todos os mortais xa que na maioría das ocasións os duelos eran patrimonio dunha elite: militares, funcionarios, políticos, abogados, médicos, etc., que cos seus severos códigos de conducta e certo carácter de gardiáns da tradición, mantiveron a práctica ata os primeiros anos do século XX.

   Así é que, pese a que sempre conviviu coa ilegalidade, o duelo era lexitimado desde as máis altas esferas do Exército, da Xustiza, do Goberno e ata contaba coa aprobación dos medios de comunicación, xa que moitos dos seus respectivos redactores practicábano en lugares selectos… uns medios de comunicación nos que se podían ver con bastante frecuencia seccións tituladas “Personal”, “Campo Neutral”, “Reparación” ou “Solicitada” que informaban sobre os duelos que naquela hora, principalmente a partir de 1860, se defendían con espada ou pistola por motivos de honra ou de amor.

      E como non podería ser doutro xeito, na Laracha tamén houbo algún que outro duelo, un deles protagonizado por dous mozos que cortexaban á mesma rapaza nas festas da Nosa Señora de Erboedo. Sobre este duelo informaba o xornal coruñés El Noroeste na súa edición do 24 de febreiro de 1912:


CRÓNICA JUDICIAL
Casi un duelo
Bueno, ustedes ya saben lo que es una romería. Pues figúrensela en Erboedo, parroquia del término municipal de Laracha, el día de Nuestra Señora, que, como ustedes saben, es el 15 de Agosto.
Dos mozos “ben prantados”, José M.ª Míguez Mallo y Ricardo Rey Riotorto, bailan con una misma muchacha. Primero uno, claro está, y luego el otro.
A las nueve de la noche se da por terminada la fiesta y empieza el desfile. José y Ricardo van juntos. En el camino hablan de la rapaza.
-Dígoche que está por min.
-Ti soñas.
-Quen soñas eres ti.
Y así, de una en otra, como decía ayer un testigo, llegaron al lugar de Fonticoba.
La discusión ya había degenerado entonces en disputa.
-Bueno, pois cales as lenguas e falen as armas- dijo uno.
Y colocándose los dos frente a frente salieron a relucir los revólvers.
El duelo no fue broma; cruzáronse varios disparos y los dos rivales resultaron heridos. José estuvo 53 días en cama y Ricardo no pasó de los 43.
Pero el primero, que tenía en contra suya la agravante de reincidencia, puso tierra por medio, y solo quedó en el país su adversario para responder del delito.
Tres años de prisión le pedía el fiscal -cuatro solicitaba para el rebelde- mas como el acusado cargó a este la culpa y el único testigo que compareció estuvo conforme con el, el Sr. Juega, que representaba al ministerio público, retiró la acusación.
Y el defensor, Sr. Casares, tan satisfecho. 
El Noroeste, 24 de febreiro de 1912, páx. 1.

  A partir dos anos dez do século pasado, as costumes en torno aos duelos empezarían a cambiar considerablemente. O paulatino abandono do ideal cabaleiresco, daría paso á idea de contenda innecesaria e absurda, mantida ata aquel entón máis pola costume que polo interese real de baterse en duelo. E así, naquela hora, donde aparecía unha persoa necesitada de "reparación", xurdía tamén o apego á vida coa necesidade de restablecer a honra, mais iso si, sen estar disposto a sufrir un dano irreparable pola ofensa, converténdose en moitos casos a práctica nunha pantomima donde a menor rabuñadura xa xustificaba o fin do duelo... duelos a pistola ou a espada que a partir dos anos vinte, hai agora un século, xa soamente terían protagonismo en algunha que outra longametraxe.


Debuxo dun duelo a pistola realizado en 1899

Ningún comentario:

Publicar un comentario